![O Mazaricos celebra o ascenso 2]()
Nova xornada completa de fútbol costeiro. Pero antes de ir co repaso apuntamos unha cita importante:
Reunión en Baio
O fútbol costeiro que ten este
luns 14 de marzo unha cita importante no ás 20:30h no Pavillón de Baio. Os clubes serán informados polos membros da Asociación de Clubes da Costa sobre a
elección dun representate do noso fútbol por parte da nova Federación Galega para a directiva comandada por García Liñares.
Como xa vimos avisando, trátase dun
momento crucial para o fútbol costeiro xa que por primeira vez parece que pintamos algo na federación. Agora é o noso turno de que as nosas diferencias sexan limadas e que deamos unha visión de unidade para que nos teñan en conta, como parece que van facer.
A crónica da semana
O Soneira gañaba con contundencia a todo un Campus Stelae e puido celebrar a
homenaxe que o Concello vimiancés rendiulle onte a Miguel.
A xornada na
1ª deixou ao Cee sen o liderato trala derrota en Lamela. Agora, os de Pato comparten o 3º posto de ascenso con Xallas e Dumbría,
os 3 empatados a 50 puntos. Por diante, un só punto arriba, están Sada e Unión, polo que os 3 equipos seguen dándonos razóns para soñar cun triple ascenso.
O Ponteceso acariña o título
A xornada da Liga da Costa chegou chea de empates. O
Ponteceso segue sumando con comodidade e alonxa a un
Camariñas que non pasou do empate ante o Dumbría B. Por detrás o Sofán tampouco pasaba do empate en Carnota, e o mesmo lle ocorreu ao Muros en Baio.
A tensión mantense por abaixo. O
Porteño deu sinais de vida, gañou en Verdillo e a un tempo, alonxa ao
Carnota e mantén a 6 puntos a
Corme e Baio, e a 7 a Buño e O Pindo, que aínda non se poden despistar. A
Esteirana si parece que se pode relaxar tras vencer a un Fisterra que xa se deixa levar.
O ascenso á Liga da Costa na man
Falta 3 xornada da 3ª da Costa e
Mazaricos e Nantón xa puideron celebrar matematicamente o ascenso. E o
Corcubión está a piques de facelo, pois trala derrota do
Coristanco en Mazaricos, quedan a 6 puntos dos corcubioneses que ademais xa teñen o golaveraga xeral a favor trala gorda goleada ao Xaviña.
Copa Xuvenil tensa
![Soneira - Muros da Copa Xuvenil]()
E continúa a
Copa da Costa Xuvenil cuns Oitavos moi igualados. E con tensión, xa que houbo moitos expulsados. Xa poden ollar as
crónicas da interesante rolda.
Preferente, xornada 31
| Soneira |
3-0 |
Campus Stelae |
1ª Autonómica, xornada 27
| Dumbría |
4-1 |
Víctoria |
| Lamela |
3-2 |
Cee |
| Xallas |
1-0 |
Vizoño |
| Unión |
7-0 |
Zas |
2ª Autonómica, xornada 27
| Club do Mar |
0-0 |
Corme |
| Baio |
1-1 |
Muros |
| Carnota |
1-1 |
Sofán |
| Camariñas |
1-1 |
Dumbría B |
| Ponteceso |
2-0 |
Buño |
| San Lorenzo |
1-2 |
Porteño |
| Malpica |
3-1 |
O Pindo |
| Esteirana |
3-1 |
Fisterra |
| Castriz |
2-1 |
Vimianzo |
3ª Autonómica, xornada 27
| Corcubión |
11-1 |
Xaviña |
| Laxe |
3-2 |
Muxía |
| Lira |
5-1 |
Corcoesto |
| Alcaián |
0-1 |
Nantón |
| Atl. Pereiriña |
1-1 |
Indep. Carballo |
| Mazaricos |
2-0 |
Coristanco |
| Cerqueda |
3-1 |
Cabana |
| Outes |
4-0 |
Muros B |
Liga Nacional Xuvenil, xornada 25
Copa da Costa Xuvenil, Ida dos Oitavos
Liga Galega Cadete, xornada 24
| Bergantiños |
- |
Estrada |
| Residencia |
2-0 |
Santa Comba |
Segunda Cadete
| Muros |
0-5 |
Cabana |
| Soneira |
8-3 |
Coristanco |
| Ponteceso |
3-1 |
Baio |
| Fisterra |
4-2 |
Cee |
| Con. de Carnota |
0-7 |
Dumbría |
| Malpica |
1-0 |
Corme |
| Bergantiños B |
0-2 |
Outes |
Segunda Infantil, xoranda 19
| Muxía |
4-8 |
Cabana |
| Outes |
2-4 |
Bergantiños B |
| E.D. Os Miudos |
2-5 |
Zas |
| Cee |
6-0 |
Con. de Carnota |
| E.M.F. Vimianzo |
0-7 |
Dumbría |
| Coristanco |
0-6 |
Esteirana |
| Santa Comba |
12-1 |
Baio |
Ligas de Veteranos, xornadas 24
1ª División
| Corcubión Vet. |
5-5 |
Bértoa |
| Ponteceso |
3-0 |
Nantón |
| Cabana |
-- |
Vimianzo |
| Xv. Bergantiños |
2-7 |
San Román |
| Baio |
0-0 |
At. Milagrosa |
| Bergantiños |
2-0 |
Camariñas |
| Sp. Zas |
0-0 |
Castriz |
2ª División
| San Lorenzo |
4-1 |
Cerqueda |
| Malpica |
2-0 |
Porteño |
| Corme |
2-1 |
Club do Mar |
| Corcoesto |
6-0 |
Agualada |
| Buño |
2-4 |
Coristanco |
| Leiloio |
0-2 |
Sofán |
| Muros |
3-1 |
Dep. Carballo |
Máis información
Artigos relacionados
Novas relacionadas
Máis novas
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).