Venres. 26.04.2024
El tiempo

Novos palistas dumbrieses aspiran a entrar no Centro de Tecnificación Deportiva de Galicia

Novos palistas dumbrieses aspiran a entrar no Centro de Tecnificación Deportiva de Galicia

Impresionante o traballo en materia deportiva da familia dumbriesa. Se onte coñeciamos a nova aposta do clube polo ciclismo, hoxe xa nos sumerximos nunha nova fin de semana de intensa competición náutica.
I é que o CDM Piragüismo Dumbría ten varias frontes abertas para estes días, con competición no Canal Olímpico de Seu d´Urgell, e con outros dous palistas seleccionados para facer as probas de ingreso no Centro de Tecnificación de Pontevedra.

Descenso en Cataluña

Polo que á competicion se refire, dous palistas, Aarón Rei e Marco Oreiro representarán o clube dumbriés competindo en K1 i en C1 respectivamente. Durante esta semana xa permaneceron concentrados en La Seu xunto con toda a espedición galega, posto que simultaneamente se celebra o Campeonato de España por Autonomías.

Profesionalizándose

Por outro lado, esta fin de semana Xabier Trigo e Iago Canosa terán que acudir a Pontevedra para realizar as probas de ingreso no Centro Galego de Tecnificación Deportiva en Pontevedra. De pasaren as probas, permanecerían en concentración permanente traballando con outros deportistas de alto nivel, coma David Cal, Teresa Portela en Piragüismo, ou por exemplo Gómez Noia en Triatlom.
O CDM Piragüismo Dumbría xa ten un deportista integrado neste centro, o canoista Marco Oreiro.

Escola de Piragüismo para este verán

Ademáis, o CDM Piragüismo Dumbría está ultimando a organización en colaboración con diversos concellos da comarca de Escolas de Piragüismo para este verán, co que iso conleva de proxección comarcal dunha modalidade deportiva olímpica tan atractiva coma o Piragüismo de Augas Bravas. En breve poderemos confirmar, ademais de en Dumbría, en que concellos se poderá practicar Piragüismo este verán.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do CDM Dumbría, da man de Quique Portela.

Comentarios