Sábado. 18.05.2024
El tiempo

Primeira Galega: Tres balas desde o Facho

Primeira Galega: Tres balas desde o Facho
Case a totalidade dos goles do derbi entre Dumbría e Fisterra, no que goleou o líder da categoría, levaron DNI da Vila do Cristo; é proporcional o crecemento da machada do Outes co baixón experimentado polo Sporting Zas Celebración típica do Dumbría vencedor - Foto: Iago Castro Mais Deporte, a tenda de Deportes de Cee Máis Deporte, a tenda de Deportes de Cee, patrocina as Ligas Xuvenís Dumbría 4-0 Fisterra Campo: O Conco Dumbría: Iván, Jose, Raúl, David Carreira, Iago, Rivi, Diego Cespón (Julito m.67), Darío Capelo (Manu m.71), Aarón, Rubén Márquez (Cristian m.59) e Adrián (Charly m.75) Fisterra: Joselu, Dani Rubia, Fabián (Jorge m.67), Cote, Roco, Adri (Isma Leis m.72), Jesús (Pablo Lestón m.11), Champi (Álex m.60), Piti, Roa, e Bruno Árbitro: Acuña Piñeiro (A Coruña). Amonestou a Darío Capelo, Diego Cespón, Rubén Márquez e Cristian do Dumbría; Adri, Roco, Pablo Lestón e Isma Leis do Dumbría Goles: 1-0 m.28 Aarón; 2-0 m.56 Adrián; 3-0 m.64 Adrián; 4-0 m.68 Iago Lume amigo e a discreción Con máis claridade que na primeira volta decidiuse o derbi entre Dumbría e Fisterra, no que o que venceu era o único que se xogaba algo (os da Vila do Crista necesitan un par de triunfos para asegurar matemáticamente a continuidade). A lectura para un seareiro 'hool' dos dumbrieses pode ser que o seu veciño non foi quen na súa historia de facerlle un gol, mentres que por Fisterra poden sacar peito de que cinco dos seis tantos da bagaxe para as hemerotecas teñen levado ADN fisterrán. O certo é a competitividade durou mentres lle aguantou a 'batería' ao cadro de Nacho, moi animoso, intenso e competitivo durante un primeiro acto no que desarticulou boa parte das canles de perigo dumbriesas. Só un balón longo frustrado para Adrián acendeu as luces vermellas. Adri, nun dobre remate ante Iván, tivo a mellor para facer saltar a sorpresa, aínda que o colexiado xa invalidara a acción. A Acuña Piñeiro, clásico en encontros metropolitanos ou de rivalidade costeiros, a nutrida expedición visitante pediulle o cartón vermello para Darío Capelo, cunha marcha extra na presión e saída de balón. Comezaría inclinarse a balance ao fío da media hora, nunha falta lateral ao segundo pau na que a potencia de Aarón emerxeu e superou a de calquera outro futbolista no campo. Ían tres goles nos Dumbría-Fisterra, e os tres co mesmo selo. O resultado, o paso dos minutos e o mellor tino do líder da liga fixeron da reanudación un potencial calvario para os visitantes, que en pouco máis de vinte minutos tiñan unha losa no tanteador. Un disparo seco ao primeiro pau co selo de Adrián foi o segundo, mentres que o terceiro é de gardar un videoteca e para abrir un vídeo conmemorativo do ascenso. Unha recuperación na medular sobre Álex, con pase para Adrián, abreu o tarro das esencias do killer, quen sorteou a Roco cunha bicicleta e a Joselu de vaselinal campal. En pleno momento de éxtasis, o poni de Ameixenda reivindicou a súa merecida cuota de protagonismo e, preto de chegar á cuarta década de existencia, asinou un gol olímpico deses que dan pedigrí e fan calar a