Unha xornada menos nas ligas da Costa e salvo na Primeria Autonómica, no resto de categorías practicamente esta todo feito.
Na Preferente o Soneira colleitou un empate sen goles en terras noiesas que os mantén na oitava posición da táboa e esperando a que acabe esta longa tempada en terra de ninguén e coa salvación asegurada.
En Primiera, por primiera vez na tempada se estivo moi preto de conseguir pleno, e aínda que sorprenda non foi culpa do Zas que non se conseguira, pois deu toda a sorpresa gañandolle ao Victoria pola mínima cun gol de Adrián a pase de Javi Suárez. Dumbría e Xallas gañaban a domicilio e agora lideran a clasificación empatados a puntos. O Cee segue con problemas cando xoga contra os da parte baixa e non puido pasar do empate na casa fronte ao San Tirso.
Na liga da Costa gañaron os catro primieros e todo segue igual e cunha xornada menos. O camariñas gañou en Vimianzo, pero con máis apuros do que indica o marcador. O Sofán gañáballe aos veciños e o Muros vencia en Corme, polo que os muradáns seguen a un punto dos carballeses na loita polo terceiro posto. Pola parte baixa, o Porteño perdía co líder o sábado, mentres que o Carnota gañáballe ao Dumbría B e recurta a dous puntos a distanzas cos da Ponte do Porto para evitar o penúltimo posto que leva a Terceira da Costa directamente.
Na Terceira, a expectativa esta toda posta no enfrontamento entre Nantón e Corcubión que podía deixar a loita polo ascenso aínda aberta, ao final un empate moi polémico e con moitas queixas arbitrais por Nantón. O Coristanco gañou con moitos apuros ao Corcoesto, pero ve como a distanza co Corcubión se queda en catro puntos polo que misión case imposible de poder asaltarlle a terceira posición ao equipo de Manín a falta de dúas xornadas para o remate.
Preferente, xornada 32