xoves. 01.05.2025
El tiempo

Preferente: 1-X-2 ... e tranquilidade

Preferente: 1-X-2 ... e tranquilidade
Houbo de todo nunha xornada que mantén aos equipos da Costa fóra dos postos de perigo; o Xallas pagou coa derrota a súa imaxe alonxada das actuacións recentes O Sofán superou a un bo Viveiro - Foto: SD Sofán O Sofán superou a un bo Viveiro - Foto: SD Sofán Chantada 0-0 Soneira Campo: Sangoñedo Chantada: David; Álex Ratón, Pablo, Albertito, Adrián; Manu, Sergio (Brais m.75), César, Noé (Álex m.80); Kadete e Carnero Soneira: Anxo, Jota, Aarón, Mayor, Javi (Basti m.62), Alberto Vía, Oscarín, Rubén Forján (Darío m.54), Pichi (Óscar de Maema m.78), Mario (De la Sierra m.90) e Brais Mouzo Árbitro: Miguens Santiago (Santiago). Amonestou a Albertito e Manu do Chantada Pichi foi o CR do Soneira para os seareiros chantadinos - Foto: Adrián Lema Pichi foi o CR do Soneira para os seareiros chantadinos - Foto: Adrián Lema Un Anxo e dez guerreiros A gran actuación de David e Anxo, porteiros de Chantada e Soneira, impediu que o público de Sangoñedo vira goles no que foi un partido atractivo entre dous rivais directos. Os vimianceses variaron notablemente o seu once respecto a partidos anteriores, e incluso por momentos os dous conxuntos chegaron a formar con tres centrales. Resultou notable o papel de Rubén Forján como arma ofensiva costeira. Unha dobre ocasión de Kadete por parte local deu paso ó lucimento de David, no que foi un intenso intercambio de golpes na reanudación. Ao final, e cos lucenses volcados, a boa disposición defensiva e o papel de Anxo resultaron chave. Entre Pichi, Basti e Vía, non obstante, fabricaron material para ter sacado seguramente algo máis. Betanzos 3-1 Xallas Non se adaptou ben o Xallas ao García Hermanos - Foto: Xallas FC Non se adaptou ben o Xallas ao García Hermanos - Foto: Xallas FC Campo: García Hermanos Betanzos: Ángel, Dorrego, Damián, Luis, Taín (Miguel Iglesias m.80), Cristian, Andrés (Alberto Fraga m.68), Zapata, Pablo Blanco, Mon (Álvaro m.76) e Nico (Manu Santiso m.74) Xallas: Julián, Brian (Rachón m.56), Rubio, Doro, Kevin (Anxo m.68), Fernando Varela (Brais m.80), Luisito, Canedo, Marcos (Camilo m.67), Róber Pladur e Martín Barreiro Árbitro: Cinza Seoane (A Coruña). Amonestou a Cristian do Betanzos; Brian do Xallas Goles: 1-0 m.5 Nico; 2-0 m.53 Pablo Blanco; 2-1 m.75 Doro; 3-1 m.79 Manu Santiso Cando non é o día… Apenas houbo novas positivas na visita do Xallas a Betanzos, onde os combeses estiveron lonxe da imaxe que ofreceran nas últimas xornadas. Houbo básicamente un nudismo táctico que volveu a cita nun 'correcalles' de tolos, e do que sacaron proveito os brigantinos. Aviso inicial por parte de Pablo contra o longueiro e posterior gol de Nico, tras mal despexe de Luisito. Tardaron en entrar os verdes, e o fixeron contra o final do acto inicial, primeiro cun balón franco para Marquiños e pouco despois nun remate de Kevin que atopou a gran resposta de Ángel. Apenas variaría o panorama en toda a tarde, e nada máis voltar de vestiarios Julián errou cos puños e deixou un balón franco para Pablo Blanco. Con terra de por medio só unha aparición de Doro pareceu darlles aos xalleiros algo de aire, pero foron só sete minutos, ata que Manu Santiso pechaba a tarde nunha boa contra. Sofán 3-2 Viveiro Sofan-Viveiro 11 da SD-Foto-Sd Campo: O Carral Sofán: Fedeyo, Iván Rey, David Mespollet, (Adrián m.88) Rubén, Félix, Álex Figueiras, Brais, Iván Rojo, Luis (Sera m.70), Quintela (Insua m.89) e Raúl (Eibe m.78) Viveiro: Kiko, Alberto, Jorge Nano, Rouco, Dani Fernández, Diego Chis, Fidi (Arturo m.67), Popo, Luis Coedo (Damián m.54), Álex Meitin (Nes m.80) e Xenxo Árbitro: Enríquez Pereiro (Pontevedra). Expulsou a Diego Chis, do Viveiro (m.58). Amonestou a Rubén, Iván Rey, Fedeyo, Eibe e Iván Rojo do Sofán; Kiko, Arturo e Popo do Viveiro Goles: 1-0 m.14 Raúl, de penalti; 1-1 m.26 Dani Fernández, de penalti;; 1-2 m.27 Xenxo; 2-2 m.30 Quintela; 3-2 m.63 Raúl Sofan Viveiro Raul Raúl, de novo clave no Sofán-Foto-SD Xustiza tralo desorde Acadou unha traballada vitoria o Sofán ante un histórico como o Viveiro, que a piques estivo de dar o susto no Carral. A pesares do bo comezo dos carballeses, que se adiantaron de penalti a través de Raúl, unha serie de circunstancias anómalas tolearon o panorama. Dani Fernández igualou nun protestado penalti e Xenxo, segundos despois, converteu o segundo de bela factura. Freou a hemorraxia Quintela, antes do intermedio, para dar paso a certa normalidade de volta. Un cabezazo de Raúl, mediada a reanudación, significou o terceiro e definitivo para un moi fiable Sofán.
 

Comentarios