Primeira Galega: Puntos de sutura

15:03 03/10/16
Moi necesarias vitorias para Outes e Sporting Zas (onde viven o mes de Flores), mentres que Dumbría e Fisterra nas súas versións menos chamativas conseguiron sumar
Cote levou un bo golpe, que non lle impediu continuar defendendo a camiseta do Fisterra - Foto: facebook
Fisterra 1-1 Unión
Campo: Ara Solis
Fisterra: Ángel Luis, Rubia, Gabri (Tati m.62), Breixo (Angeliño m.46), Adri (Pablo Lestón m.52), Abel (Bruno m.47), Álex, Piti, Isma Leis, Roco e Cote
Unión: Eloy Fungueiriño, Diego Ramos, Óscar, Vítor, Pouso, Borja Garrido, Álex (Manu m.68), Álex Conde, Cristian ()Diego Rivas m.79), Rebollido e Juanma
Árbitro: Alaoui Soulimani (Santiago). Expulsou a Álex Conde (m.83) e Óscar do Unión
Goles: 0-1 m.53 Pouso; 1-1 m.66 Isma Leis, de penalti
Invictus ad hoc
O Fisterra segue sen coñecer a derrota, por máis que polo camiño atope rivais coma o Unión de Asados, candidato a todo na categoría. Os barbanzáns foron un rival moi serio e que propuxo, aínda que o balance de cara ao área rival foi moi semexante. Unha penetración a liña de fondo con pase atrás finalizou no primeiro tanto, mentres que un penalti de intelixente sobre Angeliño, minutos despois, foi aproveitado por Isma Leis para igualar. En superioridade numérica pareceu liarse un Fisterra que tivera unha boa opción en botas de Pablo Lestón.
Dumbría 1-1 Piloño
Campo: O Conco
Dumbría: Iván Bouzón, Jose, Raúl, Iago, David Carreira, Aarón, Jose (Mauro m.75), Fabio, Charly (Isma m.84), Darío Capelo e Cristian (Jacobo m.57)
Piloño: Adrián, Santi Iglesias, Dani Soto (Caramés m.63), Diego, Xairo, Joan, Iván (Ezequiel m.68), Otero (Mosquera m.63), Víctor, Imanol e Jairo
Árbitro: Gil Soriano (A Coruña).
Goles: 1-0 m.11 Darío Capelo; 1-1 m.18 Santi Iglesias, de penalti; 2-1 m.63 Aarón; 2-2 m.84 Joan, de penalti
Unha pena máxima
Dous penaltis, co equipo sempre en vantaxe, condearon ao Dumbría contra un defensivo Piloño, que rentabilizou ao máximo as súas chegadas ao área. Sen algúns dos homes habituais no once, o cadro branco mantivo a súa proposta e foi superior no cómputo xeral da cita.
Agolada 3-4 Sporting Zas
Imaxe do Zas-Esclavitud da semana pasada-Foto-Esclavitud
Campo: Hospitalillo
Agolada: Rafa, Álex, Rubén, Jacobo, Kanutas, Diego (Michi m.68), Santi, Brais, Joselu (Juanjo m.87) , Aitor e David (Pachecho m.55)
Sporting Zas: Anxo, Alberto (Chapela m.46), Anxo Tarrío, Manu, Diego, Lagoa (Fabián m.77), Josito (Bruno m.74), Dani, David Agra, Rubio e Álex Flores
Árbitro: Alcalá Rey (Lalín). Expulsou a Anxo Tarrío, do Zas (m.57). Amonestou a Kanutas, Brais, Joselu, David, Garea e Pacheco do Agolada; Alberto, Anxo Tarrío, Diego, Álex Flores e Chapela do Zas
Goles: 0-1 m.27 Álex Flores; 0-2 m.44 Álex Flores; 1-2 m.54 Aitor; 1-3 m.65 Álex Flores; 1-4 m.75 Álex Flores; 2-4 83 Álex
Domingo de Flores
Tirou de repertorio o ex do Castriz Álex Flores para meter catro goles e darlle un importantísimo triunfo ao Sporting Zas en Agolada. Os costeiros foron moi superiores durante a primeira hora de xogo, e así o corraboraron dous cabezazos do seu dianteiro. Un penalti, con expulsión posterior de Anxo Tarrío, parecía poñer as cousas máis difíciles, pero canto máis se volcaban os locais máis espazos deixaban para as diabluras dun dianteiro que onte lle deu un motivo máis para crer á familia do Sporting
Zas celebrando unha das últimas vitoriasFoto-Esclavitud
Esclavitud 0-1 Outes
Campo: Do Doce
Esclavitud: Adrián, Borja, Jorge (Carlos m.56), Raúl (Álex m.72), Iván (Bello m.61), Juan, Julio, Sergio, Abel (Daniel m.72), Guillán, Villaverde e Diego
Outes: Xandre, Borja, Chúa, Pose, Chía (Simón m.80), Dani Corniños, Martín, Mario, Kim (Sergio m.90), Yago Dosil (Santi m.70) e David
Árbitro: Ramos Pintos (Santiago). Expulsou a Sergio, do Esclavitud (m.90)
Gol: 0-1 m.40 Mario
Triunfo coa cara B
Venceu o Outes en Padrón, algo necesario na loita pola permanencia, e o fixo sen o plan habitual, pero con moita madurez. Ao fío do descanso, unha chegada desde atrás de Mario significaba o único gol e tres puntos. Apretaron os locais na reanudación, e mesmo chegaron estrelarse coa madeira.


