1ª Galega: Un goleador Maka...nudo

13:44 12/09/16
O dobrete de Adrián deulle o triunfo ao Dumbría no derbi fronte a un moi errático Sporting Zas; o Fisterra, pola súa banda, segue invicto e imbatido
O Dumbría suma catro de seis
Sporting Zas 0-2 Dumbría
Campo: San Andrés
Sporting Zas: Anxo Pallas, Diego (Fabi m.85), Anxo Tarrío, Bruno, Lagoa, Rubio (Róber m.69), Dani, Manu (Josito m.69), David Agra, Chapela e Álex Flores
Dumbría: Iván Bouzón, Jose, Darío, Iago, David Carreira, Aarón, Adrián, Rivi (Fabio m.74), Adrián Nieto (Jose Miguel m.46), Rubén Márquez (Martín m.80) e Cristian (Charly m.63)
Árbitro: Giráldez Teixeira (A Coruña). Amonestou a Anxo Pallas, Diego, Chapela do Sporting Zas; Darío, Adrián, Fabio do Dumbría
Goles: 0-1 m.44 Adrián; 0-2 m.88 Adrián
A diferencia ten nome
Ter ou non ter a Adrián no equipo marca o punto diferente entre a candidatura aos tres puntos coma a de onte de Zas e Dumbría. O derbi de Primeira estivo marcado polo acerto do punta fisterrán, en contraposición aos problemas de resolución dos de San Andrés. Empezaron fortes os sportinguistas, que na primeira media hora tiveron unha triple ocasión e dous tantos anulados, un a Álex Flores e outro a Chapela. Adrián tivo dúas. Nunha parou Anxo. Na segunda, xusto antes do intermedio, no perdonou. Non variou en exceso unha reanudación na que a ofensiva local atopouse con Iván Bouzón, e Adrián puxo a puntilla co tempo agonizando e o Zas volcado.
Tordoia 0-0 Fisterra
Campo: Gorgullos
Tordoia: Juanjo, Dubra, Alberto (Gonzalo m.82), Rubén Fraga, Jorge, Jose Ángel, Adrián (Sergio m.54), Liste, Rubén Veiga (Iván Noya), Óscar Andrade e Denis Pose
Fisterra: Joselu, Rubia, Robertín, Abel (Pablo Lestón m.64), Tati, Álex, Jesús, Adri (Piti m.54), Roco, Cote e Breoxo
Árbitro: Couñago Rincón (Santiago). Amonestou a Robertín, Piti, Rubia e Tati do Fisterra
Un muro chamado Fisterra
Imbatido e invicto, o Fisterra anda cada vez máis confiado pola Primeira. Lonxe das dúbidas da súa anterior estadía, o cadro verde foi a Tordoia a unha dura loita e adaptouse ao rudo fútbol local. Houbo igualdade durante unha primeira metade moi física, mentres que na reanudación os locais levaron máis perigo. O único pero para os verdes foi certa falta de profundidade de cara á meta rival.
Outes 0-4 Sigüeiro
Campo: O Cunchido
Outes: Xandre, Borja (Cutu m.46), Chúa (Babu m.74), Maroñas, Pose, Chía (Edu m.79), Dani, Martín, Mario, Kim (Simón m.46) e Yago Dosil
Sigüeiro: Pablo Souto, Óscar Rey (Jorge m.79), Fernando, Marcos Iglesias (Maroño m.65), Juanito (Sergio m.73), Pepe, Hugo, Nando, Álex Fernández (Iago m.79), Borja Sáinz e Aitor
Árbitro: Castro Liñares (Santiago). Amonestou a Pose do Outes e Maroño do Sigüeiro
Goles: 0-1 m.26 Pepe; 0-2 m.35 Nando; 0-3 m.56 Álex Fernández; 0-4 m.77 Álex Fernández
Moita diferencia
O bo facer do Sigüeiro, máis experimentado e entonado, quitoulle rápido toda a competitividade entre o Outes e os santiagueses, letales de cara a gol. Tentouno o cadro de Roque, pero rápido quedou sen opcións de puntuar.
