xoves. 01.05.2025
El tiempo

Preferente: Derbis de Expediente 'X'

Preferente: Derbis de Expediente 'X'
Nova igualada entre Soneira e Xallas, nun encontro marcado pola determinación vimiancesa a pesares da desvantaxe; en Ribadeo, espectacular triunfo do Sofán Soneira e Xallas atopáronse dous meses despois - Foto: Xallas FC Soneira e Xallas atopáronse dous meses despois - Foto: Xallas FC Soneira 2-2 Xallas Campo: Municipal de Vimianzo Soneira: Anxo, Rubén Forján, Oscarín, Aarón Fernández, Brais Mouzo, Jota, Mayor, Sandelo, Óscar de Maema (Dani Casal m.73), Pichi e Basti (Darío m.65) Xallas: Julián, Cristian, Bryan (Rubio m.73), Brais López (Kevin Rajoy m.33), Martín Barreiro, Canedo, Marquiños (Doro m.78), Fernando, Álex Blanco, Jesús e Kevin (Anxo m.68) Árbitro: García Gómez (A Coruña). Amonestou a Brais López, Jesús, Kevin e Cristian do Xallas Goles: 0-1 m.39 Marquiños; 0-2 m.43 Fernando; 1-2 m.72 Pichi; 2-2 m.88 Kevin Rajoy, en propia meta Rajoy pide o rescate do Soneira O pobre Kevin para arrastrar a maldición do seu apelido, ata levada ao fútbol. No derbi entre Soneira e Xallas que ao intermedio parecía máis cómodo para os combeses, acabou por haber reparto de puntos. Un postreiro autogol do canteirán finalizou a épica vimiancesa, empezada minutos atrás. Ao contrario que na recente final de Copa, foi o Xallas o que iniciou en modo dominador, aínda que sen xerar opcións de perigo. A máis clara chegou dos balóns 'teledirixidos' de Mayor na pelota parada. Unha delas acabou no longueiro. Os minutos previos ao intermedio resultaron o que polo libro tería sido psicolóxicamente letal. Marcos aproveitou un pase picado de Jesús para, no man a man, facer o primeiro. Pouco despois era Álex Blanco o que asistía a Fernando para aumentar distancias. Tocou a ofensiva o Soneira nunha valiente reanudación, na que atoparía o premio á súa fe nunha acción de 'O renacido'. Pichi estaba máis avispado que a zaga visitante e facía o primeiro. Co encontro agonizando ao Xallas chegáronlle os recurtes. Rubén Forján sacou un centro e Kevin Rajoy introducía o balón na súa propia portería. Ribadeo 1-2 Sofán O Sofán conquistou o Pepe Barrera - Foto: SD Sofán O Sofán conquistou o Pepe Barrera - Foto: SD Sofán Campo: Pepe Barrera Ribadeo: Diego, Coki, Isma (Miguel Gomes m.83), Brais, Juanma, Martín Traba, Ivan (Yoel m.73), Poratti, Rafa Casanova (Diego m.71), Santi e Criss Sofán: Fedeyo, Iván Rey, David (Insua m.84), Rubén, Félix, Fabián, Eibe (Alex Varela m.75), Rojo, Luis (Seo m.59), Raúl (Brais m.70) e Quintela Árbitro: Fontes Mosqueira (Ferrol). Expulsou a Brais, do Ribadeo (m.58). Amonestou a Rubén, Raúl, Quintela, Fabián e Iván Rey Goles: 0-1 m.5 Eibe; 0-2 m.38 Fabián; 1-2 m.50 Juanma Coma un grande O Sofán acadou o triunfo na Mariña lucense, ante un Ribadeo con historia recente en Terceira División. Os carballeses aproveitaron o madrugador gol de Eibe, nun erro do meta Diego, para administrar o partido e os esforzos. Unha acción persoal de Fabián, pouco antes do intermedio, acentuou esa aposta. Nin sequera o tanto de Juanma ao pouco de reiniciarse a cita variou en exceso as cousas. Por outra banda, o Ribadeo contaba nas súas filas co fisterrán Martín Traba, ex de SD e que leva anos facendo un periplo exitoso polo norte de España.

Comentarios