mércores. 30.04.2025
El tiempo

1ª Autonómica: Pau sideral

1ª Autonómica: Pau sideral
A victoria do Sofán na casa, e o empate do Outes cun 'gallito' da liga, foron as únicas alegrías dunha xornada de Primera tan xarro de auga fría como os que parecían tirar desde o ceo en moitos campos O campo das Eiroas sufriu moito - Foto: SD Sofán O campo das Eiroas sufriu moito - Foto: SD Sofán A Clínica de Fisioterapia Vértebra e a Podóloga Alicia Novás, de Baio, patrocinan a 1ª Autonómica. Pincha e coñéceas en www.vertebrabaio.com A Clínica de Fisioterapia Vértebra e a Podóloga Alicia Novás, de Baio, patrocinan a 1ª Autonómica. Pincha e coñéceas en www.vertebrabaio.com Soneira 1-4 Val do Ulla
  • Campo: Municipal Soneira: Bonano, Brais Mouzo, Alberto (Mayor m.69), Darío (Maikel m.46), Aarón, Sandelo, De la Sierra (Cristian m.46), Richi, Basti, Vía e Javi Val do Ulla: Álvaro, Carlos, Martín, Picón (Óscar m.79), Alberto, Jordán, Luis, Neira (Gonzalo m.37), Óscar, Cristian e Bragaña Árbitro: Souto Mínguez (A Coruña). Goles: 1-0 m.14 Richi; 1-1 m.37 Gonzalo; 1-2 m.41 Cristian; 1-3 m.65 Jordán; 1-4 m.73 Gonzalo
Un líder irrecoñecible Mal día para o líder fronte ao Val do Ulla - Foto: Pichón Mal día para o líder fronte ao Val do Ulla - Foto: Pichón Non foi o Soneira, senón un equipo que vestía parecido, o que onte se enfrontou ao Val do Ulla no Municipal de Vimianzo. Os brancos, que incluso ata se adiantaron no marcador cun testarazo de Richi a centro de Basti, derrumbáronse cara o final do primeiro acto. Un rexeite ante Bonano e un balón ás costas da defensa voltearon o marcador. O guión lle reclamaba iniciativa ao Soneira, que si a tivo, pero sen chicha. En dúas contras os visitantes matarían a cita. O estado do Municipal non axudou ao Soneira - Foto: Pichón O estado do Municipal non axudou ao Soneira - Foto: Pichón   Carcacía 4-0 Malpica
  • Campo: Mirarríos
  • Carcacía: Poli; Grela, Marcos, Kiko, Pablo Tourís, Barreiro, (Pablo Lorenzo, m.49), Isma, (Alberto, m.78), Toño, (Rafa, m.70), Teiga, Juan, Carlos, (Chino, m.56)
  • Malpica: Víctor; Kike, Roi Carril, Moscoso, Casais, Eme, Vitalie, (Carlos Mallo m.46), Sergio, Martín Mara, Jaco e  Petís
  • Árbitro: Castro Liñares (Santiago).
  • Goles: 1-0 m.24 Teiga; 2-0 m.62 Teiga; 3-0 m.87 Chino; 4-0 m.90 Chino
Repaso do colista Aínda que se xogou nunha charca en forma de campo de fútbol de terra e as condicións eran moi radicais, o Malpica non apareceu sobre Mirarríos. No primeiro tempo valeu o gol de Teiga para desequilibrar, tras unha saída dubitativa de Víctor. A debacle chegou despois. Tres achegamentos perigosas foi a bagaxe ofensiva dos azuis, nos que debutou Jaco.   Outes 1-1 Unión de Asados
  • Campo: O Conchido
  • Outes: Rama (Esmorís m.41), Borja, Pose, Maroñas, Dani Corniños (Jorge m.63), David, Samu, Martín, Eli, Mario e Yago Dosil
  • Unión: Sergio, Pablo, Dani Conde, Víctor, Pouso (Álex m.79), Walter (Mauro m.61), Óscar, Santi, Sergio Nieto, Miguel Ángel e Manoliño (Óscar m.82)
  • Árbitro: Fernández Lodeiro (A Coruña). Expulsou a Dani Conde do Unión de Asados. Amonestou a Yago Dosil do Outes; Sergio, Manoliño, Javi, Pablo e Víctor do Unión de Asados
  • Goles: 0-1 m.35 Pouso; 1-1 m.86 Eli
Puntazo e sustaco Premiou o fútbol a insistencia dun Unión de Asados que amosou as cualidades que lle convirten en candidato a todo nesta Primeira. Non foi sen susto incluido, posto que tras un golpe co poste o meta local Rama tivo que ser substituido, aínda que sen consecuencias graves. Sairon moi enchufados os visitantes, que se estrelarían na madeira antes de anotar. Pouso si acertou contra a media hora, mandando o balón a escadra dun Rama que rozou o balón. Medrou o Outes no segundo tempo ata embotellar ao seu rival. Elías avisou primeiro e matou despois, tras un córner ao segundo pau. Veleiro aínda tería a victoria nas súas botas.   Corme 3-3 Sigüeiro O capitán Alejandro non perdeu detalle desde fóra - Foto: Corme CF O capitán Alejandro non perdeu detalle desde fóra - Foto: Eduardo Cambón - Corme CF
