Preferente: Buzz Lightyear, filósofo xalleiro
12:30 16/01/17
"Ata o infinito e máis alá" parece dicir o cadro de Iván Cancela, a só un punto dos postos de ascenso a Terceira; a xornada foi redonda na categoría, con pleno de triunfos para os costeiros
Espectacular despliegue do Sofán ante o Estudiantil - Foto: SD Sofán
Bertamiráns 1-2 Soneira
Campo: Municipal
Bertamiráns: Berto Fernández; Saúl (Borja, m.53), Alfonso, Coqui, Kevin; Miguel, Adán; Calderón, Cea (Íñigo m.62), Adrián Rial (Alberto m.62); e Berto Rial
Soneira: Anxo; Darío (Óscar de Maema m.73), Brais Mouzo, Aarón Fernández, Óscar; Jota, Mayor (De la Sierra, m,86); Rubén Forján, Dani Casal, Pichi (Basti m.88); e Vía (Javi m.55)
Árbitro: Valín González (Lugo). Expulsoy a Borja (m.90) e Calderón (m.79), ambos do Bertamiráns. Amonestou a Berto Rival e Kevin do Bertamiráns; Brais Mouzo e Javi do Soneira
Goles: 0-1 m.52 Aarón Fernández, de penalti; 1-1 m.86 Alberto, de penalti; 1-2 m.93 Dani Casal, de penalti
Xa era hora dunha así
Por fin o Soneira non pagou as desgrazas da mala sorte e sacou tres puntos chave no tempo de prolongación e cunha arbitraxe polo menos non hostil nunha saída lonxe da provincia. Os tres goles do encontro no campo máis curto da categoría chegaron desde os once metros, e dous deles nos minutos finais. Estiveron sempre moi ben prantados os de Víctor Pazos, nunha tarde de poucas oportunidades de perigo para os dous equipos. Foi claro o penalti co que Aarón Fernández inaugurou o marcador, xa na reanudación, e protestado o da igualada de Alberto. De feito, o Soneira parecía que outra semana máis acabaría víctima dunha sorte de man negra, ata que na prolongación, con tres minutos sobre o noventa, o trencilla lugués botou de arrestos e sinalou mans dun defensor santiagués no área. Dani Casal non errou desde os once metros, para darlle a Víctor Pazos a súa segunda vitoria en tres partidos no banco de Vimianzo.
Sofán 3-2 Estudiantil
Non acabou por ser sinxelo o partido - Foto: SD Sofán
Campo: O Carral
Sofán: Fedeyo, Sito, Félix, Sera, Iván Rey, Fabián, Seo, Eibe (Felipe m.81), Luis (Álex Figueiras m.68), Rojo (Mespollet m.89) e Raúl (Quintela m.75)
Estudiantil: Jose, Jacobo (Alfonso m.28), Fafú, Pablo, García (Mateo m.78), Hurtado (Juan Rey m.60), Colón (Roberto m.88), Alberto, Diego Peña (Brais Calvo m.28), Vidi e Peiteado
Árbitro: Folgueira Ríos (Lugo). Amonestou a Fedeyo e Luis do Sofán; García e Colón do Estudiantil
Goles: 1-0 m.4 Seo; 2-0 m.12 Fabián; 3-0 m.36 Rojo; 3-1 m.41 Brais Calvo; 3-2 m.63 Brais Calvo, de penalti
Media hora sideral
O segundo clasificado de Preferente foi un xoguete en mans dun Sofán abismal durante unha media hora que debería engordar xa os libros de historia do clube. Os carballeses bordearon o cen por cen de efectividade, ante un rival anodadado e que realizou dúas subsitucións durante o primeiro acto. Seo, á saída dun córner, e Fabián, cunha vaselina 'messiánica', fixeron os dez primeiros minutos a chave do encontro. Pero faltaba máis. Os pontevedreses dominaban a posesión, pero cada vez que recibían algo no área era un paquete bomba. Unha contra de Iván Rojo pareceu decidir a tarde, mentres que Luis errou nun man a man. Resultou tamén digno da máis lograda película de ciencia ficción o gol co ue os visitantes se meteron no encontro, xa que Brais Calvo executou unha falta que Fedeyo detivo sen problemas, e o asistente deu gol. Xa no segundo acto, de novo o árbitro sería o mellor '10' visitante, ao sinalar un máis que discutible penalti, que de novo Brais Calvo converteu. Á contra puderon matar os carballeses, pero tocou sufrir.
Xallas 2-1 Polvorín
Xallas e Polvorín deixaron un bonito espectáculo
Campo: A Fontenla
Xallas: Julián, Cristian, Luisito, Brais, Martín Barreiro, Canedo, Doro (Rubio m.89), Fernando, Anxo (Álex Blanco m.61), Camilo (Kevin m.69) e Marquiños (Rachón m.81)
Polvorín: Cacharrón, Asier (Julio m.77), Pablo Rey, Pedro, Óscar, Luis Díaz, Duque, Dani Góngora (Palas m.85), Cuadrado, Javi Rey e Marcos (Dani Renda m.68)
Árbitro: Casal Fernández (Pontevedra). Amonestou a Cristian e Martín Barreiro do Xallas; Cacharrón, Luis Díaz e Javi Rey do Polvorín
Goles: 1-0 m.30 Martín Barreiro; 1-1 m.63 Óscar; 2-1 m.66 Doro
E se Doro volve xogar en Terceira?
A un punto da segunda praza e en postos de promoción de ascenso situose un Xallas que suma catro triunfos seguidos e que esta vez deu boa conta do Polvorín, filial do Lugo e candidato ao ascenso. Os verdes recibiron a un rival de bo trato polo balón e con atrevemento, que no ecuador do primeiro acto lamentou como Óscar erraba compretamente só no segundo pau. Acto seguido, Martín Barreiro resolvía no área unha deixada de Doro para facer o 1-0. O sempiterno capitán foi protagonista de todo, o bo e o menos bo, que sucedeu na Fontenla. Con case 40 anos chama ás portas de Terceira División, unha vez máis. Errou un penalti nada máis voltar do vestiario e marrou un balón morto na frontal. Lamentaba como eses erros levaban ao 1-1 despois de que Óscar aproveitase un rexeite no área. E celebraba coa ilusión dun rapaz que comeza o 2-1, obra súa, só tres minutos despois. Unha balón deixado por Fernando, e resolto coa calidade dun dos mellores chegadores do balompé galego, foi un ladrillo máis na construcción dun templo ao incrible que leva a cabo o Xallas.