Despois de facer un reaso á xornada do xoves, analizamos a xornada do #futboldacosta deste 8 e 9 de decembro de 2012.
E comezamos por unha mala xornada para os nosos na Preferente. O Xallas de Santa Comba deixábase sorprender en Fontela ante o Sada e deixa pasar ao Laracha á 3ª praza así como deixa escapar aos de arriba. Agora os xalleiros empatan co Dumbría a 25 puntos tralo traballadisimo empate dos de Canosa en Viveiro, cunha arbitraxe que remataba coa histórica expulsión do delegado Manolo. O Soneira volvía de baleiro de O Páramo.
En 1ª, a xornada foi dispar. Onte abría a xornada o Fisterra con goleada que o ascende á 10ª praza. Pola contra, o Ponteceso caía na casa ante o potente Arzúa e queda ao fío do descenso. O Camariñas sumaba un puntiño moi valioso ante un Estudiantil que chegaba líder ao Hermanas Patiño pero a forza camariñá conseguiu sacar un bo empate. E o Malpica volvía sen premio de Lamela e deixa escapar aos de arriba.
A xornada na Liga da Costa deixa a parte alta apretada. Se ben a Esteirana, trala apretada vitoria de onte ao Outes, saca 6 puntos de vantaxe, o grupo perseguidor está apretado. 3 equipos con 32 puntos: o Cee, que por fin atopada o bo xogo; o Baio, que non pasaba do empate ante un Carnota que segue a tiro; e o Sofán, que non se despega de loita e volvía de Muros con 3 puntos e 3 goles.
Por detrás, xa a 5 deste grupo, outro grupo de equipos, co Corme que non pasaba do empate en Mazaricos; o Zas, que sacaba 3 puntos de Agra da Filgueira acentuado a crise do Montelouro; e o propio Carnota.
Por abaixo, o Dumbría B non levanta cabeza e caía ante un Castriz que saca 3 puntos vitais. O Cabana e o Outes seguen con 11 puntos, e o con 15 están o Montelouro e o Mazaricos. O Buño galoulle a partida ao Corcubión e o adianta, formando un grupo de equipos, co propio San Lorenzo que vencía ao Volantes, que non se poden despistar.
A xornada da 3ª Autonómica fixo sufrir ao líder, o Porteño que tras coñecer que suma os 3 puntos do partido suspendido co Lira da semana pasada, non pasaba do empate en Camelle. I é que o derbi camariñán chegaba cos dous en todo o alto, e foi un partido intenso, pero sen demasiado fútbol, xa que o Rodeiro en pleno inverno non permite florituras. Ademais, o Independiente tamén sufría para vencer, con 10 e pola mínima, a un Coristanco en plena marexada. Descansaba o Cerqueda e os que veñen por detrás, Soneira B e Lira (hai que restarlle 2 puntos pola sanción nas nosas táboas) empataban a 2.
En Xuvenís, polo norte o Dumbría ponse de líder tras vencer en Cee, e deixa aos de José Carlos tocados, a 4 puntos do Xallas de Santa Comba. Un XSC que completaba a mala fin de semana derrotado con claridade en Mazaricos. Outro que completa o trío de arriba, o Fisterra, volveu pecar de relaxación e sufríu para vencer ao Outes.
Polo Norte o Ponteceso segue intratable e marcou 8 goles ao Laxe. O Malpica non perdoaba en Coristanco, pero o partido da xornada xogábase o xoves e o Cabana alonxou ao Baio dos 3 postos de acceso á Liguiña Previa.
Preferente, xornada 16
O Paramo | 2-0 | Soneira |
Xallas StComba | 0-1 | Sada |
Viveiro | 1-1 | Dumbría |
1ª Autonómica, xornada 15
Fisterra | 2-0 | Cacheiras |
Lamela | 2-1 | Malpica |
Camariñas | 1-1 | Ag. Estudiantil |
Ponteceso | 1-3 | Arzúa |
2ª Autonómica, xornada 15
Montelouro | 1-3 | Zas |
Esteirana | 2-1 | Outes |
Corcubión | 2-4 | Buño |
Cee | 5-0 | Cabana |
San Lorenzo | 4-1 | Volantes |
Dumbría B | 1-4 | Castriz |
Muros | 0-3 | Sofán |
Mazaricos | 3-3 | Corme |
Baio | 1-1 | Carnota |
3ª Autonómica, xornada 15
Camelle | 0-0 | Porteño |
Castrelo | 0-1 | Nantón |
Baíñas | 1-0 | Ameixenda |
Lira | 2-2 | Soneira B |
Fisterra B | 2-6 | Laxe |
Muxía | 1-1 | Alcaián |
Corcoesto | 2-3 | Xaviña |
Indep. Carballo | 3-2 | Coristanco |
Ligas Xuvenís, Gr.4, xornada 15
Fisterra | 2-1 | Outes |
Esteirana | 2-3 | Soneira |
Corcubión | 3-1 | Muros |
Mazaricos | 4-1 | Xallas StComba |
Cee | 0-2 | Dumbría |
Ligas Xuvenís, Gr.4, xornada 15
Baio | 1-4 | Cabana |
Zas | 2-3 | Camariñas |
Muxía | 2-1 | Corme |
Laxe | 3-8 | Ponteceso |
Coristanco | 0-2 | Malpica |
Liga Galega Cadete, xornada 13
Sp. Coruñés | 1-4 | Bergantiños |
Dumbría | 4-0 | Calasanz |
Liga Galega Cadete, xornada 14
Bergantiños | 2-1 | S.de Compostela |
Lugo B | 1-1 | Dumbría |
Liga Galega Infantil, xornada 14
Ural | 1-3 | Dumbría |
Bergantiños | 1-0 | S.de Compostela |
Liga Galega Infantil, xornada 15
Negreira | 1-4 | Bergantiños |
Dumbría | 0-3 | Calasanz |
1ª Cadete, xornada 7
Coristanco | 4-2 | Muxía |
Muros | 2-2 | Xallas Sta Comba |
Cee | 4-2 | Cabana |
Zas | 3-0 | Ponteceso |
Esteirana | 7-2 | Baio |
Porteño | 2-3 | Fisterra |
Outes | 2-4 | Carnota |
1ª Infantil, xornada 12
Muxía | 1-7 | Cee |
Coristanco | 1-2 | E.M.F. Vimianzo |
Fisterra | 6-1 | Outes |
As Baleas | 6-2 | Sofán |
Corme | 1-8 | Xallas StComba |
Os Miudos | 2-3 | Baio |
Ponteceso | 0-7 | Esteirana |
Ligas de Veteranos, xornada 13 (horarios sen confirmar)
1ª División
Baio | 3-1 (x.8) | Camariñas |
Castriz | 1-1 | Soneira |
Coristanco | 4-0 | Bergantiños |
Baio | 3-1 | Nantón |
Zas | 4-0 | Ponteceso |
Bértoa | 1-4 | San Román |
San Lorenzo | 4-2 | Xv. Bergantiños |
Vimianzo | 1-7 | Corcubión Vet. |
Cabana | 6-0 | Camariñas |
2ª División
Sofán | 1-2 | Malpica |
Cerqueda | 1-1 | Poniente |
Corcoesto | 2-2 | Laxe |
Porteño | 0-1 | Muros |
Camelle | 0-0 | Corme |
Dep. Carballo | 1-2 | At. Milagrosa |
Leiloio | 2-1 | Buño |
Máis información
Artigos deportivos
Máis novas
Crónicas da semana
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).