sábado. 09.11.2024
El tiempo

Preferente: Soneira e XSC seguen nunha liña mala mentres o Dumbría mantén o ritmo

Preferente: Soneira e XSC seguen nunha liña mala mentres o Dumbría mantén o ritmo

Mala xornada esta a número 20 para os equipos costeiros na Preferente. O Soneira afunde na táboa, o XSC segue ca súa xeira tan negativa, mentres que o Dumbría parece ser o único que safa da queima pero que non pasaba do empate en Narón.

Soneira - Sada (2-3)

Soneira-Sada-Foto-Oscar Basalo
  • SONEIRA: Víctor, Pichi (Fran de Urroa, min.68), Brais (Chans, min.68), Maikel, Mayuyo, Mayor, Baba, Richi, Riki (Leo, min.68), Javi e Basti.
  • Goles: 1-0, min.30: Riki; 1-1, min.35; 1-2, min.55; 2-2, min.90: Basti; 2-3, min.93.

Final de infarto que afunde ao Soneira no fondo da táboa. Os soneiráns afrontaban o partido ante un dos de arriba con moita cautela, e tras unha boa primeira media hora Riki adiantaba aos de Manolito. Empataba o cadro sadense, 4º na táboa, antes do descanso, e á volta marcaría o segundo. Pero non se viu abaixo o cadro local que aproveitou as dúas expulsións visitantes no treito final para empatar xa co tempo cumplido. Parecía que un puntiño ía quedar na casa, e non era mala colleita ante un dos de arriba, pero con 4 sobre os 90, un balón arriba era finiquitado ao fondo das mallas de Víctor coa correspondente decepción local.
Queda o Soneira con 12 puntos, xa a 8 do San Tirso, que marca a salvación tras 12 xornadas sen gañar.

Gal. Mugardos - Xallas StComba (3-2)

  • XSC: Pablo, Rubén Forján, Cristian (Iván Forján, min.75), Alberto, Héctor, Jonathan (Ismael, min.85), Marcos (Toño, min.65), Arnejo, Richi (Darío, min.55), Jesús e César.
  • Goles: 1-0, min.15: de penalti; 1-1, min.45: Jesús de cabeza a un córner; 2-1, min.60; 2-2, min.80: Arnejo tras un rexeite de un tiro de Darío; 3-2, min.83.

Chegaban igualados a puntos Mugardos e XSC pero con liñas distintas. E non cambiaron. O XSC mantén a súa mala xeira de 4 derrotas consecutivas, con só unha vitoria nos 10 últimos partidos. Así e todo a imaxe dos xalleiros foi positiva e quedaron sen premio pero merecían algo máis.

Ata en dúas ocasións empataba o partido o equipo de Julio Martínez. Jesús igualaba o choque xusto antes de ir ao descanso tras unha primeira metade de dominio local. Tiña Arnejo que recuperar tamén a vantaxe que collera na segunda o Mugardos, pero o empate só duraría 3 minutos no marcador, vendo como a falta de 7 o cadro ferrolán facía o gol da vitoria.

Narón - Dumbría (0-0)

  • DUMBRÍA: Julián, Jose, Oscarín, Iago, Pablo Conde, Aarón López, Jesús, Doro, Jota, Luisito, Pablo Muíño. Tamén xogaron: Rivi, Adrián Nieto, Dani e Rudi.

Varias ocasións tivo o Dumbría para romper a igualada. Jota avisaba aos 10 minutos, e Luisito aos 20 pero o porteiro respondía a ambos tiros. O cadro local apenas probaron a Julián unha vez e dende lonxe.
Sen embargo, na segunda estirouse o cadro ferrolán, creando moito perigo sobre todo a balón parado. Mandaron un balón ao pau e Oscarín tivo que sacar na liña de gol outro balón. Rivi, que saía na segunda para dar osíxeno, a piques estivo de rematar un disparo de Adrián Nieto que saía lambendo o pau, e ademais o colexiado anulaba, ante as protestas visitantes, un gol de Doro, que puido valer 3 puntazos.

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

Comentarios