Martes. 17.09.2024
El tiempo

Primeira: Flores, ovos e gafes

Primeira: Flores, ovos e gafes
Da xeira que parece imposible de curtar do Dumbría á man salvadora dun Joselu que sostivo a un Fisterra con dous balóns ben postos na entreperna... pasando pola mala sorte do Zas na casa ante o Puebla; a Primeira para a Costa sempre está chea de emocións Houbo o tradicional selfie de celebración por parte da familia do Dumbría - Foto: Iago Castro A tenda Máis Deporte, en Cee, patrocina as Ligas de Xuvenís. Pincha e coñécenos a través do noso Facebook A tenda Máis Deporte, en Cee, patrocina as Ligas de Xuvenís. Pincha e coñécenos a través do noso Facebook
Outes 0-2 Dumbría Campo: O Cunchido Outes: Xandre, Maroñas, Chía, Dani Corniños, Martín, Mario, Quim, Yago Dosil, Elías, Cutu e Jura (Babu m.81) Dumbría: Iván Bouzón, Jose, Raúl, David Carreira, Iago, Adrián (Charly m.78), Rivi, Soule (Pablo Conde m.84), Darío Capelo e Cristian (Manu m.60) Árbitro: Botana Rey (Santiago). Amonestou a Jose e Darío Capelo, do Dumbría Goles: 0-1 m.68 Adrián; 0-2 m.75 Darío Capelo Vencer por dinámica Acadou tres puntos máis o Dumbría, a costa dun Outes que seguramente noutras circunstancias e contra calquera outro rival tería polo menos rescatado un punto. Pero a xeira do líder abarca a tódolos aspectos positivos posibles, desde a efectividade á capacidade de sacar adiante compromisos que o noventa por cen dos rivais terían perdido. Sirven como boton dúas accións do primeiro acto: un disparo ao longueiro de Cutu e unha acción na que Chía, en boca de gol, parecía exercer coma central do Dumbría e non atacante do seu equipo, ao sacar o esférico na mesma línea. E como a un rival así perdoarlle e sinónimo de suicidio, xa no segundo acto Quim cometía un penalti inocente como claro sobre Darío Capelo e dáballe a Adrián a opción de aumentar a súa bagaxe goleadora. E este non perdonaría. Xa en vantaxe, Iván Bouzón foi un garante para a estabilidade dumbriesa, así como un novo erro local. Esta vez era o muradán Dani Corniños o que cedía atrás e deixaba solo a Darío Capelo, que resolvía con clase non man a man. A mellor lectura para o Outes ten que pasar pola capacidade de tutear ao mellor conxunto da categoría. Sporting Zas 0-3 Puebla O Zas non pudo co Puebla - Foto: Sporting Zas Campo: San Andrés Sporting Zas: Noé, Javi, Manu, Nolito, Lagoa (Fabián m.75), Pablo (Anxo m.65), Rubio, Josito, Dani, Diego e Chapela Puebla: Juan, Chiru, Ale (Rubén m.80), Carlos Mos, Pablo, Moure (Jony m.86), Pilos, Viturro (Campay m.75), Vicente (Espi m.61), Sergio e Lars Árbitro: Añón Salgueiro (A Coruña). Amonestou a Nolito, Lagoa, Rubio, Dani e Chapela do Sporting Zas; Moure, Jony, Vicente e Lars do Puebla Goles: 0-1 m.23 Viturro; 0-2 m.74 Viturro; 0-3 m.85 Rubén Ver para crer Impensable resultado para o Sporting Zas contra un Puebla que non fixo méritos para tan contundente resultado. Os de Pablo Mallón tiveron momentos de dominio e foron mellores durante moitas fases do encontro, incluso con oportunidades para poñerse por diante. Chapela marrou dúas veces ante o meta Juan, e nas dúas con vaselinas fallidas. Unha delas batería longueiro e marcharía fóra. Un dos homes da categoría que mellor se manexa en distancias curtas, Viturro, pegaría o primeiro mazazo en forma de gol, ao prolongar un saque de falta lateral como acostumaba en Santa Lucía, antiguo feudo do Unión de Asados. Xa no segundo acto, Dani, marrando sen porteiro rival, evidenciaba que non era o día dun Sporting que encaixaría o segundo nun balón morto no área. Rubén finiquitou contra o final. Atlético Riveira 1-2 Fisterra Campo: A Fieiteira Atlético Riveira: Ezequiel, Marcos, Esteban (Javi Pelos m.50), Jose Ángel, Jose Manuel, Fran, Lloyd, Madiop, Toni, Ronaldinho Little (Pedro m.81) e Adam (Miguel Ángel m.61) Fisterra: Joselu, Dani Rubia, Fabián, Abel (Robertín m.82), Adri, Álex (Piti m.65), Champi, Jesús (Bruno m.55), Isma Leis, Roco e Cote (Tati m.23) Árbitro: Villaverde Mogo (Santiago). Expulsou a Toni do Riveira (m.81) e a Bruno do Fisterra (m.82). Amonestou a Miguel Ángel, Madiop do Riveira; Cote, Adri, Bruno, Robertín e Isma Leis do Fisterra Goles: 0-1 m.51 Jesús; 1-1 m.77 Madiop, de penalti; 1-2 m.80 Adri Os ovos de ouro e o gato de Mallas Un Fisterra que chegou ao partido cun coche de menos (este arribaría máis tarde) e que tivo que modificar os seus plans, sacou unha nova vitoria a domicilio. Os verdes foron quen de sobrepoñerse a dous penaltis en contra e tiveron na figura de Joselu, o meta de Mallas, ao seu salvador. A variación do esquema planeado fixo que durante o primeiro acto os verdes contemporizaran, ante un rival moi cambiado e con incorporacións coma Javi Pelos (ex do Muros) ou o dúo que xa coincidira no Noia Lloyd-Ronaldinho Little. Estivo moi segura a zaga, mentres que o ataque respostaría na reanudación. Jesús controlou un balón no área e rematou cruzado coa esquerda a gol. Era a guinda a un partido serio dun Fisterra que sen embargo sufriría un inquedante empate a pouco do final. Un discutido derribo de Piti provocou un penalti no que Madiop non perdoaría. Pero. cousas dos equipos que están de flor (non só Zidane a ten), un centro de Isma Leis só un minuto despois foi dar á cabeza de Adri, que remataba ao fondo da rede. A resistencia fisterrán foi cun par de ovos e a clarividencia de Joselu, sobresaínte toda a tarde, e que acabaría por deter un penalti cometido por Robertín no tempo de prolongación.

Comentarios