Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Preferente: A comarca do Xallas toma o protagonismo

Preferente: A comarca do Xallas toma o protagonismo
O derbi xalleiro entre Santa Comba e Xallas copou a atención da 5ª xornada na Preferente Norte. Os dous equipos comezaron a campaña dun xeito moi positivo, e a xornada deixou ao Santa Comba xa como claro favorito a retornar á 3ª, e confirma ao Xallas como un gran equipo a bater. Polo demais, a boa nota chega dende Vimianzo, onde o Soneira acadou a súa primeira vitoria da tempada ante o Bertamiráns. O Dumbría segue sumando, pouco a pouco, e trouxo un punto tras controlar boa parte do partido en Viveiro.

Santa Comba - Xallas (2-0)

  • Santa Comba: Diego, Chinda, Amoedo, Damián (Iván Facal, min.30), Gonzalo, Jota (Oscar, min.84), Doro, Toni, Pablo Baña (Noli, min.57), Julián e Colón (David Blanco, min.50).
  • Xallas: Cheli, Ismael, Iván Forján (Ricardo, min.81), Becerra, Rubio, Martín Barreiro, Rubén, Brais (Álvaro Cancela, min.60), Alexandre (Adrián Prol, min.69), Luís e Iván Amor (Aitor, min.75).
  • Goles: 1-0, min.75: Julián; 2-0, min.80: Toni.
Ambientazo, con bo "rollo" ademais entre os afeccionados laranxas e verdes que encheron as gradas de Fontenla. E os xogadores non defraudaron e fixeron un partido disputado, moi bonito, igualado e entregado, no que se cadra un empate tería sido o resultado máis xusto. O Xallas, lonxe de verse mermado ante o potente Santa Comba, comezou dominando o balón. Os de Iván Cancela protestaron un penalti nos primeiros minutos por posible agarrón a Iván Amor, pero o colexiado non o viu así. Foi Alexandre un pesadelo pola banda para a defensa local e mesmo Gelucho tivo que facer cambios antes do descanso. Na segunda o choque estivo máis igualado. Seguiron de comezo os verdes dominando, pero o Santa Comba foi, pouco a pouco, collendo o mando do choque. E acabaron dominando por completo logo de fallar un penalti e marcar o primeiro tanto de Julián. Protestaron os xalleiros que o gol de Toni chegou con Iván Forján tendido no chan.

Viveiro - Dumbría (1-1)

  • Dumbría: Juan Purrúa, Iván Pequeño (Toni, min.60), Tantán (Isma, min.80), Aarón II, Suso, Iago, Schuster (Riki, min.65), Aarón, Jesús (Eloy, min.46), Luisito e Adrián Mackaay (Chula, min.65).
  • Goles: 1-0, min.50: Aurelio; 1-1, min.53: en propia meta.
Foi mellor o Dumbría no cómputo xeral do choque en Viveiro, malia que o empate pode ser o resultado máis xusto e mesmo por Viveiro consideran que os 3 puntos deberían ter quedado en casa. Os de Canosa estiveron perfectamente ordenado e só permitiron unha chegada a meta de Juan Purrúa. A dianteira dumbriesa puido abrir o marcador pero nin Adrián nin Luisito estiveron finos. Mellorou aínda máis o Dumbría tralo descanso, pero comezaba encaixando. De contado empataban os de Canosa tras un centro de Schuster que un defensa local metía en propia porta. E a partir de aí os costeiros dominaron o choque sen poder marcar e poñerse por diante.

Soneira - Bertamiráns (2-0)

  • Soneira: Jose Angel, Mayor (Manuel, min.77), Pablo, Vecino, Modesto, Santi, Víctor García, Míchel, Fran de Urroa (Chans, min.87), Jorge Vigo (Brais, min.70) e Vía (Iago, min.85).
  • Goles: 1-0, min.9: Vía; 2-0, min.37: Santi.
Estreou a tempada de vitorias o Soneira que dominou a primeira metade e pasouno mal na segunda, na que co vento en contra pasou un comezo de segunda metade moi apurado. Aínda non ían dez minutos cando o xoven dianteiro vimiancés adiantaba ao seu equipo e se reencontraba co gol dúas semanas despois, semella que a promesa soneirana xa comeza a desprenderse da sombra deixada por Vituco e asume os galóns deixados polo de Caión, suma xa 4 goles dos cinco que leva o seu equipo. A pesares de que o equipo de Manolito tiña maior posesión do balón non creou moitas ocasións de gol, mentres que o visitantes intentaba coller nalgunha contra ao seu rival e puideron empatar aos 25 minutos, cando o dianteiro de Bertamiráns se desfai de Jose Angel e cando xa celebraba o gol apareceu Vecino para sacar o balón baixo paus. A rentes do descanso houbo un pequeno arreón local que lle permitiu marcar o segundo gol, Míchel lanza dende a frontal, o meta non acerta a blocar e o balón morto quédalle a Santi que tras regatear o porteiro marca moi escorado. Aínda tería unha dobre ocasión máis cun remate de Vía e tralo córner un disparo de Míchel dende a frontal que sacou un defensa coa cabeza cando o porteiro xa estaba batido. Tralo descanso, ben fóra pola relaxación ou tamén por que tiñan o vento en contra, os locais deron un paso atrás e de novo Vecino se converteu no escudeiro de José Angel, pois non ían máis que 3 minutos cando volve a sacar en liña de gol un balón. Pouco despois outra clara ocasións dos visitantes que semellaban que lle ían poñer as cousas moi complicadas aos da Terra de Soneira. Pouco a pouco os brancos foronse espabilando a presión e nos minutos finais por medio de Brais, debutante na tempada e tamén na competición, puideron levarse un marcador un pouco máis amplo.

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios