Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Preferente Norte: dúas derrotas en terras lucenses

Preferente Norte: dúas derrotas en terras lucenses
VIVEIRO C.F. 2 - S.D. SOFÁN 1 S.D. SOFÁN: Javi Rumbo, Iván Rey (Rubén 46´), Pablo, Antonio, Sera, Canedo, Eibe (Jonathan 46´), Fabián, Matías (Quintela 46´), Camilo (Juanjo 76´) e Raúl GOLES: 1-0 20´Roi á saída dun córner 1-1 63´Canedo resolve un barullo na area 2-1 66´Alex Meitín remata unha falta lateral Foiselle o partido á SD cando mellor controlado o tiña. Despois dun primeiro tempo onde os locais foron mellores, no que Rumbo estivo moi acertado repelendo disparos de Arturo e Marino pero non puido facer nada no gol do central Roi, e no que a Sd non estivo moi atinada en ataque, o segundo tempo foi dominado polos de Cancela, especialmente despois da expulsión do centrocampista local Xaime no minuto 59. Raúl marrou unha clarísima ocasión no punto de penalti tras boa xogada de Fabián e Canedo, e pouco despois Canedo igualou a contienda. Pero pouco durou a alegría, pois noutro balón parado adiantouse o Viveiro, que de ahí ó final se dedicou a defender como puido as acometidas da Sd, que tivo na cabeza de Canedo o empate pero non foi quen de obtelo. S.D. SARRIANA 5 - XALLAS F.C. 0 XALLAS FC: Julián Couto,  Cristian, Jacobo, Santi (Oliver 49´), Dani Becerra, Rubén, Julián López, Alex Blanco (Madiop 63´), Marcos (Eloy 73´), Iago Garrido (Abel 49´) e Iván González GOLES: 1-0 2´Quiroguita   2-0 13´Mauro   3-0 70´Marzán   4-0 77´Almeida   5-0 89´Jose Un primeiro cuarto de hora de desconcentración custoulle caro ó Xallas, pois encaixou dous tantos que lle fixeron moi costa arriba a remontada, ante un conxunto en racha. O Xallas, despois de irse en desvantaxe ó descanso, saíu mellor no segundo tempo pero o penalti transformado por Marzán deixou o encontro visto para sentencia, nun mal día do conxunto verde.

Comentarios