Primeira Galega: Pagou a pena, voltou Roa

14:18 20/02/17
Superou a súa grave lesión de xeonllo o extremo do Fisterra, que se perdera boa parte da tempada do título; os verdes igualaron co Zas, mentres que Dumbría e Outes perderon con distintas sensacións
Houbo igualdade en Ara Solis - Foto: Sporting Zas
A tenda Máis Deporte, en Cee, patrocina as Ligas de Xuvenís. Pincha e coñécenos a través do noso Facebook
Fisterra 2-2 Sporting Zas
Fisterra e Zas conviviron deportivamente - Foto: Sporting Zas
Campo: Ara Solis
Fisterra: Joselu, Robertín, Piti, Fabián (Cote m.46), Roco, Álex Trillo (Roa m.46), Jesús, Bruno, Champi (Mario m.75), Pablo Lestón (Gabri m.77), Adri (Tati m.46)
Sporting Zas: David Insua, Javi Souto (Bruno m.46), Diego (Fabián m.71), Manu Fuentes, Pablo Novo, Josito, Róber, Lagoa (Alberto m.88), Anxo, Dani Mato e Álex Flores
Árbitro: Alaoui Soulimani (Santiago). Amonestou a Jesús, Piti, Roco e Tati do Fisterra
Goles: 0-1 m.16: Javi; 0-2 m.39: Róber; 1-2 m.47: Pablo Lestón; 2-2 m.55: Bruno
… E case remontada
Fisterra e Sporting Zas deixaron en Ara Solis un derbi precioso, de alternativas e incerto, que se resolveu cunha igualada que sabe a pouco aos visitantes, quenes desperdiciaron unha vantaxe de dous goles. O que fóra gran duelo da pasada campaña na Liga da Costa non defraudou. O actual subcampión de Segunda entrou en Ara Solis moito máis enchufado, algo por outra banda bastante pouco habitual no caso cadro sureño diante dos seus. Tanto o dominio da pelota como as oportunidades e os goles eran branquicelestes. Javi Souto fixo o primeiro ao aproveitar unha segunda acción tras parada de Joselu (un home que segue a ser talismán cada vez que xoga). Nunha das últimas accións antes do intermedio, Róber aproveitou outro balón morto para facer o segundo. Unha SD que apenas se achegara á portería contraria mudou radicalmente tralo paso polos vestiarios. A milagreira charla e disposición táctica de Nacho borraron en só oito minutos todo o traballado previamente polo Zas. Unha asistencia perfecta para Pablo Lestón e outra acción persoal de Bruno levaron a contenda a unha situación de igualada e na que tamén apareceu o medo a perder. Pudo compretar o Fisterra unha remontada que tería sido histórica, pero esta vez o meta cedido polo Sofán David Insua gañoulle a partida a Bruno. A mellor nova da tarde, amén do punto común, foi o regreso de Roa aos terreos de xogo, despois de que o extremo tivese que vivir desde fóra boa parte da tempada do ascenso.
Dumbría 1-3 Sigüeiro
Campo: O Conco
Dumbría: Iván Bouzón, Jose, Josiño (Charly m.80), David Carreira (Cristian m.76), Iago, Fabio (Manu m.57), Soule, Aarón, Diego Cespón e Adrián
Sigüeiro: Dani Pérez, Óscar Rey, Isma (Borja m.33), Marcos Iglesias, Aitor, Albor (Maroño m.76), Pepe Cidranes (Manu m.60), Hugo Arnejo, David, Álex (Nando m.76) e Adrián Beiroa
Árbitro: Insua Lago (A Coruña). Expulsou a Pablo Souto e Adrián Beiroa do Sigüeiro (m.90). Amonestou a Diego Cespón do Dumbría; David, Albor, Nando e Hugo Arnejo do Sigüeiro
Goles: 0-1 m.14 Albor; 0-2 m.44 Adrián Beiroa; 1-2 m.64 Manu; 1-3 m.78 Manuel
Non te veñas abaixo!
Segunda derrota consecutiva dun Dumbría que prácticamente dilapidou todo o seu colchón de seguridade. Esta vez foi o Sigüeiro o verdugo, un conxunto cunha das mellores dianteiras da competición e que só tivo que aproveitar as facilidades defensivas que esta vez concedeu o líder. Porque o que é xogar, durante boa parte da tarde xogou mellor o equipo de Julián Ferreiro. Quixeron sorprender os santiagueses de saída e agobiaron e moito coa presión asfixiante. Atoparon o premio do gol de Albor nun balón ao segundo pau que non foi quen de sacar a defensa. Pareceu funcionar como despertador e como acicate ese contratempo, e os costeiros asumiron máis posesión e a xogar en campo contrario. Falllou sempre o último pase, nun once algo irrecoñecible e que tamén sufriu o efecto das baixas. Pode que resultase decisiva á hora de tumbar a confianza branca a última acción do primeiro acto, nun intento de cesión para Iván Bouzón no que Adrián Beiroa estivo máis intelixente e fixo o segundo. Acentuouse máis na segunda metade esa cesión de iniciativa e busca de contragolpe por parte visitante, e foi esta vez o Dumbría o que atosigou. Cando recurtou distancias o muxián Manu había case media hora aínda para que o dominador da competición fixese a machada, e polas botas de Adrián e Soule pasou a igualada. A veteranía do Sigüeiro deu nas contínuas paradas do xogo e nun aumento paulatino da tensión. Co terceiro morrería o encontro.
Agolada 1-0 Outes
Campo: Hospitalillo
Agolada: Rafa, Dani, Carballal, Castro, Peyret (Bryan m.63), Brais (David m.72), Rubén Areán, Otero, Alexandre, Aitor (Pereiro m.89) e Centeno (Tarrío m.63)
Outes: Xandre, Cutu, Chúa, Maroñas, Pose (Babu m.85), Elías (Yago Dosil m.72), Martín, Mario, Kim, Dani Corniños (Chía m.81) e Jura
Árbitro: Romar Landeira (Lalín). Amonestou a Chúa e Martín do Outes; Castro, Aitor do Agoalada
Goles: 1-0 m.81 Castro
A piques da xesta
Non pudo manter a xeira positiva o Outes na visita ao gran perseguidor do Dumbría, aínda que os de Alfredo Cambeiro deixaron unha imaxe de notable e amosaron que dos de baixo pasan por ser un dos equipos máis en forma e con dinámica máis positiva. Apenas houbo oportunidades claras de perigo, nun campo de non demasiados espazos e contra un rival que como locatario apreta do lindo. A fraxilidade defensiva que noutras ocasións mostraran os costeiros despareceu por compreto e o equipo desconectou a un dos máis difíciles rivais da táboa. De feito, a acción que castigou en exceso o gran partido dos outienses lembrou ao gol de Casemiro ante o Nápoles, deses que saen unha vez cada milenio.


Fisterra 2-2 Sporting Zas
