Preferente: Sen tensión
Descansaba o Xallas StComba tralo parón de Pascua, pero é que a competición lingueira xa pouco interese ten para os euipos costeiros. 3 equipos que afrontan este longo treito de final de Liga (quedan 6 partidos) nunha cómoda posición, sen nada que xogarse máis que quedar o máis arriba posible.
Notouse en Vimianzo e mais en Páramo, onde o Soneira e o Dumbría acadaron sendos empates que os deixan practicamente como estaban, se ben o Soneira leva 7 xornadas sen perder, e o Dumbría, pola contra leva 5 sen gañar.
Soneira - Dubra (1-1)
- SONEIRA: Pichi, Iván Cerilla (Cristian, min.60), Richi (Fran de Urroa, min.70), Mayuyo, Maikel, Míchel, Mayor, Toni Fisterra (Óscar de Maema, min.40) (Víctor, min.80), Javi, Basti (Bibi, min.60).
- Goles: 0-1, min.5; 1-1, min.90: Mayuyo de cabeza nun córner botado por Fran de Urroa.
- Expulsión: o adestrador local Felipe Candamo.
Tivo que aparecer a cabeza de Mayu para salvar un punto ante o Dubra, a pesar de que o Soneira fixo moito máis para levar o partido. O central muradán mantén o seu acerto cara gol nas últimas tempadas ao parece non afectarlle o salto de categoría.
Foi un choque igualado, condicionado polo gol inicial dos vistitantes, que cederon o balón e o terreo de xogo e se meteron atrás. Basti e Mayor dispuxeron das mellores ocasións na primeira metade, e a entrada de Cristian aportou mobilidade na dianteira soneirá.
As lesións acaban co porteiro suplente Víctor como xogador de campo, pero o equipo seguiu intentando acadar o empate ata o pitido final.
O Paramo - Dumbría (1-1)
- DUMBRÍA: Juan Porrúa, David Carreira (Tantán, min.60), Pablo Vidal, Rud (Riki, min.77); Pablo Conde, Aarón López, Aarón Fdez., Dani Casal (Luís, min.46), Jesus (Isma, min.46), Piri (Iago Dosil, min.80), Iago.
- Goles: 0-1, min.60: Iago de penalti; 1-1, min.80.
- Expulsións: dous xogadores visitante no min.70 e no min.86.
Partido que tiña encarrilado o Dumbría, pero que finlamente, a pesar de acabar contra 9, se lle escapou. Foi un partido calmado, sen demasiados apuros nin moita tensión.
Comezou o Dumbría moito mellor, e aos 20 minutos unha falta de Iago pegaba no poste, o balón paseábase por diante da portería local e Piri, no rexeite, mandou ao corpo do porteiro. Antes do descanso o Dumbría volver ter unha boa ocasión pero o intento de despexe de cabeza dun defensa marchaba cara a escuadra pero o porterio salva cunha gran intervención.
Comezaba a segunda metade co gol de Iago de penalti. Quedaron con 10 os locais pero así e todo viñéronse arriba, marcaron o empate e mesmo lanzaron ao longueiro que puido significar a vitoria.
Máis información
Crónicas da semana
Novas relacionadas
- Un cadete fisterrán do Dumbría probará co Levante.
- Entrevista de David Castro con Miki Pose, un cabanés en Dumbría.
- Vídeoentrevista de Anxo Garrido aos irmáns Mato do Cabana.
- Alberto Pose: Xa está de volta a Champions League do fútbol modesto.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).