Reto Agaela: "Dame moita forza ver aos familiares apoiándonos,
Roberto leva 36 anos vivindo no País Vasco, onde o amor ás dúas rodas vén de lonxe. “Alí anda moita moita xente. Hai moita cultura, lévanos moitos anos de vantaxe. Agora estamos empezando aquí na comarca e cada vez vexo máis xente, pero cando eu empezaba só estaba Pepe do Cuco, que agora ten 70epico de anos, e que tamén vai vir ao reto”.
Roberto, como membro do grupo ciclista de Bermeo (Bermeoko Ziklistek), quixo unir a súa paixón coa solidariedade. Teno feito en varias ocasións. Por exemplo, cada fin de semana, cando sae polos compañeiros polos montes vascos, “botamos 2 euros e algo para un café, e o que sobra vai para un bote que acabamos doámonos ao cancro, e dan uns 1.000€ ao ano”.
Ten realizado tamén un reto de “quilómetros por quilo de bonito”. Conseguíu facer 600km e acabou conseguindo máis de 1.000kg de bonito para o Banco de Alimentos de Bermeo.
Ata que coñeceu a Jaime Lafita, membro da entidade vasca DalecandELA, que mesmo ten ido ata Bruxelas cun tándem a pedir no Parlamento Europeo atención para o ELA. “Así nos propuxemos o reto de facer as capitais do país vasco do tirón, e fixemos Bermeo-Donosti-Vitoria-Bilbao-Bermeo… a 40º… pero fixémolo e foi moi gratificante”, explica.
”Agora queríamos facer algo na miña terra, e nos puxemos en contacto con Asociación Galega de Esclerose Lateral Amitrófica (AGAELA) e o Concello de Muros, que se puxeron a colaborar dende o primeiro momento”.
E este sábado 2 de setembro, arrincarán, entre as gaitas de Ximiela, o reto de facer unha ruta entre Noia, Muros, Carnota e o Ézaro, en traxectos de ida e volta, sumando máis de 600 quilómetros en 24 horas. Roberto vai estar as 24 horas sobre o sillín, pero vai estar acompañado en todo momento de amigos como o propio Jaime e outros vascos ((Roberto, Axpe, Ibon, Aron, Borja, Unai, Txutxin, Igor Lobato, Amparan… ), pero tamén ciclistas de Cee como Rafa Antonio, Luís, Diego… de Dumbría como José Vicente, Iván, José, Faustino; ou de Muros como José Romero, Luís Romero, Triñanes, César Vara, Santi Caaamaño, Alberto Balayo, Xose País, Chema, David Vázquez, Felipe Oural ou o propio Pepe do Cuco.
”O reto máis grande é xuntar cartos, e que se poida axudar ás familias con esta enfermidade, porque ademais ninguén estamos libres. De feito, esa idea é o que máis me motiva, dame moita forza ver aos familiares apoiándonos, é o que o subidón para acabar as 24 horas”, sinala Roberto.
Recaudando
Mentres continúan recadando aportacións a través desta web:
Igualmente, en Muros instalarán merchandising da AGAELA.