Venres. 10.05.2024
El tiempo

Xuvenís: Xornada incompleta

Xuvenís: Xornada incompleta

Só faltan 4 xornadas para o remate da liga e segue perfilándose a loita entre 4 equipos de cada Liga.

E a xornada non rematou, pois este xoves dispútase o Dumbría-Esteirana ás 11:30h no Conco.

Ademais, para este xoves hai 3 partidos máis adiantados da xornada 15: Fisterra-Outes, Zas-Camariñas e un gran Baio-Cabana.

Ligas Xuvenís, Gr.3, xornada 14

Xornada incompleta na Liga Xuvenil Sur, pois ademais dese partido para o xoves, o Soneira-Corcubión foi suspendido. E veremos que decide a Federación, unha vez que o Corcubión non se presentou o sábado pola mañá alegando que non o avisou nin Soneira nin Federación do cambio de horario.

A clasificación queda comandada polo XSC que sacaba un válido empate de Cee, que queda 4º, a 1 do Dumbría (este cun partido menos) e a só 4 dos xalleiros. O que sorprendía era o Fisterra que perdeu a posibilidade de volver ser líder trala súa derrota en Muros.

No outro partido da xornada o Mazaricos sacaba os 3 puntos do Conchido cun solitario gol de Carreira. Os amarelos son o 5º equipo do grupo.

Xallas Sta Comba - Cee (1-1)

Cee-XSC-Foto- Jose Cambeiro
  • XSC: Juan, Caamaño, José (Pazos, min.31), Fabián, Roberto, Dani, Marcos, Diego, Steven, Iván (Romar, min.80), Pablo (Jordi, min.68).
  • CEE: Paulo, Jesús (Carlos Leis, min.68), Martín, Aitor, Tonecho (Mario, min.90), Esteban, Benlloch, Tebo, Uri (Pablo, min.72), Nanon, Andrés (Lamela, min.77).
  • Goles: 0-1, min.20: Aitor; 1-1, min.45: Marcos.

Partido moi igualado entre dous dos candidatos ao ascenso, cunha parte para cada un. O XSC, o líder, amosou a súa fortaleza e entereza en Fontenla, pero en fronte, o Cee demostrou que non vai vender barata a clasificación entre os 3 primeiros.

O primeiro tempo foi de dominio local, que materializaba a súa superioridade co tanto de Aitor, na que o cadro de José Carlos fixo unha das mellores parte de toda a Liga, pero ao fío do descanso, xa no tempo de desconto, Marcos igualaba o marcador tras un córner. Un resultado que non facía xustiza.

Pouco a pouco o cadro de Rafa foi tomando o mando do balón, e a segunda metade o balón foi bicolor. Ademais, tiveron grandes ocasións, como unha de Marcos mandou ao pao nun man a man con Paulo, ou un tiro de Styven que tamén petou na madeira. Paulo foi un dos mellores na segunda dos ceenses con boas intervencións pero puido ser expulsado por un balón que foi despexar e o balón lle rebotou na man de forma involuntaria.

Cee-XSC-Foto- Jose Cambeiro

Muros - Fisterra (4-2)

  • MUROS: Matías, Mancebo, Diego, Eloy, Samuel, Javi Pacola, Alberto (Macheda, min.55), Piki, Juan, Abadín, Ramón de Lira.
  • FISTERRA: Angel, Suarez, Ruben, Noe, Angel,Josema, Hidalgo, Manute, Josiño, Javi, Manuel. Tamén xogaron: Crivillé e Adrián.
  • Goles: 0-1, min.30: Josiño; 1-1, min.50: Diego tras un córner; 2-1, min.55: Piki; 3-1, min.65: Piki; 4-1, min.80: Javi Pacola; 4-2, min.92: Crivillé.

Sorpresa a que deu o Muros ante un Fisterra que chegaba algo sobrado a Miraflores. Así e todo, a primeira metade foi un vendabal verde, e os muradáns apenas saían do seu campo. A primeira xogada de perigo era, sen embargo, para os celestes, pero Juan, dende os 11 metros, fallaba unha pena máxima. Quedaba a mercé o Muros, completamente desorientado, do Fisterra, que marcaba un gol pero puideron ser máis antes de ir aos vestiarios.

