Primeira Galega: Uns picaron e outros non

14:32 06/02/17
A dobre confrontación costeiro-padronesa sorriulle ao Sporting Zas, que sacou un triunfo chave, mentres que o Fisterra non foi quen de puntuar na casa ante o Flavia; o Dumbría, mentres, sigue ao seu
O clásico foto-celebramos do Dumbría tras cada triunfo non faltou
A tenda Máis Deporte, en Cee, patrocina as Ligas de Xuvenís. Pincha e coñécenos a través do noso Facebook
Dumbría 2-0 Villestro Campo: O Conco Dumbría: Iván Bouzón, Jose, Raúl, David Carreira, Iago, Rivi, Cristian (Soule m.46), Diego Cespón (Charly m.78), Darío Capelo (Manu m.67), Aarón e Adrián Villestro: Nico, Brais Álvarez, Alberto, Martín, Mosquera (David m.78), Víctor (Álvaro m.62), Rama, Cabada, Dani Gesto, Neo e Diego Louzán (Gonzalo m.86) Árbitro: Fuentes Seoane (A Coruña). Goles: 1-0 m.24 Rivi; 2-0 m.62 Adrián Sen o brillo doutras faenas Era moi favorito o Dumbría ante un Villestro preocupado por non descender, e cumpriu o pronóstico, aínda que con algo máis de problemas dos agardados. Os santiagueses foron ao Conco a agardar atrás e confiar que estivera húmeda a pólvora dos cracks costeiros. E a verdade é que oportunidades de perigo clamorosas ou profundidade non tivo moita o conxunto de Julián Ferreiro, que polo menos empezaría a derribar o muro nun tempo prudencial. Mediado o primeiro acto, Rivi aproveitaba un balón morto no área para resolver. Foi un calco o guión do primeiro e o segundo tempo, xa que tamén no ecuador deste anotarían os dumbrieses. Foi esta vez Adrián o que, nunha bola parada, tirou de precisión para sentenciar un encontro que por outra parte case ninguén viu peligrar no Conco. A velocidade de cruceiro fai pensar nun Dumbría de Preferente xa a un tempo prudencial. Fisterra 1-3 Flavia Campo: Ara Solis Fisterra: Norberto, Cristopher (Abel m.76), Fabián (Jesús m.60), Robertín, Tati, Pablo Lestón, Alex, Champi, Adri e Roco Flavia: Cristian, Alcalde, Salva, David Triñanes, Roberto, Kevin (Ángel m.80), Luis Alberto, Damián (Adrián m.80), Seijas, Álex Pérez e Brais Árbitro: Calviño Pensado (A Coruña). Amonestou a Pablo Lestón e Álex do Fisterra; David Triñanes, Álex Pérez e Luis Alberto do Flavia Goles: 0-1 m.22 Álex Pérez; 1-1 m.24 Champi, de penalti; 1-2 m.71 Luis Alberto; 1-3 m.73 Roberto Hai colchón de sobra Curtouse a xeira do Fisterra, que cunha convocatoria moi pouco parecida ás máis recentes caeu na casa ante o Flavia, por outra banda un dos rivais máis incómodos e pegadizos da liga. Houbo intercambio de golpes nun primeiro tempo no que unha serie de rebotes tras un saque de banda deixaron a Álex Pérez en posición franca para resolver ante o retornado Norberto. Igualaría Champi, ao executar pouco despois un penalti claro. O canteirán leva dúas titularidades seguidas e xa asume responsabilidades. Foi apoderándose da medular un Flavia onte con máis veteranía e que cun tiro lonxano a falta de vinte minutos cobrou unha vantaxe que xa non perdería. Finiquitou a cita cun remate ao primeiro pau nun córner. Esclavitud 0-1 Sporting Zas Campo: Do Doce Esclavitud: Adrián, Iván, Borja, Jorge (Julio m.67), Abel, Yaki, Juan, Aspi (Denis m.63), Gonzalo, Carlos (Ivan m.73) e Raúl Sporting Zas: Noé, Anxo, Manu, Nolo, Javi, Lagoa (Diego m.63), Josito, Pablo, Dani (Chapela m.68), Rubio e Álex Flores Árbitro: Sampedro Valiño (Santiago). Amonestou a Jorge, Yaki do Villestro; Anxo, Dani, Rubio, Diego e Chapela do Sporting Zas Gol: 0-1 m.85 Diego Era tan necesario… Como fose e cando fose, pero o Sporting Zas tiña que vencer na Esclavitud ao equipo local, inferior e rival directo pola continuidade en Primeira. O partido tivo ese punto de tensión derivado da importancia, así como un certo feísmo acentuado nunha primeira metade sen oportunidades de perigo e con reservas nos dous casos, aínda que especialmente no dos santiagueses. Deu un paso á fronte o Zas tralo intermedio, e foi decididamente polo partido. Non era a tarde, por desgracia, dun Álex Flores que de ter pasado un día normal tería sentenciado moito antes. Ata tres oportunidades claras de gol marrou o uruguaio, que nunca deixou de tentalo. Tampouco tivo sorte Manu, que estrelou un cabezazo no gueiro da meta padronesa. A entrada de Chapela deulle outro aire aos costeiros, que acabarían por atopar o camiño nun balón precisamente dos dous incorporados no segundo acto: servizo de Chapela para DIego e remache a gol. E o máis importante, tres puntos chave na maleta.