mércores. 30.04.2025
El tiempo

Preferente: A maldición de Lugo e outros contratempos

Preferente: A maldición de Lugo e outros contratempos
Nin Sofán nin Xallas foron quen de puntuar na súa visita á provincia veciña, a pesares de ser superiores, mentres que o Soneira non tivo máis que un punto de premio a pesares de tutear ao Paiosaco Non foi o día do Sofán na Ribela - Foto: SD Sofán Soneira 1-1 Paiosaco Campo: Municipal de Vimianzo Soneira: Josiño, Jota (Mayor, m.46), Aarón Fdez, Óscar de Maema, Javi (Dani Casal, m.72), Vía, Óscar, Rubén Forján, Pichi, Richi (De la Sierra, m.67) y Brais Paiosaco: Dani Moreno, David Castro, Pablo, Christian. Iriso (Zalo, m. 69), Ventola, Javi Fuentes (Aythami, m. 72), Iván Amor, Tabuyo (Josiño Vázquez, m. 46), Bam Bam (Josiño, m. 69), Diego Lois e Manja (Juanma, m. 64) Árbitro: Miguens Santiago (Santiago). Expulsou a Óscar, do Soneira (m.87). Amonestou a Jota, Richi, Dani Casal do Soneira; Ventola do Paiosaco Goles: 0-1 m.44 Iván Amor; 1-1 m.53 Aberto Vía Por este camiño, si Atrás deixou o Soneira o set en branco encaixado na súa visita a Santa Comba unha semana atrás. O conxunto vimiancés igualou na casa ante un Paiosaco que loita por pisar a Terceira División, e que está cheo de futbolistas longo percorrido no fútbol capitalino. Houbo prudencia común nun arranque marcado polo ritmo lento e cansino, así como pola falta dun dominador claro e tamén de alternativas nas áreas. Jota, de cabeza e libre de marca, protagonizou a mellor dos costeiros, tras asistencia de Vía. Non inquedara o Paiosaco, e xusto antes do descanso Iván Amor definiría ao fondo da rede un balón morto tras remate de Tabuyo. Un mazazo, tanto polo momento como pola dinámica da tarde. A boa nova é que o remedio sería case inmediato trala volta de vestiarios. Dani Moreno errou ao atrapar unha falta de Mayor, e Vía remachou en boca de gol. Na media hora final habería oportunidades perdidas e polémica: erraron Rubén Forján e Richi, mentres que unhas claras mans de Brais no área, xa na prolongación, no tiveron pena máxima. Sarriana 2-0 Sofán Campo: A Ribela Sarriana: Saúl, Luisma, Muñiz, Alami, Bryan, Rubén Castro (David m.64), Samos, Óscar, Carlitos (Luis m.88), Marino e Fran Pastor (Chavea m.79) Sofán: Fedeyo, Sito, Iván Rey, Félix, Sera, Álex Figueiras (Mespollet m.74), Seo (Eibe m.74), Fabián (Franchu m.68), Iván Rojo (Raúl m.56), Luis e Quintela Árbitro: Fernández Blanco (Ourense). Amonestou a Chavea da Sarriana; fabián e Eibe do Sofán Goles: 1-0 m.61 Fran Pastro; 2-0 m.71 Marino Outra vez Lugo Despois de caer na recente visita a Chantada, de novo o Sofán pasou un mal trago pisando a provincia veciña. Seica o autobús agarrota aos carballeses, moito máis entonados no seu feudo de O Carral. Esta vez o verdugo foi unha Sarriana inmerso na loita por non baixar a Primeira, que aproveitou certa fraxilidade defensiva, e tamén unha arbitraxe algo condescendente. Foi absoluto dominador o Sofán durante unha primeira metade na que Fedeyo resultou un seareiro máis. Iván Rojo tería a máis clara, nun man a man con boa resposta de Saúl. Sería de novo o que fora extremo da canteira de Bergantiños o protagonistas das mellores opcións tralo intermedio, pero esta vez a sorte non estaba do seu lado, nin do de Quintela, que tivo tamén a súa. Non errou Fran Pastor, tras un desaxuste defensivo, cun bo disparo para poñer o 1-0. Entre ese tanto e a sentencia de Marino houbo un clamoroso penalti non sinalado a Raúl, e despois do tanto aínda lle anularían un tanto a Franchu por un fóra de xogo incomprensible. Viveiro 2-1 Xalllas Campo: Cantarrana Viveiro: Kiko, Rouco (Arturo, m.62), Jorge, Dani Fernández, Rego, Jorge Nano, Alberto (Álex Meitín, m.46), Diego Chis, Fidi, Erni (Luis Coedo, m.92) e Nes (Aurelio, m.88) Xallas: Julián, Cristian (Rubio, m.68), Luisito, Martín Barreiro, Brais, Fernando Varela, Jesús (Canedo, m.58), Doro (Camilo, m.66), Marquiños (Anxo, m.78), Kevin e Álex Blanco Árbitro: Ferrol Muñiz (Santiago). Expulsou a Brais (m.78) do Xallas. Amonestou a Dani Fernández, Erni, Kevin, Jesús, Fernando Varela e Cristian Goles: 0-1 m.56 Álex Blanco; 1-1 m.73 Álex Meitín; 2-1 m.80 Dani Fernández, de penalti Mágoa máxima Voltou sen nada positivo de Viveiro un Xallas que durante moitos minutos oi estivo en vantaxe ou tiña polo menos un punto asegurado. Un penalti a falta de dez minutos e a fe dun Viveiro notable puderon co bo facer combés. Houbo igualdade e alternativas de todo tipo durante o primeiro tempo, mentres que a reanudación comezaba cun bo gol de Álex Blanco tras un balón morto deixado pola defensa. Foi chave a incorporación do Xuvenil local Arturo, que revolucionou o encontro. Un centro seu desde a línea de fondo foi aproveitado por Erni e Álex Meitín para xerar a acción do empate, mentres que pouco despois deixou en posición franca a Nes cun gran pase, e este provocou un penalti convertido por Dani Fernández. Apretaría e moito de aí ao final o Xallas, pero non acadou premio.

Comentarios