Os técnicos Volei Dumbría tamén supervisan as accións da base galega


Que o club municipal dumbriés xa é unha referencia no volei galego non é ningunha novidade. E non só polos resultados deportivos da familia do Volei Dumbría, se non pola súa presencia en eventos como os que está realizando a Federación Galega de Voleibol.
O pasado mes de outubro a Federación organizou unhas Xornadas de Supervisión e Control da categoría cadete, e tralo éxito acadado, repetirá esta ponte para o apartado infantil. Aproveitando a festividade, os adestramentos terán lugar o vindeiro luns 2 de novembro en Noia (feminino) e Boiro (masculino). Xa hai inscritos máis de oitenta rapaces e rapazas na actividade.
Aí estiveron varios nenos costeiros traballando a parte de tecnificación das bases do volei galego. Así o explica Eloy Mahía, seleccionador cadete masculino: "Démoslle un formato basicamente didáctico sobre os fundamentos básicos, e en cada un deles ampliamos un tratamento no que prevalecen os recursos sobre o genérico, en definitiva, a realidade do xogo a partir destas categorías".
A calidade de ser aberto é unha das novidades deste Proxecto de Tecnificación e tamén os adestradores puidéronse anotar. Así, á primeira xornada masculina en Boiro asistiron dous adestradores invitados á concentración masculina, Gurutz Larrañaga do Voley Dumbría, que acompañou xunto Anxo Losada do Calasancias, aos adestradores do corpo técnico galego, Eloy Mahía, Adrián Alves e Manuel Rodríguez.
Novas relacionadas
- Os sénior do Volei Dumbría estrean o taboleiro de vitorias.
- As cadetes do Volei Dumbría sucumben no tie-break ante o Zalaeta.
- Só os infantís arrincan a tempada con vitoria da familia do Volei Dumbría.
- 6 equipos do Volei Dumbría volven a competición.
Fonte
- Volei Dumbría.