  • Campo: O Cairo
  • Corme: Susiño, Brais (Sergio m.58), Dani, Miguel Torrado, Adolfo, Eloy (Joshua m.80), Diego (Juan Chans m.56), Adrián Doldán, Toniño, Lucas e Brais Corral
  • Sigüeiro: Javi, Borja, Isma, Nando, Marcos Iglesias, Juanito, Suso (Sule m.70), Óscar (Iván Forján m.46), Diego Arnejo, Sergio e Borja (Álvaro m.60)
  • Árbitro: Reborido Rodríguez (A Coruña). Amonestou a Borja e Isma do Sigüeiro
  • Goles: 1-0 m.14 Toniño; 1-1 m.33 Diego Arnejo; 1-2 m.52 Iván Forján; 1-3 m.62 Isma; 2-3 m.81 Toniño; 3-3 m.86 Sergio
Sabe moi rico Salvou un puntazo o Corme contra un Sigüeiro con potencial para loitar por todo, e que se puxera 1-3 a falta de menos de media hora. A pegada santiaguesa fóra letal para castigar aos costeiros, que en xogo non estaban a ser inferiores. Dous dos tres goleadores visitantes, Diego Arnejo e Iván Forján, pasaron recentemente polo Xallas. O vento e o auga convertiron en épica a remontada local.   Piloño 2-0 Baio
  • Campo: O Camballón
  • Piloño: Javi, Manuel, Santi, Marcos (Dani Soto m.32), Otero, Juan, Jairo, Matías, Víctor, Imanol e Pablo (David m.78)
  • Baio: Pablo, Fachal, Yago, Porto, Luis Alvite, Mario, Martín (Rubio m.81), Moreno (Norberto m.64), Saleta, Luis e Martín MC
  • Árbitro: Val Castro (Santiago).
  • Goles: 1-0 m.89 Jairo; 2-0 m.94 Jairo
Sobraron catro minutos Fútbol directo e un campo impracticable foron a ecuación letal para un Baio que tivo opcións para gañar e que acabaría retornando de vacío. Os costeiros levaron o peso en moitas fases do choque, aínda que lles faltou profundidade.   Sofán 2-1 Flavia A seguridade defensiva foi chave novamente - Foto: SD Sofán A seguridade defensiva foi chave novamente - Foto: SD Sofán
  • Campo: As Eiroas (Carballo)
  • Sofán: David, Álex Varela, Adrian, Félix Rubén, Martín, Felipe, Iván Rey (Seo m.66), Luis (Ceide m.88), Raul (Insua m.83) e Javi Doldán (Alex Pri m.70)
  • Flavia: Chile, Rego (Lula m.82), Jacobo, Chechu, Arufe (Kevin m.76), Triñanes, Jacinto (García m.46), Franqueiro, Chispa, Alex Perez e Esparís
  • Árbitro: Acuña Piñeiro (A Coruña). Amonestou a Adrián e Martín do Sofán; Jacobo, Jacinto, Rego e Kevin do Flavia
  • Goles: 1-0 m.18 Raúl, de penalti; 1-1 m.83 Chispa; 2-1 m.88 Insua
Éxito no éxilio Chegou a noite, e o Sofán seguía pelexando - Foto: SD Sofán Chegou a noite, e o Sofán seguía pelexando - Foto: SD Sofán Un triunfo de mérito e supervivencia acadou o Sofán a costa dun rival directo coma o Flavia. Sen poder xogar na súa casa, e case en horario pixama na veciña Carballo, os de Josito se sobrepuxeron e confirmaron con goles a súa superioridade no xogo. Javi Doldán encarrilou o camiño nada máis comezar, tras forzar un penalti claro que Raúl se encargaría de transformar no 1-0. Co céspede sintético coma un húmedo rival máis, o Sofán controlou e mantivo inoperante ao seu rival, ata que a falta de sete minutos encaixou un golpe baixo en forma de igualada e gol olímpico de Chispa. A piques estivo de repetir o compostelán, pero a inxustiza non acabou de facer o seu traballo. Co empate planeando xa, un balón longo para Insua deixou ao atacante cara a cara co meta rival, e non desaproveitou a opción para marcar un tanto que lle daba a alegría á numerosa parroquia local congregada nas Eiroas. Aquí o resumo do partido:
 

Máis información

Fonte

  • Guillermo Parga (guillermoparga@quepasanacosta.com).

Comentarios