Preferente: Arrincou o curso cun derbi de empate


Moi igualada prevese esta Preferente 18/19, como así o ratificou o empate sen goles do derbi costeiro que serviu para abrir a temporada.
Demasiado respecto e demasiado coñecemento mutuo entre os dous equipos que pechaban a pasada campaña na final da Copa, que tamén abrían esta tempada na Copa Deputación.
Xallas - Sofán (0-0)

- XALLAS C.F.- Julián Couto, Rubén, Jacobo (Cristian, m.85), Baba, Alex Canedo, Iago Garrido (Oliver, m.71), Julián López, Marcos (Doro, m.57), Madiop, Alex Castro e Iván González (Carlos, m.57)

- S.D. SOFAN – Javi Rumbo, Iván Rey, Pablo, Rubén, Sera, Canedo, Eibe, Fabián (Luís, m.59), Parafita (Matías, m.72), Alexandre e Quintela (Raúl, m.67)
Superaron con creces as defensas aos ataques nesta primeira xornada de Liga na Preferente Norte. Comezou a primeira parte cun Sofán algo máis incisivo, chegando á area rival cun tiro lonxano de Eibe, un remate de cabeza de Quintela ou un remate de Parafita que Julián paraba coa axuda do longueiro. Baba e Julián avisaban de que as intencións do cadro xalleiro serían diferentes na segunda metade.
Baixou o ritmo na segunda nunha tarde calusora, e o Xallas apretou máis e chegou cun parde boas ocasións de Baba e moitas internadas polas bandas con centros aos que sempre se adiantaba a defensa vermella.