Primeira Galega: Dalí, Valle-Inclán e os equipos da Costa

15:10 31/10/16
Surrealismo, fatalismo e fortuna xuntáronse nunha xornada na que o Fisterra suicidouse cun autogol, o Zas viu como lle anulaban un penalti en contra e o Outes foi goleado; só o Dumbría respondeu á normalidade
O Zas conquistou un feudo histórico - Foto: Sporting Zas
A tenda Máis Deporte, en Cee, patrocina as Ligas de Xuvenís. Pincha e coñécenos a través do noso Facebook
Fisterra 1-2 Piloño Campo: Ara Solis Fisterra: Norberto, Dani Rubia, Breixo, Robertín, Piti (Álex m.63), Tati (Pablo Lestón m.75), Angeliño, Jesús (Adri m.83), Roco, Cote e Bruno Piloño: Brea, Santi, Vilariño, Imanol, David (Pablo m.57), Víctor, Iván, Joan, Otero, Xairo (Alberto m.63) e Dani Soto Árbitro: Buján Vidal (A Coruña). Amonestou a Cote, Jesús, Bruno e Rubia do Fisterra; Otero do Piloño Goles: 0-1 m.13 Víctor; 1-1 m.29 Cote; 1-2 m.78 Cote, en propia meta 'Cotada' de rollo Despois do 'orgasmo' de Villestro, e ante un visitante máis ou menos propicio, o Fisterra volveu dar un paso atrás e caeu derrotado na casa ante o Piloño. Unha das explicacións pasa por un inicio espeso que está a converterse case nunha rutina neste retorno a Primeira. Un pase a Víctor por enriba dunha estática defensa significou o mazazo que tocou remontar, unha vez más. Polo menos o inicio da solución chegaría rápido, nun corner ao segundo pau con prolongación de Bruno e remate a gol de Cote. Tocaría o habitual demarraxe de reanudación dos de Nacho, cunha notable producción ofensiva e unha deficiente resolución, en contra da tónica de costume. O colmo das desgrazas chegaría preto do final, nun despexe de Roco que bateu na cabeza de Cote e convertiuse nun condeatorio segundo tanto visitante. Esclavitud 0-2 Dumbría Campo: Do Doce Esclavitud: Diego, Juanma, Borja Barros (Abel m.71), Jorge, Carlos Rey, Raúl, Iván González, Juampa, Gonzalo, Víctor (Julio m.78) e Álex (Dani Cao m.71) Dumbría: Iván Bouzón, Jose, Raúl (Fabio m.67), David Carreira, Iago, Aarón, Adrián (Charly m.81), Rivi, Rubén Márquez, Diego Cespón e Cristian Canosa (Darío m.57) Árbitro: Gil Candelas (Santiago). Expulsou a Raúl (m.73) do Dumbría. Amonestou a Borja Barros, Diego, Abel, Gonzalo do Esclavitud; Diego Cespón, Aarón e Adrián do Dumbría Goles: 0-1 m.20 Adrián; 0-2 m.88 Aarón Os Zipi e Zape fisterráns dominan a liga Dous fisterráns indisociables, Aarón e Adrián, golearon na vitoria do Dumbría en Padrón, fronte a un moi inferior Esclavitud. Na primeira oportunidade que tivo, o pichichi no decepcionou. Raúl mandou un pase ás costas dos centrais, Adrián controlou orientado e mandou de vaselina o primeiro ao fondo da rede. Sen demasiados sobresaltos foron caendo os minutos, e xa na segunda metade Rivi tivo unha moi clara para sentenciar. O único contratempo chegaría coa rigurosa expulsión de Raúl, aínda que os padroneses tampouco atoparon vías de penetración. Co tempo case cumprido, Aarón cabeceou a gol a sentencia. Lalín 1-2 Sporting Zas Campo: Manuel Anxo Cortizo Lalín: Luis (Cristian m.72), Gabriel (Manuel m.57), Jesús, Guille, Alex, Gustavo (Fernando m.46), Manu, Carlos, Andrés, Adrián (Cris m.57) e Benito (Martín m.72) Sporting Zas: Anxo Pallas, Diego, Pablo, Anxo Tarrío, Lagoa, Chapela (Alberto m.72), Agra, Manu, Dani (Brais m.78), Rubio (Fabián m.66) e Álex Flores Árbitro: Castro Liñares (Lalín). Expulsou a Jesús do Lalín (m.82) e a Brais do Sporting Zas (m.93). Amonestou a Álex, Manu, Carlos, Andrés do Lalín; Manu, Dani, Álex Flores do Sporting Zas Goles: 0-1 m.37 Chapela; 0-2 m.56 Anxo Tarrío; 1-2 m.58 Andrés Unha batalla vencida en feudo histórico Durante unha hora, a pequena vila de Zas conquistou sen miramentos ao xigante lalinés, para acabar sufrindo no fragor da batalla. O desenlace, surrealista, non empaña un triunfo meritorio e chave para os de Víctor Pazos. Nunha primeira metade moi bronca e sen demasiado fútbol, un gol olímpico de Chapela deulle unha vantaxe importante aos costeiros, que saberían darlle unha lectura nova na reanudación. De feito, foi unha contra entre Rubio e Anxo, con resolución deste, o que deu nun segundo gol que parecía decisivo, pero que sería respostado rápidamente por parte local. Iso, o carrusel de tarxetas e expulsións, e o empurre local acabarían por pechar no seu campo aos zascenses, que en certo modo tiveron sorte. Na última xogada, o colexiado sinalou un penalti a prol do Lalín, que executaría a gol, pero o trencilla invalidaría por falta en ataque (?). Cordeiro 5-0 Outes Campo: Municipal de Baño-Valga Cordeiro: Diego, Anxo, Ferreirós (Christian m.75), Del Oro (Juanjo m.62), Diego Crego, Rodrigo, Juan Luis, Jesús, Nieto, Manu (Padín m.57) e Jose Outes: Xandre, Borja (Simón m.68), Dani Corcniños, Maroñas, David, Cristian, Martín, Mario, Kim, Yago Dosil e Pose (Jura m.55) Árbitro: Alcalá Rey (Lalín). Amonestou a Rodri do Cordeiro; Maroñas, David, Mario e Yago Dosil do Outes Goles: 1-0 m.8 Juan Luis; 2-0 m.25 Nieto; 3-0 m.51 Juan Luis; 4-0 m.57 Juan Luis; 5-0 m.83 Diego Crego Unha marcha menos Pode que excesivo castigo para un Outes que competiu apenas media hora, e que ao descanso foi víctima dun castigo demasiado severo. A situación ligueira, os problemas defensivos e as baixas foron unha losa insalvable nunha reanudación na que aos de Manu de Roque si que lles pasarían por enriba. Foi escasa tamén a xeración de ocasiones perigosas na que foi unha nova e preocupante goleada en contra.