calquera crítico. Sporting Zas 2-3 Atlético Riveira Campo: San Andrés Sporting Zas: David Insua, Alberto (Agra m.80), Anxo, Pablo Novo, Diego, Róber, Manu Fuentes, Bruno (Andrés m.80), Josito (Lagoa m.46), Dani Mato e Álex Flores Atlético Riveira: Alexandre (Ezequiel m.46), Manuel Ángel (Miguel m.75), Marcos (Pedro m.35), Joseíño, Javi de Vístete, Pap, Madiop, Aguado, Adam, Fran (Fran Pena m.70) e Ronaldinho Little Árbitro: Pérez Rellán (A Coruña). Amonestou a Dani Mato, Lagoa, Diego e Manu do Sporting Zas; Madidop, Aguado e Joseíño do Atlético Riveira Goles: 0-1 m.17: Javi; 0-2 m.29: Adam; 1-2 m.42: Álex Flores; 2-2 m.59: Álex Flores; 2-3 m.74: Pap Medran os problemas Non foi quen de puntuar o Sporting Zas na casa ante o Atlético Riveira, nun encontro no que as contas do leite pedían incluso a vitoria. Os de Pablo Mallón, que non están a ter demasiada sorte nos áreas, encaixaron dous tantos en media hora, no que eran as únicas chegadas ao área dos do Barbanza. Certo que ofensivamente tampouco estaba a ser a tarde para o cadro local, moi espeso e sen demasiada circulación, pero o empate tería sido máis xusto. Álex Flores atopou o camiño do gol pouco antes do intermedio, tras un gran centro de Pablo. Polas botas e o acerto do uruguaio pasan boa parte das opcións de salvación zascense. Nun saque de curruncho tralo descanso el mesmo lograba igualar, cun bo remate. Pero de novo o cúmulo de circunstancias adversas saería á palestra: en pleno guión de libro das remontadas Pap aproveitaba unha acción aislada para facer o 2-3, e coa fe todavía viva para tentalo de novo a madeira rexeitaba dúas tentativas costeiras. Outes 3-1 Tordoia Non fallou a afección do Outes no Cunchido Campo: O Cunchido Outes: Xandre, Borja, Cutu, Maroñas, Pose (Kim m.58), Chía (Yago Dosil m.50), Martín, Mario, Jura, Chúa e Elías (Simón m.86) Tordoia: Santi, Dubra, Alberto Calviño, Alemán, Liñares, Toño (Pombo m.78), Andrade, Che (Rubén m.68), Xuco (Lamas m.70), Denís e Maki Árbitro: Couñago Rincón (Santiago). Amonestou a ose, Martín, Mario e Elías do Outes; Toño, Denís, Toño do Tordoia Goles: 0-1 m.9 Xuco; 1-1 m.46 Pose; 2-1 m.57 Chúa; 3-1 m.74 Yago Dosil De remontada e corazonada Outra vez o Outes tirou de ilusión e orgullo para darlle a volta a un marcador que lle era adverso. Pasiño a pasiño os de Alfredo Cambeiro están nun lugar que en Nadal soaba prácticamente a utopía. Nin sequera un rival rocoso, duro e contundente como o Tordoia foi quen de tumbar aos costeiros, apoiados por unha afección de dez. Tampouco o mazazo en forma de gol madrugador de Xuco, tras unha fenomenal volea, pudo coa determinación dun Outes que foi ao seu, a xogar e combinar, e nunca perdeu os papeis. Chúa tivo dúas moi claras na primeira metade, pero o pau e a puntería lle negaron o premio. Variou todo tralo descanso. Nada máis comezar Pose igualaría de cabeza á saída dun córner, idéntico guión ao que seguiría Chúa só dez minutos despois. Trataron de reaccionar os visitantes, de novo cun fútbol moi directo e sen profundidade. Pero faltaba por aparecer o fillo pródigo Yago Dosil, quen co terceiro e o da tranquilidade calmaba a inquietude por ocasións erradas como a de Martín.

Comentarios