Xoves. 10.10.2024
El tiempo

Preferente Norte: dúas derrotas como visitantes

Preferente Norte: dúas derrotas como visitantes
ORDENES S.D. 2 - S.D. SOFÁN 1 SD SOFÁN: Javi Rumbro, Sera (Iván Rey 59´), Pablo (Rubén 88´), Antonio, Félix, Canedo, Jonathan (Eibe 59´), Alexandre, Camilo, Fabián (Raúl 66´) e Quintela. GOLES: 1-0 35´Victor Hervés   1-1 80´Antonio   2-1 87´Jonny Perdeu nunha contra case que no final do tempo regulamentado a Sd o que ben merecía en Ordes. Só un equipo buscou o gol, e os locais aproveitáronse de dúas contras para levarse os puntos. O Sofán marrou claras ocasións, Quintela no primeiro tempo tivo un par delas, e no segundo Alexandre estrelou unha falta no pao, e Félix mandou fora un córner cando se cantaba o gol. Co empate parecía que os visitantes se ían levar o partido pero nunha xogada aislada o Ordes levouse unha vitoria que non mereceu. C.D. AS PONTES 1 - 0 XALLAS F.C. XALLAS FC: Julián Couto, Cristian, Jacobo, Santi, Oliver, Rubén, Iago Garrido, Marcos, Julián López, Abel e Iván González. Tamén xogaron Doro, Madiop e Carlos. GOL: 1-0 17´Bossa Un solitario gol de penalti de Bossa ó cuarto de hora foi o decisivo da derrota do Xallas no terreo de xogo do líder imparable As POntes. O Xallas xogou un bo partido, plantoulle cara ó potente equipo local pero non foi quen de sumar ningún punto. De inicio estivo mellor o As Pontes, ó que se lle anulou un gol no minuto 2. Abel nunha contra estivo a punto de marcar. Bossa marcou o penalti a Carlos. As Pontes tivo ocasións para sentenciar, pero Julián López puido empatar no 27. Julián Couto estivo moi ben na portería salvando ó Xallas. No segundo tempo o Xallas estivo moi ben, apretou moito e encerrou ó equipo local. Abel primeiro e Julián despois puideron igualar o partido. Abel de novo mandou un balón ó largueiro,e pouco despois é Alex Blanco o que envía de novo o balón ó pao. Non se moveu o marcador a pesar das ocasións dos xalleiros.

Comentarios