Reto Agaela: 24 horas en bici para concienciar sobre a ELA
A pasada semana falábamos co loureán Roberto García Lamela sobre o Reto Agaela; un desafío deportivo solidario protagonizado polo grupo ciclista de Bermeo - Bermeoko Ziklistek -, do que forma parte Roberto, e que os levou a percorrer sen descanso e sen descanso unha ruta que uniu as localidades de Noia, Muros, Carnota e o Ézaro. Durante 24 horas pedalearon algo máis de 600 kilómetros.
Esta foi unha inciativa que se levou a cabo o pasado sábado e que estivo promovida pola asociación vasca DalecandELA co obxectivo de concienciar e aportar fondos en favor da loita contra a Esclerose Lateral Amitrófica (ELA) e, neste caso o recadado destinase de forma íntegra á Asociación Galega de Esclerose Lateral Amitrófica (AGAELA).
Os corredores cruzaron a liña de meta en muros a iso das 11 da mañá de onte domingo, onde os recibiron representantes das entidades impulsoras desta iniciativa, DalecandELA e AGAELA; xunto coa deputada de Política Social, Educación e Mocidade da Deputación da Coruña, María del Mar García Vidal; a alcaldesa de Muros, María Lago; e o concelleiro de deportes muradán, Damián Torea.
En total recadáronse 5.000€.
Novas relacionadas