1ª Galega: Cando ao teu rival vexas atacar, saca as pelotas a pasear
14:42 21/11/16
Un mermadísimo Fisterra igualou a base de resistencia na Pobra; Alfredo Cambeiro estreouse ao frente do Outes pasando dun 0-3 adverso ao 3-3 e o Dumbría solventou o seu peor encontro tamén von vitoria
O Zas mereceu máis ante o Flavia - Foto: Sporting Zas
A tenda Máis Deporte, en Cee, patrocina as Ligas de Xuvenís. Pincha e coñécenos a través do noso Facebook
Dumbría 2-0 Val do Ulla Campo: O Conco Dumbría: Iván Bouzón, Jose (Charly m.84), Raúl, David Carreira, Iago, Adrián, Rivi, Rubén Márquez (Cristian m.67), Diego Cespón, Darío Capelo (Pablo Conde m.90) e Aarón Val do Ulla: Jorge, Martín, Orosa, Cristian, Jacobo, Matthew, Gonzalo, Neira (Fariñas m.83), Álex López, Sebas (Javi m.62) e Alberto Árbitro: Regos Martínez (A Coruña). Amonestou a Neira, do Val do Ulla Goles: 1-0 m.15 Rivi; 2-0 m.81 Darío Capelo Estaba só para os puntos Non era O Conco o mellor escenario posible para que o líder amosase as súas credenciais. A choiva deixara o céspede prácticamente nunha invitación ao fútbol praia que ao habitualmente combinativo xogo dos brancos. O mellor que pudo pasar foi o madrugador tanto de Rivi, nunha execución de falta lateral. O de Gures, pouco habitual de cara ao gol, resolveu á perfección. Os santiagueses, que atoparon unhas circunstancias que nivelaron moito a ambos conxuntos, tiveron oportunidades de sobra para levar algo en limpo, pero sempre emerxeu colosal a figura de Iván Bouzón. O meta ceense sacouno absolutamente todo, e salvou a un equipo que estaba a sufrir. Polo menos ata que nunha contra Darío Capelo, tras pase de Adrián, facía o segundo e pechaba unha tarde máis que difícil. Puebla 1-1 FIsterra Campo: Da Alta Puebla: Juan, Jonathan (Rubén m.82), Carlos Mos, Treus, Pablo, Manuel, Rafa, Viturro, Vicente (Axel m.87), Reg (Sergio m.64) o e Mamadou Fisterra: Ángel Luis, Rubia, Yepes, Robertín, Abel (Alesander m.78), Tati, Pablo Lestón, Álex, Piti, Champi (Gabi m.52) e Adri Árbitro: Sampedro Valiño (Santiago). Expulsou a Viturro (m.90) e a Alesander (m.88). Amonestou a Rubia, Adri, Tati do Fisterra Goles: 1-0 m.35 Vicente; 1-1 m.54 Adri Ouro en forma de punto A ausencia de cinco titulares habituais e a presencia de xuvenís no once pareceron funcionar coma elemento de cohexión e motivacional para un Fisterra que loitou cos dentes ben apretados na Pobra do Caramiñal. Sen concesións a luxos ofensivos, nin tampouco sen asumir demasiados riscos, o cadro de Nacho fixo unha demostración de vontade e capacidade de loita. Nin sequera o tanto de Vicente preto do intermedio tumbouno moralmente. O futbolista local aproveitou un rexeite de balón parado para coller a contrapé á zaga e resolver ante Ángel Luis. Non variou demasiado o panorama, e de feito o tanto da igualada chegaría nun contragolpe con pase de Gabi para Adri e resolución perfecta do fisterrán. De aí ao final apretaron e moito os locais, pero a oda á resistencia foi de libro. Sporting Zas 2-2 Flavia San Andrés xa saboreaba o triunfo - Foto: Sporting Zas Campo: San Andrés Sporting Zas: Tívoli, Lagoa (Alberto m.75), Anxo, Pablo (Róber m.46), Diego, Bruno, Manu, Josito, Dani, Chapela (Fabián m.90) e Agra Flavia: Diego Perol, Chechu (Manu m.70), Roberto, Salva (Tito m.83), Triñanes, Yoel, Kevin, Anxo (Damián m.57), Rego, Andrés e Álex Árbitro: Acuña Piñeiro (A Coruña). Amonestou a Chapela do Zas; Tito do Flavia Goles: 1-0 m.6 Chapela; 1-1 m.28 Rego; 2-1 m.43 Chapela; 2-2 m.86 Álex Non bastou 'coa' Chapela para quitar o sombreiro Saboreou durante moitos minutos o triunfo un Sporting Zas que atopara o xeito de 'meterlle man' a un rival sempre incómodo como o Flavia. Contaron os costeiros coa inspiración dun Chapela case omnipresente, e que despois dunha gran parada de Diego Perol abriu moi cedo o marcador cun gol olímpico aplaudido. Era minutos de acoso e derribo por parte zascense, aínda que convertiríase nun coitus interrumptus por culpa do ex do Compostela Rego, que definiu á perfección dentro do área para igualar. Non parecía disposto Chapela a que lle arruinaran o seu día, e pouco antes do descansou penalizou con gol un gran erro defensivo dos padroneses. Convertiríase o segundo tempo nun ir e vir de opcións para os dous conxuntos, e cando parecía todo rumbo a un final feliz, Álex aproveitou un balón morto para igualar e quitarlle o sorriso da boca á familia zascense, que aínda reclamaría un penalti sobre Chapela no tempo de prolongación. Outes 3-3 Atlético Riveira Campo: O Cunchido Outes: Xandre, Cutu (Sergio n,89), Borja, Maroñas, Martín, Kim (Simón m.69), Yago Dosil, Dani Corniños, Jura, Babu (Chía m.49) e Mario Atlético Riveira: Bandín, Dani, Esteban (Manuel m.61), Cameán, Jose, Fran, Madiop, Adam (Lloyd m.51), Marcos, Dani Silva (Rubén m.63) e Javi Árbitro: Villaverde Mogo (Santiago). Amonestou a Xandre e Kim do Outes; Javi, Esteban, Madiop, Cameán, Jose e Dani do Riveira Goles: 0-1 m.23 Jose; 0-2 m.34 Madiop; 0-3 m.52 Jose; 1-3 m.71 Simón; 2-3 m.77 Simón; 3-3 m.94 Yago Dosil Nace o espírito de Alfredo Non dúas, senón tres caras presentou o Outes na estrea de Alfredo Cambeiro no banco. Unha primeira de vinte minutos na que os do Cunchido dominaron e foron mellores que os barbanzáns, con erros clamorosos de cara á meta rival. E sen embargo, a pesares dese inicio, coincidindo co golpe en forma de gol de Jose chegaría a segunda cara. O equipo desarmouse totalmente, e un derribo sobre Madiop foi convertido a gol polo propio futbolista africano. Nin o paso polo vestiario refrescoulle as ideas a un Outes que nun erro defensivo encaixaría o terceiro. Había media hora por diante na que voltaría a cara do inicio e cunha actitude que pode denominarse xa o espírito de Cambeiro, para que sirva como referente de cara a vindeiros compromisos. Seis minutos necesitou o recén incorporado Simón para asinar un dobrete e abrir as portas dun soño que certificou Yagol Dosil no tempo de prolongación.