Preferente: Reis e con maxia
14:14 09/01/17
Impresionante rendemento de Xallas e Sofán, con remontada ante un candidato ao ascenso no caso dos combeses e xesta sen precedentes (puntuar no campo do líder, cousa que non fixera ninguén) no dos carballeses; o Soneira pagou a falta de puntería
Luis executa o gol de penalti do Sofán - Foto: SD Sofán
Xallas 2-1 Laracha
Gran remontada do Xallas - Foto: Xallas
Campo: A Fontenla
Xallas: Julián, Cristian, Luisito (Rubio, min. 65), Brais López, Martín Barreiro, Canedo, Doro, Fernando, Anxo (Tuñas, min. 83), Camilo (Danis, min. 89) e Marcos (Thiago, min. 90)
Laracha: Álex, Héctor, Pablo Domínguez (Iván, min. 65), Adrián, Roberto, Elmer, Alexandre, Rebolo, Miguel Taibo, Dani Bea (José, min. 72) e Souto
Árbitro: Rodríguez Penas (A Coruña). Amonestou a Brais López, Canedo e Rubio
Goles: 0-1 m.17 Miguel Taibo; 1-1 m.55 Doro; 2-1 m.86 Marcos
Remontada para mexar e non deixar gota
Empeza a ser difícil calcular o límite e a potencialidade do rendemento do Xallas, que comezou o ano como o acabou: con xeira de campión de liga. O cadro combés remontoulle o compromiso a un Laracha co que igualada a puntos na táboa e mira xa hacia os postos de ascenso a Terceira División. E iso que a cousa pintaba en bastos no inicio, tanto cun gol anulado a Anxo como a consecuencia do mesmo, cunha contra na que Souto tirou de desborde e cedeu para que Miguel Taibo se adiantase a Julián e puxera o 0-1. Non estaba a ser xusto o marcador cun equipo xalleiro que non toleou e que agardou á reanudación para adiantar líneas. E nisto que de paso apareceu o 'Xuvenil' Doro para facer ese plan perfecto. O 'tetraxenario' roubou un balón na saída do Laracha, avanzou ata o borde do área e sacou un remate imposible para Álex. Xa na recta final, e despois dun despliegue físico tremendo por parte dos dous, Marcos tirou unha acción de home de área, controlou de espaldas, xirouse e puxo o tanto dunha remontada para soñar.
Noia 2-2 Sofán
O líder non pudo co Sofán - Foto: SD Sofán
Campo: San Lázaro
Noia: Pajarillo, Rubén (Pablo m.62), Juanjo, Tachi, Dani Conde, John, Canabal, Tino, David Suárez (Toni m.68), Emilio e Manoliño (Xacobe m.74)
Sofán: Fedeyo, Sito, Iván Rey, Sera, Félix, Seo (Franchu m.84), Fabián, Eibe, Luis (Raúl m.88), Adrián (Mespollet m.60) e Quintela (Insua m.74)
Árbitro: Jiménez Jiménez (Ourense). Amonestou a Pajarillo, Emilio e Tino do Noia; Seo e Félix do Sofán
Goles: 1-0 m.24 Manoliño; 1-1 m.27 Fabián; 1-2 m.34 Luis, de penalti; 2-2 m.78 Emilio Carril
Líder en sorpresas
Espectacular o do debutante Sofán na Preferente, onde pechou a primeira volta cunha igualada no campo do líder intratable, o Noia. O cadro carballés converteuse no primeiro visitante en marchar con algo positivo do Barbanza, aínda que a piques estivo de ser o premio gordo. Cunha presión alta e moita intensidade, o conxunto de Josito deixou claro que non lle intimidaba a cita, e mesmo permitiuse dar o primeiro susto, nun roubo de Fabián con asistencia a Quintela e erro no man a man deste. pero o líder tirou de cualidades para tentar minimizar a sorpresa. Tino e David Suárez perdoaron o imperdoable, e finalmente apareceu Manoliño para tirar de recursos e facer o primeiro. Contra o que podería supoñerse, pareceu que o tanto supuxo un impulso máis para o Sofán, que en sete minutos tiña o encontro remontada. Primeiro, Fabián si aproveitou outro man a man con Pajarillo para igualar, mentres que pouco despois un penalti que Luis tivo que executar ata en dúas ocasións selaba a remontada momentanea. Supoñíase unha agobiada resistencia na reanudación, pero aínda que en posesión si foi un monólogo noiés non resultou tal en oportunidades. Só John avisou antes de que Emilio, cun disparo lonxano inapelable, igualase. O arreón final do Noia tampouco deixou excivas compricacións para un Sofán de matrícula de honra.
Arzúa 2-0 Soneira
Campo: Do Viso
Arzúa: Óscar, Guille (Iván m.70), Carril, Fenoy (Johny m.59), Oregón, Dani Méndez (Borja Casal m.63), Miguel, Enjamio, Diego, Joaquín (Santi m.70) e Álvaro (Damián m.80)
Soneira: Añón, Jota, Aarón, Mayor (De la Sierra m.85), Javi, Alberto Vía, Rubén Forján, Anxo, Pichi (Basti m.70), Sandelo (Dani Casal m.58) e Brais
Árbitro: González Fernández (Vigo). Amonestou a Mayor e Añón do Soneira
Goles: 1-0 m.8 Diego; 2-0 m.90 Santi
Inxusta bagaxe
Mereceu traer algo positivo o Soneira da súa visita a Arzúa, onde un xogadón de Diego ao pouco de comezar o encontro e outra acción de rexeites no área no epílogo deixaron sen premio algún aos vimiancesas. A que era a primeira visita de Víctor Pazos a un feudo de Preferente comezou moi hacia arriba, aínda que sen repercusión no plan inicial. Só a falta de puntería impediu que os costeiros replicasen o tanto inicial. Foi manifiesta a superioridade nunha reanudación con peso do partido o centro do campo formado polos Sandelo, Aarón, Mayor e compañía. Co equipo volcado, chegaría a sentencia.