Martes. 10.09.2024
El tiempo

Preferente: Nunha galaxia moi, moi lonxana...

Preferente: Nunha galaxia moi, moi lonxana...
Non era a repetición da última Copa da Costa, senón un derbi entre Xallas e Soneira dominado pola máxima do equipo máis en forma da liga contra un que loita por eludir o descenso; o Sofán, pola súa banda, foi quen de sufrir, resistir e vencer ante o Ribadeo Xogadores como Rafa Casanova ou Mauro Poratti non venceron no Carral - Foto: SD Sofán Xallas 6-0 Soneira O Xallas superou claramente ao Soneira Campo: A Fontenla Xallas: Julián (Koke m.24); Martín Barreiro (Rubio m.52), Varela (Tiago m.67), Cristian (Rachón m.48), Brais; Jesús, Doro (Camilo m.63), Kevin; Luisito; Alex Blanco e Marquiños Soneira: Anxo; Oscarín, Brais Mouzo, Aarón Fernández (Iago, m.65), Rubén Forján; Sandelo (Darío, min 36), Jota (Brais Pedreira, min 82), Mayor, Vía; Pichi (Javi, m.46) e Basti Árbitro: Casanova Vázquez (A Coruña). Amonestou a Álex Blanco do Xallas; Aarón, Pichi e Brais Mouzo do Soneira Goles: 1-0 m.13 Luisito; 2-0 m.21 Álex Blanco, de penalti; 3-0 m.27 Kevin; 4-0 m.34 Doro; 5-0 m.47 Álex Blanco; 6-0 m.52 Kevin Encontros na terceira fase Parecían vivir en mundos colindantes e dimensións paralelas Xallas e Sofán, rivais directos ao comezo de liga, pero protagonistas de realidades moi diferentes hoxe. E vaia se ten influencia no devenir dun partido. Os combeses levaron o derbi cun set en branco de lectura simple para o perdedor: é só un partido. A primeira metade foi un pesadelo para o entramado defensivo vimiancés, que tivo demasiados problemas para resistir o dinamismo local. Avisou Kevin ante Anxo, e executou pouco despois Luisito, tras unha parede co propio Kevin. Non variou un ápice o panorama da tarde, na repetición da última final de Copa, e Doro, nun roubo con asistencia, deixaría a Álex Blanco en posición franca. Houbo derribo e penalti de Rubén Forján que o ex do Negreira e o Dubra transformou con clase. O ceense Anxo sacaba como podía o traballo, e no rexeite que deixou dunha falta Kevin facía o terceiro. A cuota pertinente de protagonismo goleador de Doro chegaría antes do intermedio aínda, ao cabecear un centro de Kevin. A afrenta era xa exacerbada e o ritmo decreceu notablemente na reanudación, especialmente despois do inicio xalleiro con remates a gol de Álex Blnco e Kevin novamente. Pode que un castigo extremo para un Soneira que comezaba a levantar cabeza, pero que entre as baixas e ter enfrente ao rival máis en forma da liga saíu tocado, que non afundido, da Fontenla. Sofán 2-0 Ribadeo Campo: O Carral Sofán: Fedeyo, Sito, Iván Rey, Sera, Félix, Seo, Eibe (Felipe m.64), Álex Figueiras, Rojo (Mespollet m.89), Raúl (Quintela m.65) e Luis (Adrián m.84) Ribadeo: Diego, Cube, Juanma, Brais (Miguel Gomes m.46), Martín de Fisterra, Santi (Diego Fraga m.62), Yoel, Rafa Casanova, Poratti e Luki (Juan Pablo m.82) Árbitro: Gundín Barreiro (Ourense). Amonestou a Brais e Juan Pablo do Ribadeo Goles: 1-0 m.81 Luis; 2-0 m.90 Quintela A nai da ciencia Non esquecerán sinxelamente os enfrontamentos co Sofán por Ribadeo. O cadro da Mariña lucense perdeu de novo ante o debutante na categoría, esta vez ademais con suspense ata o final. Os carballeses foron quen de aguantar as acometidas dun conxunto con moito poderío ofensivo e que quixo ser protagonista en todo momento. Os de Josito agardaron e resistiron as acometidas de exprofesionais coma Mauro Poratti (Lugo) ou Rafa Casanova (Ciudad de Santiago e Compostela). Fedeyo comprobou como Luki erraba. E entón apareceu a maxistral lección do carballés Luis. Un disparo espectacular de fóra do área poñía o insospeitado primeiro tanto, que volcaría aínda máis ao Ribadeo e provocaría a contra de Quintela (40 metros de carreira) para poñer o segundo e sentenciar. [fbvideo link="https://www.facebook.com/sofandonigo/videos/1652951255006392/" width="800" height="400" onlyvideo="1"]

Comentarios