Primeiras sancións e horarios modificados para a posta en marcha de todas as Ligas da Costa


Xa estamos de cheo na temporada. Tras un comezo por parroquias, esta fin de semana xa dan o pistoletazo de saída o groso das competicións nas que participan os nosos equipos. A 1ª Autonómica, este ano só con Cee e Ponteceso en liza, e a Liga da Costa traerannos ben atentos ao longo desta campaña 2011/2012.
Ademais, esta fin de semana xa comeza o Grupo 4 da Liga Xuvenil, o Grupo Norte. Mañá mesmo completaremos o calendario á sección Resultados e clasificación
Parte de sancións
Ademais de contar tan só cun sancionado para a segunda xornada, a única incidencia destacable do parte de sancións é que a Federación non recibiu a acta do encontro en Outes e Laxe. Veremos en que queda este asunto. Polo de pronto imos cos sancionados para esta semana:
Preferente
- JOSE ANTONIO MÍGUEZ REIMONDEZ "TONI" (SANTA COMBA).
- SERGIO PREGO CANDELA "DORO" (SANTA COMBA).
- IVÁN FORJÁN (XALLAS).
3ª Autonómica
- JOSE VARELA MALLON (CORISTANCO).
Horarios modificados para esta fin de semana
Saben que o horario habitual ao longo do mes de setembro é o dos domingos ás 17:00h, pero ademais de que houbos moitos equipos que solicitaron cambios fixos nos horarios (vémolos abaixo), hai moitos cambios para esta semana:
Preferente
- BERTAMIRANS - SANTA COMBA: domingo ás 18:00.
- XALLAS - CHANTADA: domingo ás 18:00.
1ª Autonómica
- PONTECESO - CARIÑO: sábado 3 ás 18.15h no PINGUEL.
- VILLESTRO - CEE domingo 4 ás 16:00h.
2ª Autonómica
- O PINDO - SOFÁN: domingo 4/9 ás 15.45h en Carnota.
- NANTÓN - MALPICA: domingo 4/9 ás 18.30 AS FONTIñAS.
- CASTRIZ - CLUB DO MAR: domingo 4/9 ás 19:00h no MUN. SAN PEDRO.
- BAIO - CAMARIÑAS: domingo 4/9 ás 19:00h no PLATAS REINOSO.
- CAMARIñAS - BUÑO (xornada 2): sábado 10 ás 18:00h no HERMANAS PATIÑO.
3ª Autonómica
- SONEIRA “B”- INDEP.CARBALLO: sábado 3/9 ás 18:00h no Mun. Vimianzo.
- LIRA - OUTES: sábado 3/9 ás 16:00h en Lombáns.
- XAVIÑA - MONTELOURO: sábado 3/9 ás 16:00h no Hermanas Patiño.
- CAMELLE - ALCAIÁN: sábado 3/9 ás 19:00h no Hermanas Patiño.
- LAXE - CORCOESTO: domingo 4/9 ás 17:00h no CABO D´AREA.
- CARNOTA - PORTEñO: domingo 4/9 ás 18.45h MUN. LOMBANS.
- CABANA S.D.-VOLANTES BAÑO: domingo 4/9 ás 19:00h AS REDONDAS.
- VOLANTES DE BAñO - XAVIÑA (xornada 2): sábado 10/9 as 16.30h.
Modificacións de horarios para toda a tempada
- O PONTECESO S.D. xogará os seus encontros coma locatario, os SÁBADOS as 19:00h (AGÁS os partidos contra os Clubes: AGRUPACIÓN ESTUDIANTIL e S.D.VILLESTRO que serán na xornada dominical), no campo do Pinguel.
- O CLUB DEL MAR DE CAIÓN xogará os seus encontros coma locatario, os SÁBADOS en horario oficial (agás o partido a disputar fronte o CORME C.F. que se fará na xornada dominical) no Campo “A Porta Santa” de Coristanco.
- O U.D. CORCUBIÓN xogará os seus encontros coma locatario os SÁBADOS en horario oficial (agás o partido a disputar fronte o CORME C.F. que se fará na xornada dominical) no Campo Municipal “NOVO CUBALEIRO”.
- O FISTERRA S.D. xogará os seus encontros coma locatario, os SÁBADOS en horario oficial (agás o partido a disputar fronte o CORME C.F. que se fará na xornada dominical) no Campo Municipal “ARASOLIS”.
- O LIRA C.F. xogará os seus encontros coma locatario, os SÁBADOS ás 16:00h (agás fronte ao Clube VOLANTES DE BAÑO que disputárase na xornada dominical) e no Campo Municipal de “LOMBÁNS".
- O INDEPENDIENTE DE CARBALLO C.F. xogará os seus encontros coma locatario, os SÁBADOS ás 18:00h. (agás fronte ao Clube VOLANTES DE BAÑO que disputárase na xornada dominical), no Campo Anexo “AS EIROAS”.
- O CABANA S.D. xogará os seus encontros coma locatario, os SÁBADOS ás 18:00h. (agás fronte ao Clube VOLANTES DE BAÑO que disputárase na xornada dominical), no Campo “AS REDONDAS” sito en CABANA DE BERGANTIÑOS. (NO CALENDARIO POR ERRO FIGURABA AS 16:00h.)
- O OUTES C.F., xogará os seus encontros coma locatario, os DOMINGOS ás 17:00h, no Campo Municipal “DO CONCHIDO” sito en SERRA DE OUTES.
- O ATLÉTICO PEREIRIÑA xogará os seus encontros coma locatario, os SÁBADOS ás 16:00h. (agás fronte ao Clube VOLANTES DE BAÑO que disputárase na xornada dominical), no Campo “NOVO RAICES” sito en CEE.
- O XAVIÑA C.F. xogará os seus encontros coma locatario, os SÁBADOS ás 16:00h (agás fronte ao Clube VOLANTES DE BAÑO que disputárase na xornada dominical), no Campo “HERMANAS PATIÑO” sito en CAMARIÑAS.
- O S.D. LAXE xogará os seus encontros coma locatario, os SÁBADOS ás 16:00h, (agás fronte ao Clube VOLANTES DE BAÑO que se disputará na xornada dominical), no Campo Municipal de LAXE.
- O U.D. CERQUEDA xogará os seus encontros coma locatario, no Campo Municipal de “XAVIÑA” sito en BUÑO.
Máis información
Novas relacionadas
- 3ª Autonómica: A loita en marcha.
- Preferente: Comeza a liga da igualdade.
- Resultados da volta do fútbol da Costa.
Máis novas
- Vídeo entrevista a Manolo Varela por Angel Garrido.
- Vimianzo lembrou a Martín Pena.
- O Plan Competicional e a Liga á carta.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).