Preferente: Hou, Hou, hou...

12:50 19/12/16
Nove puntos de nove para os representantes costeiros deixan os obxectivos de momento cumpridos en tódolos representantes da zona, aínda que para o Soneira aínda queda un pouco; debutou no banco Víctor Pazos e o fixo coa sorte que faltara ata agora
O Xallas celebrou o peche dun ano histórico
Sofán 3-0 Atlético Escairón
Todo son motivos para sorrir en Sofán - Foto: SD Sofán
A superioridade carballesa foi manifesta - Foto: SD Sofán
Campo: O Carral
Sofán: Fedeyo, Adrián García, David Mespollet (Insua m.81), Sito, Sera, Seo, Fabián (Rojo m.77(, Jacobo Eibe, Raul, Quintela (Álex Varela m.81) e Luis (Brais m.73)
Atlético Escairón: Montero, Felix, Cidre, Iago Otero, Ivan, Aitor (Rubén Díaz m.59), Denis, Marcos, Pandiani, Anxo (Lugilde m.72) e Quiroguita (Xulio m.72)
Árbitro: Miguens Santiago (Ourense). Amonestou a Raúl do Sofán; Cidre, Quiroguita, Anxo, Félix e Lugilde do Escairón
Goles: 1-0 m.39 Luis; 2-0 m.69 Luis; 3-0 m.71 Quintela
Comodidade en tódolos sentidos
Non pasou demasiados apuros o Sofán para superar ao Atlético Escairón e terminar o histórico 2016 por enriba da metade da táboa de Preferente. Os carballeses tiveron en Luis ao seu protagonista. O ex de Laracha e Bergantiños abriu o marcador no remate dunha primeira metade na que só a falta de puntería privara aos seus de estar xa en vantaxe. Finalizou unha contra perfecta conducida por Fabián para calmar calquera atisbo de ansiedade. Cos lucenses tentando medrar na reanudación, novamente Luis ergueu o brazo protagonista. Desta vez conectou un imparable e perfecto disparo lonxano. Con vinte minutos aínda por diante, Quintela faría o terceiro nunha execución rápida de bola parada. De ter asinado máis acerto, a goleada podería levar a etiqueta escándalo.
Soneira 1-0 Viveiro
Campo: Municipal
Soneira: Anxo; Raúl Añón, Brais Mouzo, Aarón Fernández, Forján; Jota, Óscar, Alberto Vía (De la Sierra m.80), Dani Casal (Sandelo m. 70); Javi y Pichi (Basti m.77).
Viveiro: Kiko; Rouco, Jorge, Dani, Rego; Nano, Aurelio (Coedo m.70), Chis (Arturo m.46), Xenxo; Fidi (Álex, m.60) e Álex
Árbitro: Pérez Carmuega (Pontevedra).
Gol: 1-0 m.16 Dani Casal
Os pequenos e tantas veces malditos detalles
O acerto de Anxo nun penalti no último suspiro marca a enorme distancia de sensacións entre ter finalizado o 2016 cun triunfo ou que este escapase novamente no suspiro final. Esas pequenas grandes cousas que tantas veces traicionaran ao Soneira desde o comezo de liga foron esta vez aliadas para acabar coa xeira de sete xornadas sen perder do Viveiro, e sobre todo da de dez sen vencer dos costeiros. Un bo tanto de Dani Casal enfilou o debut vitorioso de Víctor Pazos, que non distou demasiado no seu prantexamento do que viña sendo o equipo. Javi avisara xa nunha ocasión anterior. Houbo resistencia ordeada unha vez con vantaxe no marcador, pero sen sufrir demasiado e cun bo sentido do control do xogo. Marcouno todo a acción do epíligo, co visitante Dani executando unha pena máxima na que o ceense Anxo resicitou o concepto de esperanza para un por fin agraciado Soneira.
Galicia de Mugardos 0-1 Xallas
Campo: A Pedreira
Galicia de Mugardos: Javi; Isaac, Coro (Zurzi m.83), Adrián Martínez, Adrián Vázquez; Dapo, Cortizas; Artai (Tenreiro m.70), Naya, Quique e Paolo (Brais m.73)
Xallas: Koke; Cristian, Martín Barreiro, Rubio, Luisito (Thiago m.89); Canedo, Fernando (Denis ,.92); Doro (Camilo, min. 72), Marcos (Tuñas m.83), Anxo (Róber Pladur m.72)e Kevin
Árbitro: Mariño Rodríguez (Lugo). Expulsou a Kevin do Xallas (m.62). Amonestou a Dapo, Isaac, Fernando, Kevin e Róber Pladur
Gol: 0-1 m.76 Róber Pladur
Pladurísimo Nadal
Un tanto máis do esteirán Róber Pladur deulle a vitoria ao Xallas sobre o Galicia de Mugardos, nun dos feudos con máis historia da categoría. Son seis triunfos nos últimos oito encontros para os combeses, que pechan o ano a só seis puntos dos postos de ascenso. Tocou sufrir e bastante en Ferrolterra, tanto con once coma con dez futbolistas. Houbo unha opción por bando nun primeiro tempo de marcaxe: Koke para os mugardeses e Martín Barreiro para o Xallas. Mudou notablemente o debuxo de Iván Cancela a acción da protestada expulsión de Kevin, que terminaría por ser dalgún xeito positiva. A búsqueda de espazos por parte de Pladur tivo premio na recta final, cun remate de home en estado de gracia que acabou por valer tres puntos. O Mugardos acabaría protestando un remate de Naya que entendeu sobrepasou a línea de gol.


