Domingo. 13.10.2024
El tiempo

1ª Autonómica: Ponse guapo para a foto de campión

1ª Autonómica: Ponse guapo para a foto de campión
Unha semana vai estar o Soneira pelando a pava para festexar matematicamente o ascenso a Preferente Autonómica; a final co Unión resultou un exercicio de madurez envexable para calquera rival... e mentres o Sofán apunta a sumarse á festa. Todos os campos gardaron un minuto de silencio polo mozo falecido a pasada semana na Coruña, xogador do Agolada, que provocaba ademais a suspensión do partido do Outes alí. O Soneira manexou os tempos á perfección - Foto: SD Soneira Minuto de silencio no Municipal de Vimianzo - Foto: SD Soneira A Clínica de Fisioterapia Vértebra e a Podóloga Alicia Novás, de Baio, patrocinan a 1ª Autonómica. Pincha e coñéceas en www.vertebrabaio.com A Clínica de Fisioterapia Vértebra e a Podóloga Alicia Novás, de Baio, patrocinan a 1ª Autonómica. Pincha e coñéceas en www.vertebrabaio.com Soneira 2-1 Unión de Asados
  • Campo: Municipal de Vimianzo
  • Soneira: Anxo, Figueroa, Brais Mouzo (Fran de Urroa m.81), Jota, Aarón, Mayor (Maikel m.78), De la Sierra, Richi, Basti (Nazo m.75), Javi e Mario (Alberto m.87)
  • Unión: Miguel Ángel, Pablo, Víctor (Albino m.76), Pouso, Mauro, Carlos Mos (Óscar m.88), Sergio (Ángel m.83), Andrés, Santi, Nieto (Walter m.62) e Manoliño
  • Árbitro: González Santos (A Coruña). Amonestou a Anxo, Figueroa e Alberto do Soneira; Andrés, Víctor e Manoliño do Unión
  • Goles: 0-1 m.2 Pouso; 1-1 m.23 Mayor; 2-1 m.37 Richi
O ceo tómase por asalto… irmandiño Un líder que sabe sufrir é aínda máis grande. O Soneira foi quen de repoñerse no partido decisivo da tempada a un mazazo de benvida en forma de gol visitante (firmado pola orfebrería do pichichi Manoliño). O factor necesidade convertía en match ball o choque para os visitantes, e nese xogo mental aos de Vimianzo hai poucos que lle sepan bailar. Bastou un libre directo para que Mayor tirase de libreto e firmase un gol para videoteca. A batalla psicolóxica xa era costeira, e máis cando pouco despois Richi aproveitaba para executar unha prancha mellor que a do seu restaurante e cabecear a gol o 2-1 da remontada. Non ía nin medio partido e daba a sensación de ter sucedido un mundo. Era para madurar un segundo acto cos visitantes lanzando a desesperada e os locais sendo pacientes e tendo saídas para sentenciar. Agora, con pegarlle a puntiña final en Malpica o subidón está asegurado para a festa da 'soneiradidade'.   Sofán 2-0 Baio O Baio tardou en atoparlle o punto ao Carral - Foto: SD Sofán O Baio tardou en atoparlle o punto ao Carral - Foto: SD Sofán Posado do plantel Sénior coas categorías inferiores - Foto: SD Sofán Posado do plantel Sénior coas categorías inferiores - Foto: SD Sofán
  • Campo: O Carral
  • Sofán: David Insua, Sito, Adrián, Rubén, Javi Souto, Felipe, Brais (Xuco m.83), Ivan Rey (Seo m.78), Luis, Raúl (Álex Varela m.88) e Javi Doldán (Insua m.80)
  • Baio: Pablo, Fachal, Luis Alvite (Brandon m.70), Porto, Mario, Martín (Rubio m.59), Peque (Ramón m.82), Moreno, Cristian (Souto m.72), Luis e Iago Couto
  • Árbitro: Rodríguez Penas (A Coruña). Amonestou a Brais e Luis do Sofán; Luis Alvite, Fachal e Peque do Baio
  • Goles: 1-0 m.1 Iván Rey; 2-0 m.18 Raúl
Unha vía rápida ao ascenso Un Sofán que viña co turbo posto necesitou só dos primeiros minutos para adiantar ao Baio pola esquerda e situarse na primeira liña da parrilla do ascenso a Preferente. Os carballeses leron mellor o encontro e aproveitaron un regalo defensivo para poñerse por diante nada máis comezar. Quince minutos despois o punta Raúl deixou un mar de tranquilidade e unha vantaxe para administrar fronte á proposta visitante. O Baio buscouno pola vía asociativa, algo difícil no peculiar O Carral.
Imaxe do Sofan-Baio-Foto-SD Imaxe do Sofan-Baio-Foto-SD   Palmeira 3-3 Malpica
  • Campo: A Fieiteira
  • Palmeira: Iván; Amador, Millán, Jorge, Brión, Antonio, Vayrón, Óscar, Torres, Chema e Gonzalo
  • Malpica: Ángel; Dímaga, Carlos Mallo, Roi Carril, Lolo; Alberto Marquez, Eloi Vilas, Migueliño, Jaco, Cololo e Petís
  • Árbitro: Rosende Porto (Santiago).
  • Goles: 1-0 m.15 Chema; 1-1 m.19 Roi Carril; 2-1 m.22 Antonio, de penalti; 2-2 m.29 Cololo; 3-2 m.70 Manu Millán; 3-3 m.89 Cololo, de penalti
Moito orgullo en Ribeira Nun campo non habitual para o Palmeira, o Malpica sumou a súa segunda semana seguida en positivo, o que confirma a competitividade dos bergantiñáns a pesares das dificultades. Novamente Cololo volveu ser chave en ataque.   Corme 0-1 Lesende Corme-Lesende-Foto-Fin Lema Corme-Lesende-Foto-Fin Lema
  • Campo: O Cairo
  • Corme: Susiño, Diego (Álex m.71), Brais, Adrián (Jose m.74), Jesús (Joshua m.86), Sergio, Juan Chans, Adrián Doldán, Toniño, Lucas e Eloy (Alejo m.62)
  • Lesende: Veni, Jorge, Carlos, Teo, Rubén, Roberto (Adan m.66), Fran, Alberto, Fernando (Adrián Sueiro m.88), Borja (Dani Queiro m.81) e Brais (César m,81)
  • Árbitro: Cuesta Arribas (A Coruña).
  • Gol: 0-1 m.23 Carlos
Un muro no Cairo O Iniesta do Futbol da Costa no Corme-Lesende-Foto-Fin Lema O Iniesta do Futbol da Costa no Corme-Lesende-Foto-Fin Lema Non mereceu o Corme irse sen premio do seu enfrontamento cun Lesende ben prantado, pero que non acosou demasiado a portería de Susiño. O tanto de Carlos no ecuador do primeiro acto puxo demasiado nerviosismo nos futbolistas locais, que botaron en falta a algún dos seus homes máis experimentados, como Miguel Torrado ou Alejandro. No segundo acto, e contrarreloxo, pudo marcar calquera dos dous equipos.  

Novas relacionadas

Máisinformación

Fonte

Comentarios