Domingo. 05.05.2024
El tiempo

Os cadetes do Volei Dumbría seguen competindo cos mellores da Liga Galega

Os cadetes do Volei Dumbría seguen competindo cos mellores da Liga Galega
Cadetes do Volei Dumbria

Non foi esta pasada unha xornada completa para o volei dumbriés, con apenas 3 partidos en liza. Pero os nosos preparan xa a última xornada do ano, que chegará con 8 choques, e un gran derbi.

Dos tres partidos da pasada fin de semana, cómpre salientar a vitoria dos cadetes do Voleibol Dumbría ante Santa Mª del Mar por 3-0 (25-17/25-22/25-11) nun partido onde a superioridade local non quedou reflexada no campo ata os puntos finais. Con esta vitoria os cadetes seguen disputando os postos de cabeza da Liga Galega onde catro equipos estan en dos puntos.

Pola súa parte, temos que lamentar as derrotas das féminas. As cadetes do Voleibol Dumbría caían ante Ies Ames por 0-3 (20-25/12-25/21-25) nun partido que as locais non puderon en ningun momento entrar no partido para disputar o encontro. O equipo esta notando a ausencia da sua colocadora e non atopa como suplirla con garantias.
Ademais, outra derrota, pese á melloría do equipo infantil femenino do Manuela Rial ante o Emeve por 0-3 (17-25/17-25/20-25) nun partido disputado. O equipo amosou unha clara melloría con respecto a xornadas anteriores pero non foi suficiente para acadar a vitoria.

Próxima xornada

Esta fin de semana remata a 1º volta con oito encontros, destancando o primeiro derbi na 2ª Sénior entre o equipo dumbriés e o Volei Xiria, o domingo a tarde:

  • Sábado en Ourense:
    - 15.30h - Infantil femenino: Voleibol Ourense - Manuela Rial.
    - 16:30h - Senior 2ª: Burgas - Voleibol Dumbría.
    - 16:30h - Cadete masculino: Burgas - Voleibol Dumbría.
    - 17:00h - Cadete femenino: Voleibol Ourense - Voleibol Dumbría.
    - 18:00h - Xuvenil masculino: Burgas - Voleibol Dumbría.
    - 18:00h - Infantil masculino: Burgas - Manuela Rial.
  • Domingo en Boiro: 11:00h - Cadete femenino: Boiro - Voleibol Dumbría.
  • Domingo en Dumbría: 17:30h - Senior 2ª: Voleibol Dumbría- Xiria.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios