mércores. 30.04.2025
El tiempo

1ª Autonómica: O tren pola beira do Miño

1ª Autonómica: O tren pola beira do Miño
Os de Ferrolterra serán o rival do Sofán na histórica promoción de ascenso a Preferente Autonómica. A permanencia do Outes dependerá, en boa medida, do ascenso do cadro carballés O Sofán celebrou a súa histórica clasificación para a Fase de Ascenso á Preferente O Sofán celebrou a súa histórica clasificación para a Fase de Ascenso á Preferente A Clínica de Fisioterapia Vértebra e a Podóloga Alicia Novás, de Baio, patrocinan a 1ª Autonómica. Pincha e coñéceas en www.vertebrabaio.com A Clínica de Fisioterapia Vértebra e a Podóloga Alicia Novás, de Baio, patrocinan a 1ª Autonómica. Pincha e coñéceas en www.vertebrabaio.com Sigüeiro 0-0 Sofán
  • Campo: Lino Balado
  • Sigüeiro: Aitor, Borja (Paz m.46), Fernando, David, Sergio, Gago, Albor (Jaco m.60), Juanito, Jess (Maroño m.65), Lucas (Fran m.69) e Oscarín (Ismael m.56)
  • Sofán: David Insua, Ceide, Adrián (Rubén m.82), Álex Varela, Felix (Javi Souto m.35), Felipe, Martín  (Seo m.65), Franchu, Raúl (Xuco m.46), Alex Pri e Insua
  • Árbitro: Losas Otero (Santiago).
A dúas citas da historia Aguantou o Sofán na súa difícil visita a Sigüeiro, onde o público carballés era maioría. Agarda o descoñecido pero moi traicioeiro Miño, só superado polo Betanzos na súa liga. Onte, os vermellos tiveron no meta David Insua a un dos seus mellores homes, e realizaron un exercicio de estoicismo e sufrimento para aguantar a hora e media máis determinante da súa historia. Co paso dos minutos incluso houbo algunha opción de cara á meta rival. Esta noite será o sorteo da orde de campos. Os carballeses aguantaron ante un gran rival - Foto: SD Sofán Os carballeses aguantaron ante un gran rival - Foto: SD Sofán Os santiagueses ata hai pouco foron candidatos ao ascenso - Foto: SD Sofán Os santiagueses ata hai pouco foron candidatos ao ascenso - Foto: SD Sofán O Sofán supo sufrir en Sigüeiro - Foto: SD Sofán O Sofán supo sufrir en Sigüeiro - Foto: SD Sofán   Malpica 3-4 Corme
  • Campo: A Pedra Queimada
  • Malpica: Ángel; Alejandro Marquez, (Dímaga m.45), Alberto Marquez. Casais, Lolo, (Rubén m.50), Eloi Vilas, Petís, (Víctor m.81), Migueliño, Charro, Jaco, Carlos Mallo
  • Corme: Illote, (Suso m.45); Brais Torrado, Diego, Pandi, Jesús, Sergio Sueiro, (Alejandro m.39), Eloi, Adrián Doldán (Ángel m.80), Alejo, Lucas, Toniño, (Manu Bermúdez m.69)
  • Árbitro: Recarey Añón (A Coruña).
  • Goles: 0-1 m.6 Alejo; 0-2 m.11 Alejo; 0-3 m.23 Toniño; 1-3 m.48 Migueliño; 1-4 m.65 Alejo; 2-4 m.74 Charro; 3-4 m.90 Charro
Un derbi con certa tristeza Non había nada en xogo entre Malpica e Corme, que se non cambian moito as cousas volverán verse as caras a vindeira tempada na Liga da Costa. Pareceu volver o Alejo dos seus mellores tempos, con tres goles no partido e un óptimo aproveitamento dos espazos. Un pase de Lucas e outra boa acción de Adrián Doldán permitirínolle poñer terra de por medio, ao igual que á calidade de Toniño. Cando o partido parecía decidido apareceu a versión máis competitiva do Malpica, que a través de Charro recurtou distancias.   Baio 0-4 Outes
  • Campo: Platas Reinoso
  • Baio: Álvaro, Luis Alvite, Porto (Senande m.79), Norberto, Fachal, Christian, Iván, Castro, Ramón, Saleta (Eloy m.76) e Couto
  • Outes: Mosto, Borja, Chúa, Maroñas, Dani Corniños, Chía (Babu m.89), David, Martín, Mario (Jura m.67), Eli (Álvaro m.89) e Quim (Jorge m.83)
  • Árbitro: Castreje Ferrío (A Coruña).
  • Goles: 0-1 m.13 Chía; 0-2 m.19 Eli; 0-3 m.26 Quim; 0-4 m.64 Chía
Superioridade outiense Un posto na táboa clasificatoria foi quen de escalar un Outes superior ao Baio, e que á media hora tiña o encontro resolto. Un disparo de Chía desde fóra do área, unha volea de Eli e a resolución dun balón morto por partte de Quim deixaban a papeleta feita para os de Manu de Roque. Medraron os locais na reanudación, pero Chía mataba o choque aos vinte minutos. Os locais tentaron que se suspendera a cita, pois estaban de luto pola morte da nai do presidente Chema, pero o ente federativo non accedeu.   Flavia 3-0 Soneira
  • Campo: O Souto
  • Flavia: Cristian, Jacinto, Esparís, Rocha, David, Arufe, Salva, Kevin (Bruno m.86), Roberto, Manu (Damián m.69), Brais e Álex
  • Soneira: Anxo (Jose m.79), Brais Mouzo, Maikel, Alberto, Aarón, Jota, Óscar de Maema (De la Sierra m.52), Richi, Basti, Mario e Figueroa
  • Árbitro: Casal Barreiro (A Coruña).
  • Goles: 1-0 m.48 Kevin; 2-0 m.81 Damián; 3-0 m.85 Roberto
O campión xa fixera todo Non foi a de Padrón a mellor versión do Soneira, pero os vimianceses non se xogaban nada. Despois dunha moi digna primeira metade, a maior necesidade dos locais, que precisaban dunha derrota do Sofán, decantou a cita. Kevin abriu o partido á volta de vestiarios e desde aí faltoulle profundidade aos costeiros.  

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

  • Guillermo Parga (guillermoparga@quepasanacosta.com).

Comentarios