Preferente: Tempus fugit

14:52 01/02/16
A prolongación deixou emocións dispares para un Dumbría notable e un Xallas que non mereceu caer derrotado fronte ao Arzúa
O Xallas perdeu en Arzúa no desconto-Foto-Xallas
Xallas 2-3 Arzúa
Da igualdade do visto no campo da Fontenla entre o Xallas e o Arzúa non se deduce a diferencia que existe na táboa entre ambos equipos. Os locais, valentes e con capacidade de recuperación, lle discutiron tódolos aspectos do xogo ao seu rival, que se aproveitaría dun despiste defensivo para adiantarse moi cedo no marcador. Marcos, ante Albor, enmendaría pouco despois o erro. Con igualdade Róber tería nas súas botas a remontada, pero sería Johny, tras unha acción de pillería, o que volvera a poñer ao Arzúa por diante, xa no segundo acto. Novamente, a capacidade de reacción do Xallas foi case inmediata, e esta vez de penalti Jesús lle volvería dar esperanza aos seus, que buscaron a victoria ata o final, e precisamente víctima desa ambición e dos espazos acabarían deixando excesivas concesiones que non despediciou o Arzúa. Co tempo cumprido, a marior intensidade visitante forzou a xogada do 2-3 decisivo.
Dumbría 2-2 Sporting Sada

- Campo: A Fontenla
- Xallas: Julián (Fabio m.61), Christian, Óscar, Vecino (Pablo Novo m.80), Barreiro, Canedo, Jesús, Anxo (Coria m.56), Marcos, Camilo e Róber (Fernando m.65)
- Arzúa: Albor, Guillermo, Fenoy (Ico m.75), Diego, Suso, Enjamio, Johny, Miguel (Julián m.24) (Damián m.75), Diego, Carril e Dani Méndez
- Árbitro: González Fernández (Vigo).
- Goles: 0-1 m.8 Dani Méndez; 1-1 m.16 Marcos; 1-2 m.66 Johny; 2-2 m.70 Jesús, de penalti; 2-3 m.93 Damián, de penalti

- Campo: O Conco
- Dumbría: Iván, Alcaina, Raúl, Jose, Pablo Conde, Aarón, Brais (Charly m.60), Iago (Denis m.75), Damián(Martín m.44), Diego Cespón e Javi
- Sporting Sada: Diego Fernández, Isi, Diego Sánchez (Pablo m.16), Charly, Muñiz, Fabián, Andrés (Pupo m.76), Miguel Ángel, Juanma, Naya (Tomás m.91) e Alberto (González m.70)
- Árbitro: Gay Casal (Santiago) .
- Goles: 0-1 m.75 González; 1-1 m.79 Raúl; 1-2 m.80 Juanma; 2-2 m.92 Denis
- O cadro da Copa da Costa 2016.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
Fonte
- Guillermo Parga (guillermoparga@quepasanacosta.com).