Venres. 04.10.2024
El tiempo

Primeira: Pablo 'Listón'

Primeira: Pablo 'Listón'
Unha acción de pillería do mediapunta corcubionés deulle a terceira vitoria da tempada a un Fisterra que o necesitaba; chegou tamén a caída do Dumbría, mentres que Cambeiro sigue a sumar co Outes O Zas caeu en Asados O Zas caeu ante o Unión Asados A tenda Máis Deporte, en Cee, patrocina as Ligas de Xuvenís. Pincha e coñécenos a través do noso Facebook A tenda Máis Deporte, en Cee, patrocina as Ligas de Xuvenís. Pincha e coñécenos a través do noso Facebook SD Fisterra 1-0 Esclavitud
  • Campo: Ara Solis
  • Fisterra: Norberto, Rubia, Fabi (Jesús m.64), Robertín, Abel (Bruno m.55), Álex (Darío m.55), Piti, Ezequiel (Angeliño m.64), Adri (Breixo m.68), Roco e Pablo Lestón
  • Esclavitud: Diego, Juanma, Ángel, Dani Cao (Carlos Rey m.55), Raúl, Iván, Juanmpa, Gonzalo, Álex, Abel e Gallego (Jorge m.50)
  • Árbitro: Villaverde Mogo (Santiago). Amonestou a Robertín, Álex, Jesús e Pablo Lestón do Fisterra; Ángel, Juanma e Juampa do Esclavitud
  • Gol: 1-0 m.35 Pablo Lestón
Cuestión de intelixencia A veces o fútbol non é cuestión de ser mellor ou peor, senón máis listo. E Pablo Lestón, precisamente un dos mellores no aspecto cualitativo para a SD FIsterra, foi tamén o máis 'pillo', rápido ou simplemente vivo na acción que decidiu o encontro ante un pobre Esclavitud. Pasada a media hora, unha falta a prol dos locais, con amonestación para un rival, acendeu a bombilla na cabeza do corcubionés, que pediu permiso para executar e mandou o balón a gol ante a impotencia de porteiro e compañeiros padroneses. Non sería demasiado agobiante a resistencia na segunda metade, na que só Robertín tivo que acudir ao rescate, cando sacou un balón baixo paus. O plan de aguantar e matar á contra non resultou por falta de acerto. Bruno e Breixo dispuxeron das mellores opcións para non sufrir máis. De feito, a única que sufriu en toda a tarde foi unha seareira que ao poco de comezar a cita recibiu un balonazo fortuito de Robertín e caeu desplomada. Houbo sete minutos de espera e cuartenta ata a chegada da ambulancia. Os trinta e tres que van entre as dúas cousas xogouse ao fútbol, cunha persoa ferida no campo e os dous equipos protestando por elo. Fisterra e Esclavitud necesitaban vencer Fisterra e Esclavitud necesitaban vencer   Cordeiro 3-1 Dumbría
  • Campo: Municipal de Baño-Valga
  • Cordeiro: Diego, Bodaño, Gabri, Cobas, Diego Crego, David, Juan, Suso (Christian m.86), Nieto (Juanjo m.77), Jose (Padín m.80) e Manu
  • Dumbría: Iván Bouzón, Josiño, Raúl, David Carreira (Pablo Conde m.73), Iago, Aarón, Adrián, Rivi, Cristian (Adrián Nieto m.46), Diego Cespón e Darío Capelo (Charly m.80)
  • Árbitro: Vilas Lorenzo (Santiago).
  • Goles: 1-0 m.14 Nieto; 2-0 m.17 Nieto; 3-0 m.77 Jose; 3-1 m.85 Aarón
Algún día tiña que chegar Primeira derrota da tempada dun Dumbría alonxado da imaxe habitual, e que cedeu ante o que posiblemente será un rival directo polo ascenso. Foi case letal o mal inicio, con dous goles de desvantaxe antes dos vinte primeiros minutos. O certo é que o resultado, empero, resulta demasiado radical para o visto sobre o campo, pois a hora seguinte foi maiormente costeira, tanto en canto a posesión como a oportunidades de perigo. Non estaba a pólvora para machacar e acabouno por pagar o líder, que ademais aínda pasaría por outro contratempo cando Pablo resbarou e deixou a Jose en disposición de facer o terceiro e pechar a tarde. Acabaría en anécdota o tanto de Aarón.   Unión 3-0 Sporting Zas
  • Campo: Municipal de Asados
  • Unión: Iván, Óscar Galbán, Christian, Juanma (Bugallo m.83), Bouzas, Chechu, Saviola, Dieste (Eloy m.84), Ramón e Albino
  • Sporting Zas: Anxo Pallas, Fabián (Brais m.74), Pablo (Dani Suárez m.79), Anxo Tarrío, Manu, David Agra, Róber, Toño, Dani Mato (Andrés m.84), Josito e Bruno
  • Árbitro: Romar Landeira (Santiago). Amonestou a Bouzas do Unión
  • Goles: 1-0 m.58 Dieste; 2-0 m.73 Dieste; 3-0 m.88 Bugallo
Aguantou unha hora Un rival poderoso como o Unión e un campo difícil eran un exame xa de anteman difícil para un Sporting Zas con baixas. Os costeiros aguantaron perfectamente durante a primeira hora de encontro. Ata o intermedio ningún dos dous equipos dispuxo de oportunidades demasiado claras, e incluso Pablo pudo poñer por diante aos de Víctor Pazos nunha dobre oportunidades. Un cuarto de hora de despistes, xa na reanudación, abriu os espazos que levaba todo o tempo buscando o Unión, e Dieste non errou cando baixou o nivel defensivo. Foi a morte definitiva dunha cita que Bugallo matou nos compases definitivos.   Flavia 0-0 Outes
  • Campo: O Souto
  • Flavia: Diego Perol, Esparís, Arufe, Triñanes, Joel (Rocha m.73), Kevin, Fandiño (Damián m.63), Luis Rego, Seijas (Jacinto m.50) (Conde m.86), Alejandro e Alcalde
  • Outes: Xandre, Borja, Maroñas, Pose, Chía (Chúa m.70), Martín, Mario, Yago Dosil (Babu m.83), Jura, Eli (Kim m.52) e Cutu (Simón m.74)
  • Árbitro: Buján Vidal (Santiago).
E aínda pudo ser mellor Dous puntos en dous partidos para o Outes de Alfredo Cambeiro, que ten moitas cousas positivas que sacar da súa visita a Padrón, un dos feudos máis difíciles da liga. En liñas xerais a igualada fai xustiza ao que sucedeu nun rebrandecido pasto, aínda que queda para o recordo o amargo sabor deixado por un penalti marrado por Maroñas na primeira metade, no que Diego Perol lle adiviñou a intención. Habería superioridade na posesión do Flavia tralo intermedio, pero sen ningún tipo de clarividencia ofensiva. De feito, os outienses conectaron varias saídas perigosas con marchamo de gol.

Comentarios