mércores. 30.04.2025
El tiempo

Primeira Galega: Que nunca deixen de crer

Primeira Galega: Que nunca deixen de crer
Unha vitoria chave asoma ao Outes á milagre da permanencia, algo no que o Zas está a traballar e que é case un feito para o triunfante Fisterra; o tropezo do Dumbría non ten demasiada consecuencia O Zas non pudo co segundo A tenda Máis Deporte, en Cee, patrocina as Ligas de Xuvenís. Pincha e coñécenos a través do noso Facebook A tenda Máis Deporte, en Cee, patrocina as Ligas de Xuvenís. Pincha e coñécenos a través do noso Facebook
Unión de Asados 2-4 Fisterra Campo: Municipal de Vilas Unión de Asados: Eloy Fungueiriño, Galbán, Óscar (Álex Conde m.63), Víctor, Pouso, Albino (Cris m.56), Cristian (Borja m.63), Manu, Bouzas, Adrián e Juanma Fisterra: Joselu, Fabi, Cristopher (Álex m.46), Robertín, Tati, Champi (Andrés m.82), Jesús (Pablo Lestón m.29), Piti, Adri (Gabri m.82), Roco e Bruno (Naranjo m.87) Árbitro: Castro Liñares (Santiago). Amonestou a Manu, Víctor e Borja do Unión; Adri e Tati do Fisterra Goles: 0-1 m.17 Bruno; 1-1 m.19 Pouso; 1-2 m.38 Adri; 1-3 m.52 Pablo Lestón; 1-4 m.54 Bruno; 2-4 m.90 Cristian Como lles mola o Barbanza… Tralo triunfo en Riveira, o Fisterra tardou só dúas semanas en volver 'saquear' o Barbanza e regresar con outros tres puntos. A SD levou en Asados-Rianxo un triunfo que por momentos intuíase máis que difícil, nun partido no que o marcador non se axusta de todo ao guión no xogo. Madrugou Bruno para resolver coa súa fiabilidade habitual no 0-1, ante Eloy Fungueiriño e tras unha boa combinación, pero un desaxuste aos poucos segundos devolveu a igualada ao marcador. O dominio era dun conxunto local que monopolizaba prácticamente a posesión, pero que non era capaz de sobrepasar a un rival ben prantado e cun índice de resolución altísimo. De novo unha rápida triangulación deixaba a Adri para remachar con clase no segundo, previo ao intermedio. Os case continuos tantos de Pablo Lestón e Bruno á volta dos vestiarios acabaron coa intensidade da tarde, e levaron o encontro a un plano moito máis relaxado, e no que o dominio local era xa por cadencia e sen ningunha sensación de perigo. Maquillou o resultado o postreiro segundo tanto. Piloño 2-1 Dumbría Campo: O Camballón Piloño: Javi, Santi, Vilariño, Ramón, Imanol, Víctor, Ezequiel (Álex Vázquez m.84), Joan, Jairo (Xairo m.87), Dani Soto e Pablo (Otero m.46) Dumbría: Iván Bouzón, Jose, Raúl, David Carreira (Charly m.83), Iago, Rivi (Mauro m.73), Cristian (Soule m.46), Diego Cespón (Manu m.46), Darío Capelo, Aarón e Adrián Árbitro: Pérez Mindeguia (Lalín). Amonestou a Ezequiel do Piloño; Diego Cespón, Aarón e Adrián do Dumbría Goles: 1-0 m.6 Ezequiel; 2-0 m.25 Ezequiel; 2-1 m.43 Rivi A siesta alongouse de máis Entrou algo durmido no Camballón o Dumbría e acabou por custarlle un partido no que os elementos tampouco axudaron. Un terreo de xogo encharcado en el horribles condicións acabou por ser un inimigo máis para os costeiros. En vinte minutos, o conxunto de Julián Ferreiro tiña encaixados xa dous goles de saque de curruncho, e foi a partir de aí cando reaccionou. Dominou o balón e acurtou distancias xusto antes do descanso, nun rexeite a un lanzamento de Cristian no que Rivi, que acabaría mancado, esitvo moi atento. Houbo superioridade visitante na reanudación, pero sen chegar a concretar demasiadas opcións de perigo. De feito, o líder so rozou o empate con claridade nun testarazo de Aarón que marchou fóra por pouco. Non xogou ben esta vez, e sufriu a súa segunda derrota no que vai de curso. Sporting Zas 1-2 Agolada Deu a cara o Sporting na casa Campo: San Andrés Sporting Zas: Noé (David m.75), Anxo (Fabián m.75), Manu, Nolo (Róber m.55), Diego, Pablo, Rubio, Josito, Álex Flores, Dani e Lagoa (Alberto m.71) Agolada: Rafael, Alexandre, Pablo, Diego, Jonathan (David m.71), Joselu, Rubén (Víctor m.90), Bryan, Aitor (Sergio m.86) e Brais (Juan m.76) Árbitro: Cuesta Arribas (A Coruña). Amonestou a Víctor do Agolada Goles: 0-1 m.28 Aitor; 0-2 m.44 Pablo; 1-2 m.90 Pablo Co segundo non se pode fallar Dous erros defensivo acabaron por condear ao Sporting Zas contra o maior rival do Dumbría polo título, o Agolada. Unha indecisión entre o meta Noé e Nolo deixou en bandexa o balón para que ao fío da media hora marcase Aitor, máximo realizador da categoría. Pouco antes, os costeiros reclamaran unha pena máxima sobre Álex Flores. Anxo, cando xa se cantaba o empate, lamentou como entre o porteiro e a defensa sacaban o balón. O cúmulo de circunstancias adversas foi total cando case se enfilaban os vestiarios, noutro erro atrás castigado a gol por Pablo. Tentouno todo na reanudación un Sporting Zas que, non obstante, no acabaría por converter o seu tanto ata a prolongación, sen tempo material para acadar o empate. Fixo o seu debut baixo paus o meta procedente do Sofán David Insua. Outes 1-0 Esclavitud Campo: O Cunchido Outes: Xandre, Borja, Chúa, Maroñas, Chía (Kim m.55), Dani Corniños (Pose m.90), Martín, Mario, Yago Dosil (Simón m.82), Elías (Babu m.75) e Curu Esclavitud: Adrián, Abel, Juanma, Jose Antonio, Julio, Pazos (Castromil m.46), Bustelo (Chorén m.70), Iván (Sande m.64), Mosquera, Gonzalo e Torres Árbitro: Villaverde Mogo (Santiago). Amonestou a Borja, Chúa, Martín e Elías do Outes; Jose Antonio do Esclavitud Gol: 1-0 m.57 Elías O que tiña que ser O guión da fe pedíalle ao Outes que superase polo civil ou criminal a un Esclavitud convertido en rival directísimo e que tamén chegou ao Cunchido con esa premisa. Non foi precisamente o partido máis bonito do ano, pero si unha gran loita entre dous conxuntos pola supervivencia. Houbo moito fútbol directo, pouca transición e non demasiadas oportunidades de perigo. Chegou todo na reanudación. Iván perdoara para os padroneses e Chía estivo máis listo que ninguén para enganchar unha bola no área e facer o tanto para crer, para confiar na continuidade en Primeira. Adrián, pouco despois, evitaba a sentencia para un Outes que cada vez ve máis luz ao final do túnel.

Comentarios