Unha boa charla de Manolo Camello nos vestiarios fixo efecto nos muradáns que aos 10 minutos xa se meteron 2-1 cos tantos de Diego e Piki. Completaron unha gran segunda metade os locais, ante uns xogadores do Fisterra que mantiñan unha actitude algo pasota confiando na remontada.

Pero Piki volveu aproveitar o desdén dos fisterráns, e metía un 3-1 que ampliaba a renda, e Javi Pacola certificaba a vitoria a 10 do final. Tirou un pouco de orgullo o Fisterra pero xa era demasiado tarde.

Terá que esforzarse máis o fisterra nas vindeiras semanas pois xoga ante XSC e Dumbría. Equipo ten de sobra o cadro de Nando, pero a actitude é fundamental.

Ligas Xuvenís, Gr.4, xornada 14

Encarámase o Ponteceso no alto da táboa tras vencer con 20 minutos espectaculares ao Baio. Queda agora o cadro baiés algo descolgado, pero só o separan 2 puntos do Malpica, que non fallaba ante o Muxía con goles de Pitís (2), M. Maradona e David. Samuel facía o tanto da honra para os muxiáns.

2º mantense o Cabana, a 4 do líder e con 2 puntos sobre Malpica e 4 sobre Baio. Os de Carracedo endosaban un claro 7-0 ao Zas, con tantos de Aless (2), Duda, Iván, Cristian Fuentes, Martinciño e Alez.

E partido igualado o que se viviu no Cairo entre os veciños de ría Corme e Laxe. A expulsión de Manuel foi clave deixando ao Laxe en inferioridade e o Corme aproveitou para desenvolver un bo fútbol pero non sentenciou ata o final.

Ademais, o Camariñas-Coristanco rematou con vitoria dos coristanqueses cos goles de Suárez e Alexis, que deixan aos de Rochi destacados na 5ª praza, lonxe, iso si, do grupo de arriba. Uns coristanqueses ademais que están mantendo a flote o equipo da 3ª.

Muxía xuvenil en Pedra Queimada-Foto- Luis E Porto

Ponteceso - Baio (4-1)

  • PONTECESO: Xurxo, Lorenzo, Fabián, Eliseo, Dani Cotelo, Joseph, Alberto Recarey, Bieito, Iago, Borja, Brais. Tamén xogaron: Diego Collazo, Cristian, Eloy, Iago Brantuas, Dani Valle.
  • BAIO: Guille (Álvaro, min.80), David (Carlos, min.55), Kevin, Pablo, Xoel, Fachal, Anxo, José Manuel (Ío, min.60), Lucas, Cristian, Santi Díaz.
  • Goles: 0-1, min.15: Cristian tras varios rebotes a un tiro de Santi Díaz; 1-0, min.35: Brais; 2-0, min.40: Brais; 3-0, min.42: Brais en boa xogada; 4-1, min.85: Iago Brantuas.
  • Expulsión: o baiés Fachal no min.55.

Comezaba o partido cun Baio presionando arriba, e mesmo facendo botar pelotazos ao Ponteceso. Así, durante os primeiros 25 minutos os de Mato non saían con claridade e os xogadores de Emilio se adiantaban cun gol, con algo de fortuna, de Cristian. Puideron ter ampliado a vantaxe pero as ocasións de Santi Díaz e de Lucas non acabaron en gol.

Reaccionou o Ponteceso, e de que xeito, dacendo uns últimos 20 minutos antes do descanso espectaculares. Grandes combinacións con verticalidade permitían claras chegadas de gol para os locais, que daban a volta ao marcador con xustiza. Brais asinaba tres tantos aos do descanso e deixaba o partido encarrilado cun Borja, que foi un pesadelo na banda dereita.

Á volta dos vestiarios, a expulsión de Fachal, foi clave, para o partido se mantivese como lle gusta ao Ponteceso. Os locais durmiron o partido, combinando con tranquilidade e solvencia na zona de trás, sen permitir saídas á contra dos baieses. Ao final, Iago Brantuas certificou a goleada, que deixa ao Ponteceso máis líder.

Baio-Ponteceso-Foto- Ivan Vilas Lopez

Máis información

Máis información

Crónicas de Xuvenís

Artigos deportivos

Máis novas

Crónicas da semana

Fonte

Comentarios