Primeira Galega: Uns tanto e outros tan pouco...
15:09 16/01/17
Dumbría, dame un pouco da túa vitamina"; iso debe pensar o Outes cando mira a pegada e a facilidade realizadora dun Dumbría que ata solventou como se nada a baixa de Makaay; os de Cambeiro, en troques, pecaron de falta de gol
O Zas vive un momento perfecto
A tenda Máis Deporte, en Cee, patrocina as Ligas de Xuvenís. Pincha e coñécenos a través do noso Facebook
Outes 2-3 Piloño Campo: O Cunchido Outes: Xandre, Borja, Chúa, Maroñas, Dani (Chía m.54), Martín, Yago Dosil, Cutu (Babu m.77), Pose (Elías m.54), Sergio e Jura Piloño: Dumbo, Santi, Vilariño (Jairo m.79), Marc, Juan (Caramés m.81), Víctor, Romero (Xairo m.69), Imanol, Zequi, Maceiro (Terriño m.73) e Dani Árbitro: Rego Martínez (Santiago). Amonestou a Elías e Yago Dosil do Outes; Vilariño, Víctor, Imanol, Maceiro e Caramés do Piloño Goles: 0-1 m.12 Santi; 0-2 m.25 Marc; 1-2 m.82 Chía; 1-3 m.88 Víctor; 2-3 m.90 Xairo, en propia meta Como se pudo escapar… Perdeu o Outes un partido directo contra o Piloño e a opción de meterse incluso en postos de permanencia. Os costeiros mereceron moito máis ante o rival da provincia de Pontevedra, pero volveron pagar a súa falta de pegada. Iso si, foron os visitantes os que dominaron e tiveron as mellores oportunidades de saída. Dumbo sacara unha de Cutu nos primeiros minutos, e tamén outra de Yago Dosil. Pero era a antesala de dous mazazos. Santi aproveitaba por alto un erro de Xandre, mentres que un libre directo executado polo centrocampista Marc aumentaba a conta. Foi un acoso sen derribo final a reanudación por parte dos de Cambeiro, que tocaron a ofensiva total. Chía acurtaba distancias e Dumbo detía un penalti executado por Borja. Tamén Yago marraba con toda a portería para el. Sporting Zas 1-0 Sigüeiro Duro rival o Sigüeiro en San Andrés Campo: San Andrés Sporting Zas: Noé, Javi, Manu, Nolo, Lagoa (Diego m.66), Pablo, Chapela, Josito, Rubio, Róber e Álex Flores (Brais m.91) Sigüeiro: Pablo, Óscar Rey (Pablo m.68), Isma (Manu m.78), Marcos, Juanito, José Ramón, Hugo, Aitor, Jacobo (Josema m.59), Alexis (David m.67) e Borja Árbitro: Fuentes Seoane (A Coruña). Amonestou a Aitor, José Ramón do Sigüeiro Gol: 1-0 m.65 Álex Flores Instaurado na normalidade O concurso de Álex Flores tenlle dado un novo aire e unha fiabilidade a un Sporting Zas que, ademais, non coñece a derrota desde a chegada de Pablo Mallón ao banco. Os costeiros superaron con dificultades a un experimentado Sigüeiro. Unha primeira metade moi igualada, cun gol anulado a Álex Flores por fóra de xogo e cunha maior presencia ofensiva por parte dos santiagueses, deu paso a unha clara mellora local na reanudación. Os primeiros vintecinco minutos tiveron ritmo, intensidade e gol por parte do Sporting, que atopou o camiño nunha cabalgada de Rubio con centro preciso e cabezazo a gol de Álex Flores. O pau rexeitaría o segundo do uruguaio, mentres que Róber lamentaba como un defensa sacaba baixo paus un gran remate. Tocaba sufrir na recta final, e o Zas o fixo con estoicismo e oficio, sacando canto lle tiraron. Na primeira chegada do segundo acto, si acertaba o Piloño, que parecía sentenciar, pero o gol de Xaro en propia meta aínda provocaría outro arreón. Unión de Asados 0-2 Dumbría Os futbolistas lembraron ao ausenta Adrián Campo: Municipal de Vilas Unión de Asados: Iván, Diego Ramos, Óscar (Iván Cespón m.65), Víctor, Pouso (Álex Conde m.87), Borja Garrido, Álex Dieste, Cristian, Manuel, Juanma e Sergio (Rebo m.76) Dumbría: Iván Bouzón, Jose, Raúl, David Carreira, Iago, Cristian (Isma m.75), Manu (Mauro m.65), Charly (Soule m.59), Diego Cespón (Pablo Conde m.83), Darío Capelo e Aarón Árbitro: Calviño Pensado (Santiago). Amonestou a Juanma, Borja e Manuel do Unión; Charly, Darío Capelo e Pablo Conde do Dumbría Goles: 0-1 m.28 Cristian Canosa; 0-2 m.80 Darío Capelo Sen bombas de racimo, pero con moito veneno Solventou á perfección o Dumbría as ausencias de Adrián e Rivi, en teoría o somelier e o cociñeiro titulares, ao vencer en Rianxo con solvencia a un sempre peleón Unión de Asados. Os costeiros amosaron unha vez máis ser o cnxunto máis fiable da categoría. O plan A foi presionar arriba a saída de balón nun campo de dimensións extremas, aínda que pronto habería cambio de ordes e repliegue en busca de contragolpes rápidos. Nun erro na saída do balón da zaga barbanzá chegaría o primeiro, xa que converteu en asistencia a Cristian un amago de despexe. Non sufriría demasiado o líder, que agradeceu e moito a entrada do debutante Soule, ex do Camariñas, que lle daría moito aire ao equipo. Unha oportunidade marrada polo centrocampista, así como un gol anulado a Charly, evitaron o peche definitivo dun partido que si finiquitaría Darío emulando ao seu ídolo Messi: entrada desde a dereita e rosca suave, teledirixida ao fondo da rede.