Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Primeira Galega: Dous invictos e un despistado

Primeira Galega: Dous invictos e un despistado
Dumbría e Fisterra seguen sen coñecer a derrota, mentres que ao Zas parece estarlle a custar a adaptación á nova categoría; no derbi do Conco o Outes pecou de lánguido A grada de Ara Solis mandoulle ánimo a Noé, capitán do Cerceda, mancado de gravidade a pasada fin de semana - Foto: Blog Trovador A grada de Ara Solis mandoulle ánimo a Noé, capitán do Cerceda, mancado de gravidade a pasada fin de semana - Foto: Blog Trovador Fisterra 1-1 Atlético Riveira Campo: Ara Solis Fisterra: Ángel Luis, Rubia (Caye m.85), Breixo, Robertín, Abel (Jose m.61), Tati, Adri (Isma Leis m.67), Álex (Piti m.90), Jesús, Roco e Cote Atlético Riveira: Alexandre, Raúl, Dani, Esteban, Javi, Jose ángel, Jose, Madiop, Dani Silva (Joseph m.74), Adam e Manuel Ángel (Xulio m.46) Árbitro: Botana Rey (Santiago). Expulsou a Madiop, do Riveira (m.67). Amonestou a Jose e Jesús do Fisterra; Raúl, Jose Ángel, Xulio e Rubén do Riveira Goles: 0-1 m.60 Jose; 1-1 m.85 Roco Sumatorio fisterrán No menos acertado partido do que vai de liga o Fisterra conseguiu manter a súa condición de invicto, ante un Riveira efectivo e experto. Dispuxeron de máis oportunidades os costeiros, pero faltou profundidade. Pareceu ser decisivo o tanto visitante a falta de media hora, pero un bo remate de Roco cando agonizaba o encontro selou unhas táboas que fan máis que xustiza aos méritos fisterráns. Dumbría 4-1 Outes Campo: O Conco Dumbría: Iván Bouzón, Jose, Raúl, Iago, David Carreira, Aarón, Adrián (Mauro m.82), Rivi (Fabio m.64), Adrián Nieto e Cristian (Carlos m.67) Outes: Xandre, Borja, Chúa, Pose, Chía (Simón m.75), Dani Corniños, Martín (Maroñas m.46), Mario, Kim, Yago Dosil (Sergio m.85) e David Árbitro: Acuña Piñeiro (A Coruña). Expulsou a Iago, do Dumbría (m.72). Amonestou a Darío e Aarón do Dumbría Goles: 0-1 m.14 Kim; 1-1 m.24 Rivi; 2-1 m.76 Jose; 3-1 m.81 Adrián; 4-1 m.90 Sergio, en propia meta Unha goleada atípica Foi máis axustado do que di o marcador o encontro entre Dumbría e Outes, que estivo sen vencedor virtual ata o derradeiro cuarto de hora. De feito, foron os visitantes os que se adiantaron no marcador, grazas a un remate de Kim. Pouco lle durou a ledicia a Roque e compañía, xa que Messi pareceu poseer a un Rivi que se desfacía de canto rival lle saía ao paso e igualaba o partido. Pudo mudar o panorama se a madeira non tivese repelido, xa no segundo tempo, un disparo de Chía. Pero foi o Dumbría o que atinou. Carlos facía o segundo e Adrián sentenciaba, ante un voluntarioso pero desafortunado Outes, que non pudo contra dez. Puebla 3-1 Sporting Zas Campo: Da Alta Puebla Alassane, Vaqui, Curu, Ale, Carlos Mos, Treus (Rubén m.78), Picos, Viturro (Óscar m.63), Vicente, Denis e Johny (Sergio m.58) Sporting Zas: Anxo Pallas, Diego, Josito (Anxo Tarrío m.57), Bruno (Alberto m.77), Lagoa, Rubio, Dani, Manu, David Agra, Róber (Chapela m.57) e Álex Flores Árbitro: Villaverde Mogo (Santiago). Amonestou a Treus, Viturro e Johny do Puebla; Agra, Dani, Lagoa e Anxo Tarrío do Sporting Zas Goles: 1-0 m.27 Vicente; 2-0 m.69 Ale; 2-1 m.88 Álex Flores; 3-1 m.93 Óscar Dinámica perigosa Non ten comezado ben a tempada o Sporting Zas, que onte caía no Barbanza ante un Puebla máis efectivo. Vicente, empurrando un bo centro, asinou o único tanto do primeiro acto. Xa na reanudación, Ale, de cabeza á saída dunha falta, facía o segundo. Antes, o Zas reclamara un penalti a Rubio. O intercambio final de goles non variou o panorama.

Comentarios