Mércores. 09.10.2024
El tiempo

Os Vikingos e as Bicis tomaron os montes de Carnota por Semana Santa

Os Vikingos e as Bicis tomaron os montes de Carnota por Semana Santa
Unha Vikinga na Carreira de Carnota-Foto-Os gaiteiros non paran

Fermosa foi a Semana Santa de Carnota. O deporte foi un dos protagonistas coas simpáticas e duras III Carreira Vikinga e IV Ruta BTT, dúas probas artelladas pola asociación Praia de Carnota e o Concello. Arredor de 300 amantes do deporte, puxeron o mono e aproveitaron o sol para disfrutar da natureza e probar o seu corpo con dúas probas que van asentándose como referente da Semana Santa costeira, da man da Mostra de Promoción Local Víndemo Ver.

Foron máis dun cento de atletas os que o domingo 5 de abril saíron a percorrer os longos e duros 18km percorrendo os escarpados montes carnotáns. E curiosamente o madrileño Daniel Morera repetiu o triunfo do ano pasado na Vikinga, despois de hora e media de dura carreira. E Moreira un deses visitantes que repiten cada Semana Santa na nosa bisbarra e aproveitan para gozar do noso verde e facer deporte. Algunha que outra, seguíu a broma e vestiuse de vikinga!

Foi unha proba dura, con verdadeiras probas de lume, zonas de case escalada, que permitiron ter tamén aos participantes vistas privilexiadas do litoral e do monte carnotán. Moreira cruzou a meta por diante de Amador Pena, mentres que en categoría feminina a campiona foi Belén Rodríguez. Nota especial para o primeiro carnotán en cruzar a meta, que non foi outro que Josecho González.

Carreira Vikinga de Carnota 2015-Foto-Os Gaiteiros non paran

Polo camiño, os Gaiteiros de San Mamede ían recibindo aos participantes da III Carreira Vikinga de Carnota no alto do monte facendo un pouco máis levadeiro o camiño destes polos “cortalumes:”

A BTT

Un dumbries na BTT de Carnota 2015

Unhas 200 bicis partiron o xoves do Concello carnotán para percorrer os 37 km de estrada e monte, un duro percorrido a proba das pernas máis esixentes. Houbo gran expectación por saber quen era o gañador, e finalmente foi Fernando Guerra, de Bertamiráns, o que superou ao muradán Triki, un dos nosos clásicos. O primeiro carnotán en chegar foi Abel Tajs.

Fernando Guerra Participantes na BTT de Carnota A organizacion da BTT de Carnota

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios