Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Recta final do mítico Torneo de Barrios de Esteiro

Recta final do mítico Torneo de Barrios de Esteiro
Os finalistas do Torneo de Barrios de Esteiro 2018: De azul o Ciclóns do Maio, de vermello o Independiente de Uhia; de amarelo o Cánchester de Creo e de branco o Carallo Santo de Solleiros Os finalistas do Torneo de Barrios de Esteiro 2018: De azul o Ciclóns do Maio, de vermello o Independiente de Uhia; de amarelo o Cánchester de Creo e de branco o Carallo Santo de Solleiros Recta final para o XLI Campionato de Barrios de Esteiro. Sen dúbida, o torneo máis singular do verán costeiro, que enche a tope o Xosé Luís Vara. Despois dunha axitada liga que comezaba o pasado 1 de xuño, os 4 mellores metéronse nas semifinais, que se disputarán esta fin de semana de 11 e 12 de agosto, previa á gran final do mércores 15 de agosto. Unhas semifinais nas que non fallaron os grandes favoritos, Ciclóns do Maio e Independiente de Uhia, que rematan a liga regular en 1ª e 2ª posición. O sábado os Ciclóns enfrontaranse ao Cánchester de Creo, que quedou 4º, mentres que o domingo o Independiente buscará unha nova final ante o Carallo Santo de Solleiros. Un Carallo Santo que conseguía o pase á semis no derradeiro encontro da liguilla no que se medía ó Tal. Un resultado de 6-3 valeulles ós de Solleiros para pelexar pola final. Un Carallo Santo que acostuma non faltar ás semis e que conta xogadores destacados como Caju, Eloi Serrano, Cannobio, Teijo, Rober Pladur... En fronte terán a un dos grandes favoritos, o Inde, que acusou moito a ausencia de homes coma Alex Rama, Damián Sui, Rubén do Xirelo etc.. durante gran parte do campionato pero que solventan os encontros con xogadores de nivel coma Pablo Rama, Dani Rama, Raúl Mitri ou o porteiro Manuel MJ e sempre conseguen meterse na final. Polo outro lado, o actual campión, o Ciclóns, é un dos equipos ca plantilla máis ampla de todas. Teñen o pichichi José Barreiro Palifrova, con 15 goles a falta de 2 encontros para o remate, e contan ademais coa calidade de Jaime, Kike Paluca, Manu de Yi, Tuno… Buscará colarse na final unha das revelacións do curso, o Cánchester, que viña avisando do seu bo papel dende comezo do campionato. É un equipo moi novo que estes anos atrás acusaba a súa inexperiencia, pero que cada ano vai crecendo e mellorando. Un cadro no que se pode destacar a xogadores máis veteranos como Dani Uru ou Andel, e outros que veñen con moita forza coma Íker, David ou o cadete Priegue. Pola zona baixa, a “culler de pau”, ese “honroso” trofeo ao último clasificado, facendo un guiño ao mundo do rugbi, foi, outra vez, o Praias de Raimundes da Pendente. Por diante deles, pero sen chegar ás semis quedou o Abelleira (5º) e o Tal (6º).

Semifinais

  • Sábado 11 ás 19:00h: Ciclóns vs Cánchester.
  • Domingo 12 ás 19:00h: Independiente vs Carallo Santo.
 

Novas relacionadas

Comentarios