Sábado. 14.09.2024
El tiempo

Pichichis: Un capitán tras un pistoleiro

Pichichis: Un capitán tras un pistoleiro
David Blanco e Adrian Makaay David Blanco e Adrian Makaay representan a fermosa loita de Zas e Fisterra polo título de Liga e polo Pichichi

Novo repaso aos pichichis costeiros, como sempre da man de Luís Porto, que se fía das nosas crónicas máis que das actas. Son os datos sobre os que entregaremos, ademais, os Premios aos Pichichis na Gala do Fútbol da Costa deste ano, da que en breve teredes novidades.

Tempada de marcas na Liga da Costa

A loita máis fermosa, e que está ademais batindo marcas, dispútase na Liga da Costa. A día de hoxe, o pistoleiro David Blanco (36 goles), e con 5 xornadas por diante, xa supera os datos do último pichichi, o mítico Piti, mentres por detrás chega o capitán do barco verde, un Adrián Makaay (33) en eterno estado de gracia. Sen esquecer a Álex Flores (32), os dous goleadores representan á perfección a fermosa loita que están protagonizando Zas e Fisterra na loita polo título. Empatados a puntos, como dicimos a falta de 5 xornadas, e co San Lorenzo a 1 só punto, e cun San Lorenzo-Zas aínda pendente, calendario parece máis favorable para o equipo fisterrán, pero queda moito por xogar, e moitos goles por chegar. Lonxe quedan os 61 goles do ceense Isidro na 91-92, pero seguro que a marca deste ano é bastante salientable.

Pichichis das Ligas da Costa a 7-04-16 -Fonte-Luis Porto Pichichis das Ligas da Costa a 7-04-16 -Fonte-Luis Porto  

Basti non cede

basti soneira sd Basti segue líder dos pichichis da categoría

Como o seu Soneira, Basti non para de marcar, e se mantén de feito como máximo goleador, non só da Costa, se non tamén da categoría, con Aitor, do Agolada, pegado a 1 só gol.

Pero ollo, que o eterno Raúl (Sofán) cada vez se achega mais e os dous tantos desta semana o deixan a só 6 do pichichi vimiancés. Lucas completa o trío de cabeza dos pichichis costeiros na 1ª.

Raúl nun partido da SD-Foto-David Pena O Villestro foi un ciclón ao seu paso polo Carral-Foto-David Pena  

Pladur xa é o pichichi costeiro na Preferente

Apenas 11 partidos leva o esteirán Rober Pladur co Xallas, e xa suma 6 tantos, convertíndose no máximo goleador costeiro da Preferente, empatado con Doro, iso si. O primeiro dumbriés que aparece é Raúl Lestón, con 4 tantos, os mesmos que o xalleiro Kevin.

 

Geiko manda e marcha

Toja e Geiko (que non estará) no choque da segunda volta en Agra da Filgueira Geiko non poderá aumentar a súa conta goleadora co Montelouro

Parece que Geiko será o máximo goleador da 3ª Autonómica. Suma 20 goles en 21 partidos xogados (desta volta segundo os datos da Federación). O loureán marcou 20 goles pero leva varios partidos de baixa porque marchou de Erasmus.

Por detrás, pero lonxe, temos ao camellán Felisiano que suma 14 goles en 21 partidos. 12 teñen os corcubioneses Tito e Iago Lema, mentres 11, e coa media goleadora máis grande (1 gol por partido) está o laxense Samu.

Aló por xaneiro tamén estaban aí arriba Enmanuel (Nantón) e Manu Reigía (Laxe) e Esteban (Castrelo) pero as lesións impediron ampliar a súa conta.

Novas relacionadas

Pichichis do ano pasado

Máis información

Fonte

Comentarios