xoves. 01.05.2025
El tiempo

Osmo, capital mundial do Fútbol Praia

Osmo, capital mundial do Fútbol Praia
Presentación do Torneo Praia do Osmo-Foto-David Castro O próximo venres 18 de maio a partir das 18.00h., e o vindeiro sábado 19 a partir das 16.30h., o areal do Osmo (Corme) convertirase na capital do fútbol praia mundial. Varias das estrellas actuais e das máis grandes lendas deste deporte uniranse na praia pontecesá para facer gozar a toda a Costa da Morte dun evento único. Así o explicaron os promotores, Amarelle Sport Group, a Asociación Deportiva Vidú e o Concello de Ponteceso, durante a presentación do I Torneo Praia do Osmo, celebrada nos Apartamentos Turísticos Praia de Osmo. Bruno Xavier (Brasil), Ozu Moreira (Xapón), Noel Ott (Suíza), Llorenç Gómez (España), Madjer (Portugal) ou Belchior (Portugal), son algúns dos cracks que farán as delicias dos espectadores na praia cormelana. Xunto a eles, dous mellores xogadores da historia como son o pontecesán Ramiro Amarelle e o brasileiro Benjamín Pereira que competirán ante un combinado da AD Vidú, coa presencia dalgunhas as mellores xogadoras galegas de fútbol praia, algunhas delas internacionais con España, tamén xogarán no areal cormelán na tarde do venres. E por senón fose suficiente, o fútbol base tamén será protagonista no Osmo xa que se disputarán un partido de infantís e outro de cadetes.

Facendo historia

  O primeiro en tomar a palabra foi Martín Varela quen se mostrou moi fachendoso por poder formar parte da organización dun evento de este nivel e para cando máis, por facelo na súa casa en Corme. Ramiro Amarelle mostrouse encantado de poder voltar a súa casa e de que os seus veciños poidan gozar das mellores estrelas do fútbol praia en Corme. O Concelleiro pontecesán Marco Varela mostrouse moi contento por poder formar parte dun evento como este e tamén quixo agradecerlle a Amarelle Sport Group como a Asociación Deportiva Vidú que pensasen no Concello de Ponteceso, en Corme e na Praia do Osmo para albergar este acontecemento no que estarán os mellores xogadores do fútbol praia mundial. Para rematar, Mamon Amer comentou que o seu clube decidiu contar con Ramiro Amarelle porque era o mellor xogador da historia e que por iso, o vían como a persoa idónea para facer crecer o seu equipo nun proxecto que propuxeron a un prazo de tres anos vista e que o Falfala tratará de dar o mellor de si para facer un bo papel no EuroWinners que se disputará en Nazaré (Portugal) dentro de dúas semanas. https://quepasanacosta.gal/ramiro-amarelle-e-benjamin-as-grandes-lendas-do-futbol-praia-que-pisaran-a-area-do-osmo/

Novas relacionadas

Fonte

  • David Castro da Vidú.

Comentarios