venres. 08.11.2024
El tiempo

Preferente: Os equipos xalleiros toman posicións

Preferente: Os equipos xalleiros toman posicións

Unha semana máis os equipos xalleiros demostraron que son os que mellor se están adaptando á nova categoría. O sábado Xallas e Santa Comba sumaban sendas vitorias, e seguen en postos de arriba. Os de verde superaron ao Soneira no derbi da xornada, nun partido igualadísimo, que os xalleiros souberon manter do seu lado.
Pola súa banda, o cadro laranxa volvía de Boiro cunha gran vitoria ante un rival directo na zona alta, pero volvían sufrir unha expulsión. Ademais, o Dumbría ofrecía unha moi boa imaxe ante o Mugardos pero non puido manter os 3 puntos no Conco.

Xallas - Soneira (2-0)

  • Xallas: Cheli, Isma, Rubio, Dani Becerra, Alvaro (Ricardo, min.46), Martín, Rubén, Brais (David, min.60), Beiroa (Aitor, min.78), Luís (Iván Amor, min.66) e Alexandre (Prol, min.71).
  • Soneira: Fran, Ferreiro, Fran de Urroa, Modesto, Pablo, Santi, Víctor García, Míchel (Pablo Vigo, min.60), Quique, Vía e Iago (Mayor, min.81)
  • Goles: 1-0, min.17: Luís; 2-0, min.93: Ricardo.
  • Expulsión: O meta local Cheli (min.60), con cartón vermello directo.

O Xallas fíxose co derbi nun partido igualado, pero no que a maior adaptación ao terreo de xogo dos locais lle deu un plus de vantaxe. O Soneira segue demostrando que campos de grandes dimensións non se lle dan nada ben. Os homes de Manolito saíron bastante imprecisos e con menos intensidade que o seu rival que presionou moito en todas as liñas e apenas lle deixou crear ocasións de gol. Un lanzamento de Iago no primeiro minuto foi o balance ofensivo dos visitantes.
Os verdillos presionaban dende a liña de ataque e iso propicioulles unha clara ocasión de gol que detivo ben Fran a lanzamento de Beiroa e pouco despois o primeiro gol. Beiroa recupera un balón por banda dereita, desfaise de Fran de Urroa e logo de Pablo para ceder a Luís que chegando dende atrás marca a bocajarro ante Fran. Non houbo moito máis que destacar da primeira metade, lixeira superioridade dos locais na posesión do balón froito da maior intensidade defensiva, pero sen perigo de gol nunha nin outra portería.

A segunda metade comezou cun panorama moi similar a primeira ata que no minuto 60 se produzo un punto de inflexión no encontro coa expulsión do meta local. Cheli detén no borde da área un lanzamento de Vía, o rexeite vai a pés de Iago que volve a lanzar e o meta coa inercia sae fóra da área e toca o balón coa man. David entraría por Luís para pórse baixo paus e foi un dos artífices da vitoria detendo un par de ocasións clarísimas de gol. O lanzamento da falta a cargo de Vía estrelouse na barreira e a partir de aí chegaron catro aproximacións seguidas dos sonieráns aproveitándose do desconcerto dos xalleiros. Tanto García, Vía, Jorge Vigo como Quique precipitáronse na definición e acabaron lanzando dende a frontal da área alto, mentres que pouco despois, Jorge Vigo encontrouse co porteiro, pero dado que o balón o tiña na súa perna menos boa tardou tanto en rematar que un defensa vindo dende a trás acabou mandando o balón a córner.

Foron os minutos de maior empuxe visitante que semellaba que podía empatar o encontro, pero os locais pouco a pouco foron pechando espazos e impediron as aproximacións tan fáciles aos redores da área. No minuto 87 a mellor ocasión de empatar foi para Modesto, recibe unha asistencia de Santi de cabeza e este vindo dende atrás remata a bocajarro coa mala sorte de que o balón foi moi centrado e david habilidosamente despexa cando todos xa cantaban gol. A sentencia local chegou en tempo de desconto cunha contra levada por Iván Amor por banda esquerda que pasou ao carril central no que entraba libre de marca Ricardo que bateu por raso a Fran.

Boiro - Santa Comba (1-2)

  • Santa Comba: Diego, Doro, Roberto, Gonzalo, Óscar, Colón (David Blanco, min.46), Toni, Jota, Noli (Chinda, min.46), Julián, Pablo Baña (José Ángel, min.82).
  • Goles: 1-0, min.8; 1-1, min.11: Noli; 1-2, min.71: David Blanco.
  • Expulsión: Julián no min.73.

Gran vitoria do Santa Comba en Boiro, na que demostrou a súa superioridade no segundo tempo. A primeira metade foi moi igualada, e comezaba cun intercambio de golpes que deixou o marcador igualado ao descanso.

Á volta dos vestiarios foron os mellores minutos dos xalleiros, que marcaron por medio de David Blanco e puideron marcar algún tanto máis. Pero as cousas se complicaban tralo gol coa expulsión, unha máis nas filas laranxas, de Julián, que quedaba bebendo na celebración e o colexiado sacoulle o segundo cartóon por perdelo tempo.

Eses últimos 15 minutos foron complicados e tivo sorte o Santa Comba ademais de estar Diego e toda a liña defensiva moi seguros.

Dumbría - Gal. Mugardos (1-1)

  • Dumbría: Juan Purrúa, Iván, Poyo (Toni, min.80), Suso, Aarón I, Aarón II, Schuster (Tati, min.70), Iago, Eloy, Adrián Mackaay (Luisito, min.80), Cacho (Chula, min.46).
  • Goles: 1-0, min.40: Adrián Mackaay; 1-1, min.75.
  • Expulsión: Juan Purrúa no min.20.

Boa imaxe do Dumbría no Conco, que dado o devir do partido saborea este punto postivamente. I é que malia comezar forte con dúas boas ocasións de Adrián Mackaay que ben puideron abrir o marcador, o cadro dumbriés sufría a expulsión de Juan Purrúa, que se perderá o derbi da semana que vén co Soneira. Foi o polivalente Iago o que se puxo baixo paos e fixo un gran partido, como alá onde o poñan.

Así e todo o cadro de López Canosa seguíu moi forte e conseguíu porse por diante por medio de Adrián Mackaay antes do descanso. Na segunda metade, os ferroláns, con paciencia, intentaban chegar tocando, ante un Dumbría con 10, que replegou liñas e mantivo a meta moi ben escolatada. Non puido Iago manter a meta a cero, e a falta de 15 minutos, tras un saque de esquina, acadaban o empate.

Aínda non estaba todo dito, e xa ao final, 3 ocasións de Toni, Aarón ao longueiro e Luisito puideron siginificar a vitoria local.

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios