Presentada de forma oficial a nova sección de Ciclismo do C.F. Dumbría
O Clube Ciclismo Dumbría xa ten nome. O pasado sábado o club presidido por José Manuel Pequeño, puña en marcha unha proposta arriscada, pero ó mesmo tempo atractiva e moi necesitada na comarca coma é unha escola de ciclismo.
A dita presentación acudiron o Presidente da Federación Galega de ciclismo, D. Manuel Tallón e o Vicepresidente Sabino, que deixaron unha grata impresión e gañas de apostar por Dumbría e toda a Costa da Morte.
Por parte do clube, o Presidente José Manuel Pequeño aproveitou a ocasión para presentar ao adestrador do club Vicente Formoso “Triky”, que no seu discurso pediu a colaboración de todos para afrontar este difícil reto. A mesa completabana o Concelleiro de deportes do Concello, José Castiñeira, un dos promotores do proxecto, e o ex ciclista profesional Suso Blanco Villar, que destacou a calidade das instalacións do Conco e as grandes características do noso Municipio para este deporte.
Inscricións nas Escolas de Ciclismo
Cómpre sinalar que xa está aberto o prazo para inscribirse nas escolas deportivas de ciclismo, a idade minima son 8 anos. O clube participará na vindeira tempada a competir nas competicións organizadas pola Federación Galega de ciclismo. Casi con total seguridade unha destas probas celebrarase en Dumbría.
Novas relacionadas
- Nace o Clube Ciclista Dumbría.
- I Ruta BTT Dumbría: As bicicletas tomaron os montes de Dumbría.
- O ciclismo, unha afección en auxe na Costa da Morte.
- Por un carril bici que una Cee e Corcubión .
Máis novas
Fonte
- Nota de prensa do CDM Dumbría da man de César Ferrío.