Preferente: Pasando xornadas
Quedan aínda 3 xornadas para o final e os nosos 3 equipos xa están desexando que remate esta boa temporada. Con nada en xogo máis que quedar o máis arriba posible (o XSC na 5ª praza e Dumbría e Soneira loitando entre a 6ª e a 14ª) os nosos teñen o ollo máis ben posto na Copa da costa, e máis cando os clubes propuxeron que os equipos da Preferente non poidan disputar máis esta senelleira competición.
Sada - Xallas StComba (0-0)
- XSC: Diego, Rubén Forján, Chinda, Guille, Pablo, Darío (Marcos, min.80), Doro, Jota, Jesús (Maneiro, min.80), Mon (Alberto, min.65), Javi Suárez (Noli, min.70).
Partido frouxo, tipico de final de temporada con dous equipos que non se xogannada. Apenas houbo tensión e tampouco ocasións, máis queun tiro de Doro ao longueiro.
Dumbría - Viveiro (0-1)
- DUMBRÍA: Porrúa, Rudi Cotelo (Piri, min.50), Tantán, Isma, Pablo Conde (Martín, min.70), Aarón López, Iago, Jesús (Leo, min.46), Pablo Vidal (Dani Casal, min.60), Luís, Bruno.
- Gol: 0-1, min.5.
Un tempraneiro gol visitante deixou tocado a un Dumbría que tardou en entrar no partido e non sacou proveito de xogar cun xogador máis durante toda a segunda metade. O Viveiro meteuse atrás e aguantou as envestidas do Dumbría, que tampouco foron demasiado claras.
Queda agora o Viveiro con 3 puntos máis que o cadro de Canosa.
Soneira - O Paramo (3-1)
- SONEIRA: Cheli, Pichi, Maikel, Mayuyo, Sito (Cristian, min.75), Bibi (Mayor, min.55), Baba, Toni Fisterra, Óscar (Fran de Urroa, min.55), Richi (Adrián, min.55) y Javi (Basti, min.74).
- Goles: 0-1, min.20. 1-1, min.50: Pichi. 2-1, min.75: Toni Fisterra. 3-1, min.85: Toni Fisterra.
Tardou en entrar o Soneira no partido pero unha gran segunda metade e as gañas de remontar propiciaron que os de Candamo sumen de novo 3 puntos e finiquite unha permanencia que xa estaba cantada. E a vitoria chegou gracias aos tantos de Toni Fisterra, que había tempo que non marcaba, o que supón tamén unha alegría para o fútbol costeiro o feito de recuperar un xogador coma el.
O Soneira, que xogou boa parte do segundo tempo cun home máis, soubo aproveitar os espazos e machacou a un dos descendidos.
Máis información
Novas relacionadas
- Os Clubes da Costa piden a unificación das Ligas Xuvenís nunha reunión con pouco aforo.
- 50 anos da Copa da Costa cos Oliver e Benji do Ghañan Style.
Crónicas da semana
Artigos relacionados
- Alberto Pose: Do auténtico fútbol da Costa. Con Manolín.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).