sábado. 15.03.2025
El tiempo

Preferente: Vasos comunicantes

Preferente: Vasos comunicantes
Parecen poñerse de acordo os representantes costeiros, que despois dunha semana cun só empate de bagaxe fixeron un pleno que reabre o concepto de esperanza nas diferentes loitas clasificatorias Miguel Taibo protestou un gol anulado - Foto: SD Sofán Laracha 1-2 Sofán Dani Bea, sempre un incordoio para as defensas rivais - Foto: SD Sofán Campo: Municipal de Laracha Laracha: Álex López, Héctor, Pablo Domínguez, Roberto, Rebollo, Miguel (Adrián Bouza m.77), Rebolo (Elmer m.60), Patiño, Alexandre (Alberto m.85), Dani Bea e Miguel Taibo Sofán: David Pena, Sito, Sera, Félix, Iván Rey, Seo, Álex Figueiras (Mespollet m.89), Eibe (Adrián García m.67), Franchu (Rubén m.85), Fabián, Luis (Dourado m.89) Árbitro: Rama Cotelo (A Coruña). Amonestou a Miguel Taibo, do Laracha Goles: 0-1 m.2 Fabián; 1-1 m.10 Dani Bea; 1-2 m.81 Adrián García Histórica conquista O Sofán levou de novo un derbi ante un veciño, esta vez no campo dun Laracha onde ata non hai moito os socios da SD acudían a ver fútbol de categorías superiores. Foi un partido sufrido, pelexado e co suspense e igualdade propias dun derbi. A ilusión que desprenden os carballeses en cada partido deu non arranque espectacular, con gol madrugador de Fabián, tras aproveitar un pase en profundidade e resolver con moitísima clase ante Álex. E a piques estivo de ser máis sorprendente o inicio, con Luis perdoando ante o meta locatario. Aínda non se chegara ao minuto dez cando cando un exdeportivista como Dani Bea igualaba tras superar a David Pena. O gardamallas da canteira cubriu á perfección a baixa Fedeyo. Nun trasfondo de claro centrocampismo e de poucas chegadas ao área o derbi acabou por meterse na segunda metade. Medrou e deu un paso adiante o Sofán. A máis riscos, máis desnudez, e a piques estivo de pagar a súa valentía nun disparo alto de Alexandre e nunha acción na que David Pena lle ganaba a partida a Dai Bea. Entendeu Josito que o mellor plan pasaba polo contragolpe, e aí sí que comezaron a darse accións para a sorpresa, que finalmente chegaría nun pase de Luis a Adrián García, que a bala vermella convertía en asistencia de gol ao resolver con moita clase. A sorpresa parece que xa non o era tanto. Soneira 1-0 Atlético Arteixo Campo: Municipal de Vimianzo Soneira: Anxo, Darío, Jota, Aarón Fernández, Mayor, Óscar de Maema (Oscarín, m.85), Basti (Dani Casal ,-65), Javi, Rubén Forján, Vía (Iago, m.89) e Brais. Atlético Arteixo: Lestón, Pablo Vigo, Gabriel, Geri (Santi m.28), Denis (Vituco, m.69), Nano, Pesco, Pupo (Otero m.84), Novelle (Mauro m.66), Chote e Tomás Árbitro: García Gómez (A Coruña). Amonestou a Brais Mouzo do Soneira; Pablo Vigo e Novelle do Arteixo Gol: 1-0 m.88 Aarón Aarón invita a unha rolda de esperanza Fundamental triunfo do Soneira ante un Atlético Arteixo que sempre é unha visita grata polo Municipal, extradeportivamente falando. Os das Mariñas presentaron a tres ex moi queridos pola Costa: Mauro, Santi e Vituco, e casualmente todos eles foron reservas. Como era máis que de agardar, non asumía unha tendencia suicida o equipo de Víctor Pazos, ante un rival que prefire controlar a bola e dominar os tempos dos partidos. E precisamente iso sucedeu, o que non quere dicir que as ocasións precisamente fosen visitantes. Coma se dun partido de tenis se tratase, cada bola de perigo metida polo Arteixo tiña un 'resto' aínda máis contundente. Nano marrou as dúas primeiras dos visitantes, mentres que Javi, moi activo no día de onte, mandou outros tantos remates seus a probar a resistencia dos paus municipais. Estes serían de novo protagonistas na prolongación, ao repeler a execución dun penalti de Mayor. A inofensiva superioridade coa bola do Atlétixo Arteixo mantívose despois do descanso, e incluso a aparición de ameazas de gol decreceu notablemente. Non así no caso dos costeiros, que cantarían o cuarto 'uy' da tarde nunha acción de área de Basti, que tras superar a Lestón lamentaba como un defensa lle sacaba a pelota baixo paus. A fortuna finalmente non lle daría as costas aos soneiráns, que atoparían xustiza a falta de dous minutos, nun córner perfectamente rematado polo muradán Aarón. Bertamiráns 0-3 Xallas Campo: Municipal Bertamiráns: Berto Fernández; Saúl, Kevin, Coqui, Borja (Uxío, min. 64); Munín; Alvite (Adrián Rial, min. 57), Adán, Íñigo (Cea, min. 75), Calderón (Agustín, min. 75); e Berto Rial (Diego Vidal, min. 70). Xallas: Julián; Cristian, Martín Barreiro, Brais López, Rubio; Canedo; Marcos (Kevin, min. 75), Jesús (Anxo, min. 80), Doro, Luisito (Tuñas, min. 86); e Álex Blanco (Róber Pladur, min. 64) Árbitro: Montero Piñeiro (Lugo). Amonestou a Adan, Coqui e Berto Rial do Bertamiráns; Julián e Álex Blanco do Xallas Goles: 0-1 m.12 Marcos; 0-2 m.55 Doro; 0-3 m.68 Róber Pladur Están de volta Tras dúas semanas irrecoñecibles por parte do que era equipo en mellor forma da liga, todo regresou a esa marabillosa normalidade no Xallas, vencedor na súa visita a Bertamiráns e así tamén colaborador directo para un Soneira que queda a un punto dos santiagueses. Curiosamente, o exconxunto de Terceira División aínda non sabe o que é vencer no seu propio feudo este curso. Entrou con moito oficio e seriedade o cadro de Santa Comba, que acadaría premio moi cedo, tras un centro de Álex Blanco para Marcos que atacante empalmou a gol coa axuda de Berto Domínguez. Non houbo demasiado más nas áreas e si unha moi traballada resistencia por parte visitante. Despois dun inicio de acto moito máis movido polas dúas partes, o de sempre sería o que xa prácticamente decidira que o espectáculo acabara. Álex Blanco e Doro fabricaron a acción, e o home do eterno brazalete disparou a gol desde fóra do área. Un remate raso de Róber Pladur serviu para compretar un encontro case perfecto por parte do Xallas, e que foi moi agradecido en moitos outros campos.

Comentarios