Mércores. 01.05.2024
El tiempo

Preferente Norte: o Dumbría ó seu ritmo

Preferente Norte: o Dumbría ó seu ritmo
Segue o Dumbría a meter medo ós rivais que se acercan ó Conco, e aproxímase ós postos altos da clasificación cunha nova vitoria, esta vez ante o At.Arteixo, antaño favorito ó ascenso, que caeu con xustiza. Xallas e Sofán igualaron, con diferente sabor de boca. Os xalleiros lográrono nun difícil campo, o de As Pontes, onde ata agora os que foran de visitantes saíran goleados. O Xallas tivo paciencia e empatou cerca do final, e incluso puido levarse os tres puntos. O Sofán tiña a vitoria na man, tras un gran partido, pero un discutible penalti arrancoulle dous puntos no tempo engadido. DUMBRÍA 2 - AT.ARTEIXO 0 DUMBRÍA: Iván Bouzón, Julito (David Carreira 71´), Mataso (Raúl 64´), Iago, Matías, Aarón López, Mackay, Rivi (Mauro 85´), Marcote (Edu 79´), Cespón e Yuyo (Cachadiña 85´). GOLES: 1-0 18´Marcote   2-0 22´Mackay O Dumbría dou boa conta do Arteixo baixo a neboa Gran partido do Dumbría no Conco, cun resultado que se antoxa curto para o fútbol desplegado polos dumbrieses. Como ven sendo norma, unha saída en tromba dos de Lobelos puxo o marcador rápidamente en franquía, con tantos dos killers Marcote e Mackay, imparables cando están inspirados. O Arteixo dou mala imaxe no Conco, mostrándose como un equipo sin ideas e blando, e puido levar un par de goles mais ó lombo durante o primeiro tempo. Co marcador en contra os arteixáns botáronse arriba á desesperada na reanudación pero o Dumbría controlou en todo momento a situación, e lanzaba perigosas contras que incluso puideron aumentar a diferencia. Xustísimo triunfo dos blancos para seguir unha impresionante xeira nos partidos como local. AS PONTES 1 - XALLAS 1 XALLAS: Julián, Cristian, Pablo Vigo, Becerra (Uxío 70´), Alex Canedo, Puyi, Doro, Abel (Marquiños 58´), Alex Blanco, Julián e Camilo (Kevin 58´). GOLES: 1-0 39´Eloy   1-1 84´Kevin Os capitáns Dani Fernández e Doro Gran resultado o obtivo polo Xallas no Poboado, no que debe de ser o inicio da escalada dos de Noe hacia postos mais cómodos na táboa. Dous tempos ben diferenciados no Poboado, un primeiro onde o As Pontes buscou o gol con insistencia. Julián tivo que facer unha gran parada nunha falta do mestre Bossa, e a Pablo Ramos nun man a man. Eloy adiantou ós locais nun remate en plancha pasada a media hora. Pero no segundo tempo a cousa cambiou. Os xalleiros, mellor físicamente, fixéronse co control do xogo, aínda que Julián voltou a facer unha gran parada a remate de Ramos. O Xallas comezou a acosar a porta de Paco. Abel no 50´marrou unha clara ocasión e Alex Blanco no 68´rematou fora por pouco. Kevin tívoa no 79´e rematou alto, pero non marrou pouco despois nun balón morto no borde da area que o dianteiro colou pola escadra. Incluso no tempo engadido o propio Kevin tivo a vitoria pero Paco desviou a córner dándolle un punto a cada equipo.   O Xallas fixo un gran segundo tempo no Poboado S.D. SOFAN 2 - ORDENES 2 Alineación da SD Sofán na tarde de onte S.D.SOFAN – David Pena, Iván Rey, Pablo Domínguez, Félix, Rubén (Sera 55´), Canedo, Fabián, Jacobo Eibe (Seo 79´), Luis, Matías (Rojo 75´) e Juan de Dora (Quintela 69´). GOLES: 0-1 24´Aguado  1-1 29´Luis de penalti   2-1 32´Juan de Dora   2-2 89´Moure de penalti Juan de Dora volveu a marcar Que pena de puntos os que se escaparon das Eiroas no último minuto. A SD xogou un gran partido pero non puido co acoso do Ordenes nos últimos 20 minutos, nin cun colexiado que se comeu un claro penalti a Matías no primeiro tempo pero si que viu o do último minuto, que ninguén mais apreciou. Igualdade foi a tónica ata o gol de Aguado. Os dous equipos coñecíanse ben e tapaban as virtudes do rival. Co marcador en contra a SD xogou os mellores minutos da liga, remontou rápidamente, e puido ampliar a conta en remates de Fabián e Juan de Dora. Luis iguala o marcador dende os 11 metros No segundo tempo tivo Fabián a sentencia nun remate alto no punto de penalti, e Borja fixo unha gran parada a cabezazo de Félix. O longueiro repeliu un cabezazo de Moure na mellor ocasión visitante no 79´, e na xogada final, nunha falta lateral, un suposto agarrón de Seo a Munín permitiu ós visitantes levarse un punto co que xa non contaban.,

Comentarios