Despois de facer un reaso á xornada do xoves, analizamos a xornada do #futboldacosta deste 8 e 9 de decembro de 2012.
E comezamos por unha mala xornada para os nosos na Preferente. O Xallas de Santa Comba deixábase sorprender en Fontela ante o Sada e deixa pasar ao Laracha á 3ª praza así como deixa escapar aos de arriba. Agora os xalleiros empatan co Dumbría a 25 puntos tralo traballadisimo empate dos de Canosa en Viveiro, cunha arbitraxe que remataba coa histórica expulsión do delegado Manolo. O Soneira volvía de baleiro de O Páramo.
En 1ª, a xornada foi dispar. Onte abría a xornada o Fisterra con goleada que o ascende á 10ª praza. Pola contra, o Ponteceso caía na casa ante o potente Arzúa e queda ao fío do descenso. O Camariñas sumaba un puntiño moi valioso ante un Estudiantil que chegaba líder ao Hermanas Patiño pero a forza camariñá conseguiu sacar un bo empate. E o Malpica volvía sen premio de Lamela e deixa escapar aos de arriba.
A xornada na Liga da Costa deixa a parte alta apretada. Se ben a Esteirana, trala apretada vitoria de onte ao Outes, saca 6 puntos de vantaxe, o grupo perseguidor está apretado. 3 equipos con 32 puntos: o Cee, que por fin atopada o bo xogo; o Baio, que non pasaba do empate ante un Carnota que segue a tiro; e o Sofán, que non se despega de loita e volvía de Muros con 3 puntos e 3 goles. Por detrás, xa a 5 deste grupo, outro grupo de equipos, co Corme que non pasaba do empate en Mazaricos; o Zas, que sacaba 3 puntos de Agra da Filgueira acentuado a crise do Montelouro; e o propio Carnota. Por abaixo, o Dumbría B non levanta cabeza e caía ante un Castriz que saca 3 puntos vitais. O Cabana e o Outes seguen con 11 puntos, e o con 15 están o Montelouro e o Mazaricos. O Buño galoulle a partida ao Corcubión e o adianta, formando un grupo de equipos, co propio San Lorenzo que vencía ao Volantes, que non se poden despistar.
A xornada da 3ª Autonómica fixo sufrir ao líder, o Porteño que tras coñecer que suma os 3 puntos do partido suspendido co Lira da semana pasada, non pasaba do empate en Camelle. I é que o derbi camariñán chegaba cos dous en todo o alto, e foi un partido intenso, pero sen demasiado fútbol, xa que o Rodeiro en pleno inverno non permite florituras. Ademais, o Independiente tamén sufría para vencer, con 10 e pola mínima, a un Coristanco en plena marexada. Descansaba o Cerqueda e os que veñen por detrás, Soneira B e Lira (hai que restarlle 2 puntos pola sanción nas nosas táboas) empataban a 2.
En Xuvenís, polo norte o Dumbría ponse de líder tras vencer en Cee, e deixa aos de José Carlos tocados, a 4 puntos do Xallas de Santa Comba. Un XSC que completaba a mala fin de semana derrotado con claridade en Mazaricos. Outro que completa o trío de arriba, o Fisterra, volveu pecar de relaxación e sufríu para vencer ao Outes. Polo Norte o Ponteceso segue intratable e marcou 8 goles ao Laxe. O Malpica non perdoaba en Coristanco, pero o partido da xornada xogábase o xoves e o Cabana alonxou ao Baio dos 3 postos de acceso á Liguiña Previa.
Preferente, xornada 16
O Paramo
2-0
Soneira
Xallas StComba
0-1
Sada
Viveiro
1-1
Dumbría
1ª Autonómica, xornada 15
Fisterra
2-0
Cacheiras
Lamela
2-1
Malpica
Camariñas
1-1
Ag. Estudiantil
Ponteceso
1-3
Arzúa
2ª Autonómica, xornada 15
Montelouro
1-3
Zas
Esteirana
2-1
Outes
Corcubión
2-4
Buño
Cee
5-0
Cabana
San Lorenzo
4-1
Volantes
Dumbría B
1-4
Castriz
Muros
0-3
Sofán
Mazaricos
3-3
Corme
Baio
1-1
Carnota
3ª Autonómica, xornada 15
Camelle
0-0
Porteño
Castrelo
0-1
Nantón
Baíñas
1-0
Ameixenda
Lira
2-2
Soneira B
Fisterra B
2-6
Laxe
Muxía
1-1
Alcaián
Corcoesto
2-3
Xaviña
Indep. Carballo
3-2
Coristanco
Descansa Cerqueda.
Ligas Xuvenís, Gr.4, xornada 15
Fisterra
2-1
Outes
Esteirana
2-3
Soneira
Corcubión
3-1
Muros
Mazaricos
4-1
Xallas StComba
Cee
0-2
Dumbría
Ligas Xuvenís, Gr.4, xornada 15
Baio
1-4
Cabana
Zas
2-3
Camariñas
Muxía
2-1
Corme
Laxe
3-8
Ponteceso
Coristanco
0-2
Malpica
Liga Galega Cadete, xornada 13
Sp. Coruñés
1-4
Bergantiños
Dumbría
4-0
Calasanz
Liga Galega Cadete, xornada 14
Bergantiños
2-1
S.de Compostela
Lugo B
1-1
Dumbría
Liga Galega Infantil, xornada 14
Ural
1-3
Dumbría
Bergantiños
1-0
S.de Compostela
Liga Galega Infantil, xornada 15
Negreira
1-4
Bergantiños
Dumbría
0-3
Calasanz
1ª Cadete, xornada 7
Coristanco
4-2
Muxía
Muros
2-2
Xallas Sta Comba
Cee
4-2
Cabana
Zas
3-0
Ponteceso
Esteirana
7-2
Baio
Porteño
2-3
Fisterra
Outes
2-4
Carnota
1ª Infantil, xornada 12
Muxía
1-7
Cee
Coristanco
1-2
E.M.F. Vimianzo
Fisterra
6-1
Outes
As Baleas
6-2
Sofán
Corme
1-8
Xallas StComba
Os Miudos
2-3
Baio
Ponteceso
0-7
Esteirana
Descansa Cabana.
Ligas de Veteranos, xornada 13 (horarios sen confirmar)