Preferente: Xogo de Tronos no castelo Irmandiño

14:23 17/10/16
Soneira e Sofán desputaron un derbi precioso, no que quedou novamente de manifesto a súa igualdade; o Xallas, ademáis, chegou a sete puntos de nove na semana e confirmou o seu gran momento
Iván Rey e Alberto Vía porfían por unha bola no partido de Vimianzo - Foto: SD Sofán
Soneira 1-1 Sofán
Brais Mouzo volveu cumprir en calquera lado do campo - Foto: SD Sofán
Campo: Municipal de Vimianzo
Soneira: Josiño, Darío, Brais Mouzo, Aaron, Jota, De la Sierra (Mayor m.65), Sandelo, Pichi, Javi, Via Rápida e Basti (Oscar m.66)
Sofán: Dani Varela, Iván Rey, Sera, Rubén (Raul m.46), Felix, Brais (Franchu m.68), Fabián, Jacobo Eibe (Luis m.46), Iván Rojo (Alex Figueiras m.79), David Mespollet e Quintela
Árbitro: Otero Varela (A Coruña). Amonestou a Javi, Jota, Dani Casal e Rubén Forján do Soneira; Félix, Luis e Fabián do Sofán
Goles: 1-0 m.15 Pichi; 1-1 m.33 Quintela
Vimianzo foi Poniente
Espectacular, intenso e cada vez máis incerto. Non están os Lannister nin os Star, pero así é debuxo dun Soneira-Sofán a día de hoxe, un derbi en toda regla, onde os dous reviviron a loita polo título de liga en Primeira Galega de hai só uns meses. Non faltou nin o primeiro dos ingredientes: ocasións erradas, polémica e un ambiente á altura. O campión do ano pasado foi o que dominou, e moi claramente, durante un tramo inicial no que Javi avisou e o 'urroán' do ano, Pichi, volveu ver porta. Superou a Fedeyo nun balón morto e prolongou un matrimonio co gol que lle convirte case na fichaxe do ano no Municipal. Parecía necesitar ese baño, tamén de auga fría, un Sofán que si apareceu unha vez en desvantaxe. Brais tamén puxo o 'uy', e Quintela, nun bo remate, o gol. Veuse sorprendido o Soneira, que o levara ata con comodidade ata entón, e que a piques estivo de firmar o segundo nunha falta de Vía con resposta felina de Fedeyo. Foi moito máis directa unha reanudación con idas e voltas e na que o Soneira estrelouse, esta vez nos paus. Vía e Pichi estiveron moi preto nun par de grandes contras. E cando o epílogo apuntaba xa a igualada, Raúl case revienta a banca cun remate de cabeza que bateu no pau e na liña de gol.
Xallas 2-2 Paiosaco
O Xallas toleu co igualada final - Foto: Xallas
Campo: A Fontenla
Xallas: Julián, Cristian (Rubio m.71), Luisinho, Brais (Rachón m.78), Martín Barreiro, Canedo, Doro, Fernando, Anxo (Róber Pladur m.65) Kevin (Camilo m.74) e Marquiños
Paiosaco: Rama, David Castro (Ventola m.56), Zalo (Christian Iriso m.74), Sergio, Pablo, Javi Fuentes, Juanma, Aythami (Bam Bam m.63), Diego Lois, Iván Amor e Manja (Porty m.73)
Árbitro: Miñán Fernández (A Coruña). Expulsou a Sergio, do Paiosaco (m.90)
Goles: 1-0 m.12 Kevin; 1-1 m.41 Juanma; 1-2 m.71 Manja; 2-2 m.82 Luisinho
Este Luisinho tamén as monta
O nome de Luisinho ten soado para ben e menos ben últimamente no fútbol da provincia. Pero o sábado nin foi no Camp Nou nin por motivos extradeportivos. O xalleiro igualou un partido que os seus tiñan perdido ante o Paiosaco e mantivo as boas sensacións que arrastran últimamente os combeses. De feito, entráronlle de ti a ti a un sorprendido Paiosaco, que sufriu de inicio e veu como Kevin, tras unha combinación entre Marquiños e Doro, facía o primeiro. Non foi quen de manter o ritmo constante o Xallas, que antes do descanso concedía o empate nunha acción maxistral de Juanma. O equipo grande exerceu como tal nunha reanudación na que controlou, aínda que sen agobiar. Pero a que tivo meteuna. Manja aproveitou un rexeite no área para facer o segundo. O do Ventorrillo foi dos máis activos dos seus. E cando parecía que a lonxa pechaba, apareceu Luisinho. Primeiro para roubar, logo para combinar con Pladur e finalmente para resolver ante Rama. Son sete puntos de nove nunha semana máis que positiva en Santa Comba.


